Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Mércores, 31 de decembro de 2003 Páx. 16.407

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de decembro de 2003 pola que se convocan as axudas correspondentes ás accións descentralizadas da segunda fase do Programa Sócrates da Unión Europea: Comenius 1: Asociacións escolares transnacionais: 1.1. Proxectos escolares, 1.2. Proxectos lingüísticos, 1.3. Proxectos de desenvolvemento escolar. Acollida de axudantes lingüísticos. Visitas preparatorias. Comenius 2.2.: Bolsas individuais de formación: 2.2.A. Futuros profesores, 2.2.B. Axudantes lingüísticos, 2.2.C. Cursos de prácticas (formación continua do profesorado). Grundtvig: Grundtvig: 2. Asociacións de aprendizaxe, Grundtvig 3. Mobilidade para a formación do persoal docente e visitas preparatorias. Observación e innovación: visitas de estudio Arión para responsables na toma de decisións en materia de educación.

O Programa Sócrates é o programa de acción comunitario en materia de educación da Unión Europea para a cooperación transnacional no ámbito da educación, e encontra o seu fundamento xurídico nos artigos 149 e 150 do Tratado de Amsterdam, segundo os cales a Comunidade Europea «contribuirá ó desenvolvemento da calidade da educación por medio da cooperación entre os estados membros e, se fose necesario, apoiando e completando a súa acción».

A segunda fase do Programa Sócrates foi aprobada por Decisión 253/2000/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de xaneiro de 2000 (Diario Oficial das Comunidades Europeas nº L28, do 3 de febreiro de 2000), para o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2000 e o 31 de decembro de 2006.

A Comisión Europea efectúa anualmente, no DOCE, o anuncio público das axudas concedidas no marco do Programa Sócrates. A Guía do candidato, publicada así mesmo pola Comisión Europea, contén a información sobre os procedementos de solicitude, data límite de presentación de solicitudes e os criterios que deberán ser considerados durante o proceso de selección, distinguindo a propia comisión entre criterios de elixibilidade e criterios de prioridades de selección para percibi-la axuda.

Nas accións descentralizadas, os estados membros poderán aplica-los criterios adicionais que se adapten ás necesidades do seu país.

Para garanti-la coordinación, a organización e a xestión financeira do programa, créase dentro do ámbito estatal español a Axencia Nacional Sócrates, á que lle corresponde, en nome da Comisión Europea, conceder apoios financeiros mediante axudas ó profesorado e ós centros que foran seleccionados polas diferentes comunidades autónomas. Igualmente, a Orde ministerial do 27 de novembro de 2000 (BOE do 19 de decembro) modificada pola Orde do 6 de maio ECD 1141/2002 (BOE do 23 de maio)

establece as normas xerais a que deben aterse as convocatorias específicas de axudas das accións descentralizadas do Programa Sócrates da Unión Europea.

Por todo iso, por proposta da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e de conformidade coa Orde ministerial do 27 de novembro de 2000 (BOE do 19 de decembro) modificada pola Orde ECD 1141/2002 (BOE do 23 de maio),

DISPOÑO:

Capítulo I

Modalidades de axudas obxecto da convocatoria

Artigo 1º.-Modalidades.

Convócanse axudas para a participación nas accións descentralizadas do Programa Sócrates da Unión Europea na Comunidade Autónoma de Galicia: Comenius 1.: Asociacións escolares transnacionais: 1.1. Proxectos escolares, 1.2. Proxectos lingüísticos, 1.3. Proxectos de desenvolvemento escolar. Acollida de axudantes lingüísticos. Visitas preparatorias. Comenius 2.2.: Bolsas individuais de formación: 2.2.A. Futuros profesores, 2.2.B. Axudantes lingüísticos, 2.2.C. Cursos de prácticas (formación continua do profesorado). Grundtvig: Grundtvig 2. Asociacións de aprendizaxe, Grundtvig 3. Mobilidade para a formación de persoal docente e visitas preparatorias. Observación e innovación: visitas de estudio Arión para responsables na toma de decisións en materia de educación. Visitas preparatorias de accións centralizadas. As actividades realizaranse durante o período concreto de cada acción especificado no anexo I do capítulo II desta orde.

O número de axudas dependerá da cantidade asinada á Comunidade Autónoma de Galicia para cada unha das accións, de acordo coa fórmula de distribución territorial prevista na Orde ministerial do 27 de novembro de 2000 (BOE do 19 de decembro), modificada pola orde ECD 1141/2002 (BOE do 23 de maio).

Capítulo II

Criterios xerais de presentación, selección

e resolución da convocatoria

e percepción da axuda

Artigo 2º.-Documentación e presentación de solicitudes.

1. Os formularios de solicitude, a Guía do candidato do Programa Sócrates, a convocatoria xeral de propostas para 2004 e o catálogo de cursos estarán á disposición das persoas interesadas nos servicios provinciais de inspección das delegacións provinciais, os centros de formación e recursos e a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Tamén se poden encontrar nos seguintes enderezos da Internet:

http://europa.eu.int/comm/education/socrates.html

http://europa.eu.int/comm/education/socrates/comenius/projects.htm#catalogues

http://europa.eu.int/comm/education/socrates/arion

http://www.mec.es/sgpe/socrates

http://www.edu.xunta.es

Os centros deberán encher e remitir vía Internet (on-line) o formulario electrónico de candidatura que atoparán na páxina web www.edu.xunta.es. Os centros deberán presentar por duplicado o formulario xerado por aplicación informática, xunto co anexo II ou III e a documentación correspondente.

Os formularios deberanse presentar escritos nunha das linguas oficiais da Unión Europea.

As solicitudes remitiranse directamente á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (San Caetano, s/n. 15771 Santiago de Compostela) e presentaranse a través do rexistro xeral. Tamén se poderán utilizar para a presentación de solicitudes calquera das dependencias previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que optasen por presenta-la súa solicitude nunha oficina de correos, farano en sobre aberto para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

2. As bases específicas para cada acción figuran no anexo I. Os candidatos, antes de presentaren as solicitudes, deben consulta-la Guía do candidato, que se pode encontrar nos lugares mencionados anteriormente, para coñece-las características da cada acción.

Os prazos de presentación de solicitudes serán:

Ata o 1 de febreiro de 2004 para as accións de Comenius 1 (Comenius 1.1, 1.2, 1.3 e institucións de acollida de axudantes lingüísticos, Comenius 2.2.B (axudantes lingüísticos).

Ata 1 de marzo de 2004: Comenius 2.2.C, Grundtvig 3 (cursos de catálogo) e Grundtvig 2 (asociacións de aprendizaxe).

Ata o 1 de abril de 2004: visitas de estudio Arión.

Ata o 1 de maio de 2004: Comenius 2.2.C (cursos fóra de catálogo).

Aberto todo o ano: Grundtvig 3 (actividades ou cursos fóra de catálogo). As solicitudes deberanse presentar dous meses antes da súa realización.

Artigo 3º.-Recomendacións.

En previsión de posibles incidentes que puidesen sobrevir durante a estadía no país onde se van realiza-las actividades de formación, recoméndase que os candidatos vaian provistos do correspondente seguro de viaxe; o seu importe pode ser xustificado como gasto para efectos de liquidación final.

Artigo 4º.-Selección de candidatos.

1. O estudio e a valoración das solicitudes e a proposta de resolución correspóndelle a unha comisión técnica de selección formada polos seguintes membros:

Presidente: a subdirectora xeral de Formación Profesional e Educación de Adultos, ou persoa na que delegue.

Vocais: o xefe do Servicio de Formación de Adultos e Xestión Económica, o xefe do Servicio de Formación do Profesorado e un inspector educativo, ou persoas nas que deleguen.

Secretario/a: un/unha funcionario/a destinado na subdirección xeral.

2. A comisión técnica de selección poderá dispoñe-la constitución dunha subcomisión técnica especializada só para os efectos de colaborar na valoración de colaborar na valoración dos méritos previstos no artigo 7º.

Os membros da comisión poderán percibir axudas de custo por asistencias e axudas para gastos de locomoción por concorrer ás sesións conforme o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

En igualdade de condicións de calidade, daráselles prioridade ás persoas candidatas que non teñan desfrutado anteriormente dunha axuda da Unión Europea ou da Administración educativa para o mesmo tipo de proxecto.

3. Nas actividades de mobilidade individual poderá participa-lo persoal docente destinado en centros españois no exterior con último destino na Comunidade Autónoma de Galicia. Nestas accións non poderán participar aqueles candidatos que recibisen axudas do Programa Sócrates para o mesmo tipo de actividade durante os tres últimos anos.

4. A selección das visitas preparatorias das accións centralizadas e descentralizadas será realizada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, de acordo coa Axencia Nacional Sócrates e en función da dotación económica.

5. Daráselles preferencia a aqueles proxectos nos que o tema de traballo coincida coas prioridades sinaladas pola Comisión Europea na convocatoria xeral de propostas 2004.

Artigo 5º.-Resolución da convocatoria.

1. As listas provisionais da concesión das axudas faranse públicas no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, centros de formación e recursos e delegacións provinciais de Educación. As listas definitivas serán publicadas nos mesmos lugares no prazo máximo dun mes, unha vez recibida a confirmación por parte da Axencia Nacional Sócrates.

2. As persoas interesadas poderán presenta-las reclamacións contra esta lista provisional ante a comisión de selección, no prazo de dez días naturais

a partir do día seguinte ó da súa publicación no taboleiro de anuncios do lugar mencionado.

3. As reclamacións presentadas serán estimadas ou desestimadas e, unha vez rematados os procesos selectivos, a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinazas Especiais comunicará á Axencia Nacional Sócrates as candidaturas preseleccionadas. Nas accións que así o requiran, tralas pertinentes consultas ás axencias nacionais dos países implicados na actividade, a Axencia Nacional Española confirmará as candidaturas aprobadas e as rexeitadas, con especificación da causa.

4. A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais publicará a lista definitiva de seleccionados, suplentes e excluídos, que se fará pública no Diario Oficial de Galicia. Contra a dita resolución definitiva poderán os interesados interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. En ningún caso a concesión de axudas á mobilidade do profesorado significará a concesión automática de permiso de ausencia das actividades lectivas, cando a actividade se realizase dentro do período lectivo.

Artigo 6º.-Xustificación e percepción da axuda.

1. A proposta definitiva de seleccionados notificarase á Axencia Nacional Sócrates, que subscribirá un convenio financeiro directamente cos beneficiarios co fin de realiza-lo pagamento da axuda, de acordo coa Orde ministerial do 27 de novembro de 2000 (BOE do 19 de decembro), modificada pola orde ECD 1141/2002 (BOE do 23 de maio).

2. Os beneficiarios da axuda estarán obrigados a:

a) Notificarlle as datas de desprazamento á inspección educativa correspondente para efectos da concesión do correspondente permiso.

b) Comunicar, se é o caso, a obtención de axudas para a mesma finalidade doutras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

c) Someterse ás actuacións de control financeiro que correspondan e ás de comprobación que poidan efectua-la Administración da Comunidade Autónoma, a Axencia Nacional Sócrates e a Comisión Europea.

d) Xustifica-lo correcto investimento da axuda recibida, enviando a memoria económica (xunto cos xustificantes orixinais correspondentes) á Axencia Nacional Sócrates, Ministerio de Educación, Cultura e Deportes; Paseo del Prado, 28, 28014 Madrid, de acordo cos termos e prazos fixados no convenio correspondente, así como unha copia da memoria pedagóxica da actividade realizada.

tes ó da finalización das actividades, unha memoria pedagóxica segundo os criterios que figuran nos epígrafes específicos de cada acción nesta orde, así como copia da memoria económica. No caso das accións 2.2.C.a., 2.2.C.b., Grundtvig 3 e Arión, deberán entregar tamén nos 20 días seguintes ó da finalización das actividades, copia do certificado de asistencia ó curso no que se especifiquen as datas de realización e o número de horas duración.

3. A falta de xustificación da axuda percibida comportará o reintegro á Axencia Nacional Sócrates da cantidade non xustificada, así como os xuros de demora, sen prexuízo das responsabilidades administrativas en que puidese incorre-la persoa beneficiaria, de acordo cos artigos 81 e 82 da vixente Lei xeral orzamentaria e maila normativa comunitaria.

4. Calquera alteración das condicións valoradas para a adxudicación das axudas (variación do número de participantes, datas de realización do proxecto, cambio do centro asociado e outras similares), así como a renuncia á axuda, debe comunicarse á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e suporá a correspondente modificación da resolución da concesión, sempre que non implique un aumento da contía da axuda.

Artigo 7º.-Retirada da documentación.

Unha vez publicadas as resolucións definitivas e alcanzada a firmeza dela, a documentación poderá ser retirada da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais ata transcorridos tres meses desde a data de publicación, polos interesados ou a persoa autorizada. Tamén se poderá solicita-la súa devolución por correo. Transcorridos estes prazos procederase á destrucción da documentación.

Artigo 8º.-Certificación.

A participación nas diversas accións do Programa Sócrates será certificada para efectos de formación pola Administración educativa correspondente, tal e como se especifica en cada unha das accións desta convocatoria. No caso dos proxectos educativos, será preciso presentar unha certificación expedida polo director do centro escolar, especificando o nome do proxecto, tipo de acción, a listaxe de nomes completos dos participantes, así como os seus DNI e o papel que cada profesor/a realizou nel.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Formación Profesional Ensinanzas Especiais para dictar cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento correcto desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Bases específicas para cada acción

Comenius 1: Asociacións de centros escolares. Proxectos: 1.1. Proxectos escolares Comenius, 1.2. Proxectos lingüísticos Comenius, 1.3. Proxectos Comenius para o desenvolvemento escolar. Visitas preparatorias.

Artigo 1º.-Obxecto.

O Programa Sócrates, dedicado ó ensino escolar, inclúe a acción Comenius 1, na que os obxectivos xerais son mellora-la calidade da educación escolar e reforza-la súa dimensión europea, favorece-la aprendizaxe de idiomas e promove-la conciencia da diversidade cultural. No marco de Comenius 1, os centros escolares poden solicitar axudas financeiras para tres tipos diferentes de proxectos: 1.1. Proxectos escolares Comenius, 1.2. Proxectos lingüísticos Comenius, 1.3. Proxectos Comenius para o desenvolvemento escolar. Así mesmo, poderán solicitar que se lles asigne un axudante lingüístico Comenius, tal e como se especifica na base específica de acollida de axudantes lingüísticos. As renovacións de proxectos estarán sometidas ás mesmas condicións que as solicitudes de novos proxectos.

Artigo 2º.-Visitas preparatorias.

Os centros escolares que desexen iniciar un proxecto calquera das diferentes modalidades, poden solicitar unha axuda para unha visita preparatoria, que se realizará antes da presentación do proxecto e terá por obxecto o deseño e a concepción del. Deberase presentar tres meses antes do inicio da actividade.

Artigo 3º.-Centros candidatos.

Poderán solicitar estas axudas os centros que impartan as seguintes ensinanzas:

Ensinanzas establecidas pola Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación, excepto os centros de educación de persoas adultas.

De réxime xeral: educación infantil, educación primaria, educación secundaria, bacharelato e formación profesional.

De réxime especial: ensinanzas artísticas e escolas oficiais de idiomas.

Artigo 4º.-Características das axudas: 1.1. Proxectos escolares e 1.3. Proxectos de desenvolvemento escolar. Renovación de proxectos.

As asociacións de centros escolares que desenvolvan un proxecto escolar e proxectos de desenvolvemento escolar serán de alomenos tres países, dos cales un terá a responsabilidade de coordina-lo proxecto e o resto serán asociados. A súa duración máxima será de tres anos, despois dunha revisión e avaliación anuais.

O proxecto deberá estar integrado na programación anual do centro, e deberá te-lo apoio dos seus órganos de goberno: equipo directivo, claustro e consello escolar.

Polo seu carácter multidisciplinario, o proxecto deberá levarse a cabo en equipo e deberá contribuír a desenvolve-la igualdade de oportunidades entre os alumnos por razóns de sexo, necesidades e/ou capacidades educativas especiais.

No desenvolvemento do proxecto, prevense encontros do profesorado. Así mesmo, e sempre que se encontren incluídas no plan de traballo, pódense solicitar axudas para a realización de visitas de estudio destinadas ó equipo directivo do centro e intercambios de profesores.

Para a mobilidade do profesorado dentro dos proxectos educativos, é necesario que o director do centro solicite os permisos pertinentes ante a inspección educativa.

O período de desenvolvemento dos proxectos será desde o 1 de agosto de 2004 ó 31 de xullo de 2005.

Artigo 5º.-Contía das axudas.

A axuda que concede a Comisión Europea, a través da Axencia Nacional Sócrates, para a realización dun proxecto escolar e un proxecto de desenvolvemento escolar consta de dúas partes:

a) Unha cantidade fixa de ata 2.000 euros para os centros coordinadores e de 1.500 euros para os centros asociados, para contribuír ó pagamento dos gastos relacionados coas actividades do proxecto excepto as viaxes internacionais.

b) Unha cantidade variable que axude a sufraga-los gastos das viaxes internacionais do acordo coa Guía do candidato e as normas de concesión do formulario de candidatura Sócrates/Comenius 1 Proxectos escolares Comenius e proxectos Comenius para o desenvolvemento escolar.

Artigo 6º.-Participantes e requisitos.

Os centros que desexen solicitar un proxecto escolar Comenius ou un proxecto Comenius para o desenvolvemento escolar, tanto por primeira vez como para a renovación do proxecto, deberán presenta-la seguinte documentación:

1. Os centros coordinadores deberán cubrir e enviar vía Internet o formulario electrónico de candidatura Sócrates/Comenius 1. Asociaciones escolares, que estará dispoñible no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es. O formulario poderá ser modificado tódalas sesións que sexa necesario durante o período da convocatoria. Unha vez rematado, marcarase como finalizado e imprimirase o formulario definitivo.

A documentación que se debe presentar por correo no prazo establecido é a seguinte:

a) Anexo II que figura nesta orde.

b) Formulario de candidatura Sócrates/Comenius 1 xerado pola aplicación informática, debidamente asinado e selado, por duplicado.

c) Aprobación do proxecto polo consello escolar ou organismo colexiado que o substitúa.

d) Carta de compromiso dos demais membros da asociación.

e) Certificado do director do centro onde se indique o profesorado implicado no proxecto, así como as materias ou áreas que imparten.

f) Breve resumo do proxecto no que se especificarán as actividades que se van desenvolver así como as actividades desenvolvidas desde o inicio do curso, se é o caso.

2. Os centros asociados deberán cubrir e enviar vía Internet o formulario electrónico de candidatura Sócrates/Comenius 1. Asociacións escolares, que estará dispoñible no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es. O formulario poderá ser modificado tódalas sesións que sexa necesario durante o período da convocatoria. Unha vez rematado, marcarase como finalizado e imprimirase o formulario definitivo.

A documentación que se debe presentar por correo no prazo establecido é a seguinte:

a) Anexo II que figura nesta orde.

b) Formularios de candidatura Sócrates/Comenius 1 xerado pola aplicación informática, debidamente asinado e selado, por duplicado.

c) Copia do formulario do proxecto presentado polo centro coordinador.

d) Breve resumo en castelán do proxecto presentado polo centro coordinador.

e) Documentos c), e) e f) da alínea anterior.

3. Visitas preparatorias.

Os centros que desexen solicitar unha visita preparatoria deberán cubrir e enviar vía Internet o formulario electrónico de candidatura Sócrates/Comenius 1/Visitas preparatorias, que estará dispoñible no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es. O formulario poderá ser modificado tódalas sesións que sexa necesario durante o período da convocatoria. Unha vez rematado, marcarase como finalizado e imprimirase o formulario definitivo.

A documentación que se debe presentar por correo no prazo establecido é a seguinte:

a) Anexo II que figura nesta orde.

b) Formularios de candidatura Sócrates/Visitas Preparatorias, xerado pola aplicación informática, debidamente asinado e selado, por duplicado.

c) Aprobación do proxecto polo consello escolar ou organismo colexiado que o substitúa.

d) Aprobación da visita por parte do centro receptor.

Para as visitas preparatorias será necesario presentar un informe da actividade realizada, que non dará lugar á expedición de certificado.

Artigo 7º.-Prazo de presentación da documentación.

O prazo de entrega das solicitudes para a presentación de proxectos iníciase o día seguinte ó da publicación desta orde e remata o 1 de febreiro de 2004. As visitas preparatorias deberanse presentar tres meses antes do inicio da actividade.

Artigo 8º.-Criterios de selección.

Valoraranse en función dos seguintes criterios:

Claridade nos obxectivos e nos resultados esperados: ata 2 puntos.

Carácter innovador: ata 1 punto.

Plan de traballo: ata 2 puntos.

Instrumentos de avaliación: ata 1 punto.

Estratexias para a difusión: ata 1 punto.

Incidencia do proxecto na atención á mellora do éxito escolar do alumnado con necesidades educativas e sociais: ata 1 punto.

Profesorado, áreas implicadas e interdisciplinariedade: ata 2 puntos.

Traballo previo: ata 1 punto.

Artigo 9º.-Resolución da convocatoria.

A proposta dos proxectos seleccionados pola comisión establecida para o efecto notificaráselle á Axencia Nacional Sócrates, a cal procederá á consulta coas axencias nacionais de tódolos países que participan nos proxectos para adoptar unha decisión definitiva. Os proxectos seleccionados definitivamente deberán ser aceptados, polo menos, por dous países máis.

A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais fará pública a lista definitiva de aprobados, suplentes e excluídos, no seu taboleiro de anuncios, nas delegacións provinciais e nos centros de formación e recursos.

Artigo 10º.-Avaliación e recoñecemento da actividade.

A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais avaliará o desenvolvemento e a continuidade do proxecto e poderá solicita-los informes que considere oportunos.

Logo da avaliación, acreditaráselle ata un total de 50 horas de formación por curso escolar ó profesorado que desenvolvese o Proxecto Comenius como coordinador dun centro coordinador; ata 45 horas para os profesores coordinadores dun centro asociado, e de ata 30 horas para o profesorado que colabore nos ditos proxectos.

Será preciso presentar, xunto coa memoria anual, unha certificación expedida polo director do centro escolar especificando o nome do proxecto, o tipo de acción, a listaxe de nomes completos dos participantes, así como os seus DNI e o papel que cada profesor/a realizou nel. O modelo de certificación está situado na seguinte páxina web: http://www.edu.xunta.es.

Artigo 11º.-Características das axudas para Proxectos Lingüísticos Comenius (Comenius 1.2.).

O obxectivo destes proxectos é acrecenta-la motivación, a capacidade e a confianza dos mozos para se comunicaren en linguas estranxeiras.

Un proxecto lingüístico Comenius débese realizar conxuntamente entre centros educativos de dous países participantes. O seu elemento principal non é o ensino formal da lingua, senón a súa aprendizaxe

gracias á realización dun traballo sobre un tema de interese común en colaboración con mozos doutro país. Deberase integrar nas actividades habituais do centro e formar parte do programa de estudios dos alumnos participantes. Fomentará especialmente as actividades interdisciplinares. Un elemento esencial dos proxectos lingüísticos Comenius é o intercambio de alumnos durante polo menos 14 días, incluída a viaxe. Durante a estadía no estranxeiro os alumnos serán aloxados, como norma xeral, nos fogares dos outros estudiantes participantes.

Todo proxecto debe dar lugar a un producto elaborado conxuntamente polos grupos de alumnos. O dito producto elaborarase nos idiomas dos dous socios representados ou nunha versión lingüística mixta na que ámbolos idiomas estean representados.

Artigo 12º.-Modalidade e contía da axuda.

A axuda constará de dúas partes:

a) Unha cantidade fixa de ata 2.000 euros para contribuír ó pagamento dos gastos relacionados coas actividades do proxecto, excepto as viaxes.

b) Unha cantidade variable que axude a sufraga-los gastos das viaxes internacionais de acordo coa Guía do candidato e as normas de concesión do formulario de candidatura Sócrates/Comenius 1 Proxectos lingüísticos Comenius. Durante a estadía no estranxeiro, os alumnos serán aloxados, como norma xeral, nos fogares dos outros estudiantes participantes. Só en casos excepcionais debidamente xustificados se poderá considera-la posibilidade de outorgar unha axuda que contribúa a sufraga-los gastos da estadía.

Artigo 13º.-Participantes e requisitos.

a) Os intercambios terán que se realizar en período escolar dos centros de acollida.

b) Te-lo compromiso expreso, por escrito, das autoridades dos centros asociados.

c) Terán que basearse na reciprocidade, de forma que o alumnado de ámbolos centros teña a oportunidade de desenvolver parte do seu proxecto no centro do país asociado.

d) A duración mínima da actividade para cada un dos grupos no país asociado terá que ser de 14 días, incluída a viaxe.

e) Os participantes terán que residir nos domicilios dos alumnos receptores, salvo circunstancias excepcionais.

f) A idade mínima dos alumnos participantes será de 12 anos.

g) O grupo estará formado, como mínimo, por dez alumnos e un profesor, axustándose este módulo ós grupos superiores.

h) Se o programa de estudios dos alumnos participantes non inclúe clases na lingua do socio, a preparación do proxecto debe incluír unha introducción a esta de entre 20 e 40 horas, e a fase de intercambio debe prever algún tempo para a súa instrucción.

Artigo 14º.-Documentación.

Os centros que desexen solicitar un Proxecto lingüístico Comenius deberán cubrir e enviar vía Internet o formulario electrónico de candidatura Sócrates/Comenius 1. Asociacións escolares, que estará dispoñible no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es. O formulario poderá ser modificado tódalas sesións que sexa necesario durante o período da convocatoria. Unha vez rematado, marcarase como finalizado e imprimirase o formulario definitivo.

A documentación que se debe presentar por correo no prazo establecido é a seguinte:

a) Anexo II que figura nesta orde.

b) Formulario de candidatura Sócrates/Comenius 1.2. xerado pola aplicación informática, debidamente asinado e selado, por duplicado.

c) Aprobación do consello escolar ou órgano colexiado que o substitúa.

d) Compromiso expreso do centro estranxeiro da aceptación da realización do proxecto.

e) Certificado do director do centro onde se indique o profesorado implicado no proxecto, así como as materias ou áreas que imparten.

f) En relación co compoñente do proxecto que inclúe a mobilidade dos alumnos, os directores/as dos centros solicitantes solicitarán as oportunas autorizacións do pai, nai ou titor, que quedarán arquivadas nos centros.

g) Breve resumo do proxecto no que se especificarán as actividades que se van desenvolver.

Artigo 15º. Prazo de presentación das solicitudes.

O prazo de entrega de solicitudes para a presentación de proxectos iníciase o día seguinte ó da publicación desta orde, e remata o 1 de febreiro de 2004.

Artigo 16º.-Criterios de selección.

Os criterios de selección dos proxectos lingüísticos Comenius serán os seguintes:

Localización do centro en zona rural e/ou outras rexións desfavorecidas: ata 1 punto.

Valoración do proxecto:

a) Claridade nos obxectivos e nos resultados esperados: ata 2 puntos.

b) Plan de traballo: ata 2 puntos.

c) Instrumentos de avaliación: ata 1 punto.

d) Estratexias para a difusión: ata 1 punto.

e) Incidencia do proxecto na atención á mellora do éxito escolar nos alumnos con necesidades educativas especiais: ata 1 punto.

f) Integración do proxecto nas actividades habituais do centro: ata 1 punto

Artigo 17º.-Resolución da convocatoria.

A proposta dos proxectos seleccionados pola comisión establecida para o efecto notificaráselle á Axencia Nacional Sócrates, a cal procederá á consulta

coas axencias nacionais de tódolos países que participan nos proxectos para adoptar unha decisión definitiva. Os proxectos seleccionados definitivamente deberán ser aceptados alomenos por dous países.

A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais fará pública a lista definitiva de aprobados, suplentes e excluídos, no seu taboleiro de anuncios, nas delegacións provinciais e nos centros de formación e recursos.

Artigo 18º.-Avaliación e recoñecemento da actividade.

A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais avaliará o desenvolvemento e a continuidade do proxecto, e poderá solicita-los informes que considere oportunos.

Logo da avaliación e valoración da memoria pedagóxica do Proxecto lingüístico Comenius, acreditaráselle ata un total de 50 horas de formación por curso escolar ó profesorado que desenvolvese o Proxecto lingüístico Comenius e acompañe o grupo de alumnos, e ata 30 horas para o profesorado que colabora no dito proxecto.

Será preciso presentar, acompañada da memoria pedagóxica, unha certificación expedida polo director do centro escolar, especificando o nome do proxecto, o tipo de acción, a listaxe de nomes completos dos participantes, así como os seus DNI e o papel que cada profesor/a realizou nel. O modelo de certificación atópase na seguinte páxina web: http://www.edu.xunta.es.

Para as visitas preparatorias será necesario presentar un informe da actividade realizada, que non dará lugar á expedición do certificado.

Acollida de axudantes lingüísticos Comenius

Artigo 1º.-Características xerais.

O obxectivo desta acción é mellora-las aptitudes lingüísticas dos alumnos do centro de acollida e aumenta-la súa motivación en canto á aprendizaxe das linguas estranxeiras e ó seu interese pola cultura do axudante.

O centro de acollida deberá nomear un profesor titor que supervisará o axudante, controlará os progresos da axudantía e actuará como persoa de contacto. O axudante lingüístico Comenius poderá realiza-la súa estadía por un período de tres a oito meses.

Artigo 2º.-Requisitos.

Poderán solicitar estas axudas tódolos centros que impartan as seguintes ensinanzas:

Ensinanzas establecida pola Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación:

a) De réxime xeral: educación infantil, educación primaria, educación secundaria, bacharelato e formación profesional.

b) De réxime especial: ensinanzas artísticas e escolas oficiais de idiomas.

Artigo 3º.-Documentación requirida.

Os centros que desexen solicitar un axudante lingüístico Comenius deberán cubrir e enviar vía Internet o formulario electrónico de candidatura Sócrates/Comenius, que estará dispoñible no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es. O formulario poderá ser modificado tódalas sesións que sexa necesario durante o período da convocatoria. Unha vez rematado, marcarase como finalizado e imprimirase o formulario definitivo.

Os participantes deberán presenta-la seguinte documentación:

a) Anexo II que figura nesta orde.

b) Formulario de candidatura de institucións que desexen acoller un lector de linguas Comenius xerado pola aplicación informática, debidamente asinado e selado, por duplicado.

c) Proxecto pormenorizado de acollida ó axudante lingüístico.

Artigo 4º.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de entrega de solicitudes para a presentación de proxectos iníciase o día seguinte ó da publicación desta orde, e remata o 1 de febreiro de 2004.

Artigo 5º.-Criterios de selección.

Os criterios de selección serán os seguintes:

-Radicación do centro en zona rural e/ou desfavorecida: ata 1 punto.

-Contribución á mellora e capacidade dos mozos para comunicarse nunha lingua estranxeira: ata 2 puntos.

-Integración do proxecto nas actividades habituais do centro: ata 1 punto.

-Actividade en programas potenciación de linguas estranxeiras: ata 2 puntos.

-Participación en programas educativos de cooperación internacional: ata 2 puntos.

Valoración do proxecto:

a) Claridade nos obxectivos e resultados esperados: ata 2 puntos.

b) Plan de traballo: ata 2 puntos.

c) Instrumentos de avaliación: ata 2 puntos.

d) Estratexias para a difusión: ata 1 punto.

e) Incidencia do proxecto na atención á mellora do éxito escolar nos alumnos con necesidades educativas especiais: ata 1 punto.

f) Fomento da aprendizaxe dun idioma estranxeiro desde unha idade temperá: ata 1 punto.

Artigo 6º.-Resolución da convocatoria.

A proposta de seleccionados notificaráselle á Axencia Nacional Sócrates, quen procederá á consulta coas axencias nacionais dos demais países para a adxudicación dos axudantes en función das demandas dispoñibles.

A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais fará pública a lista definitiva de aprobados, suplentes e excluídos, no seu taboleiro de anuncios, nas delegacións provinciais e nos centros de formación e recursos.

Artigo 7º.-Avaliación e certificación.

A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais avaliará o desenvolvemento e a continuidade do proxecto, e poderá solicita-los informes que considere oportunos.

Ó remata-lo período de axudantía, o centro deberá presentar un informe. Logo da súa avaliación e valoración, acreditarase cun total de ata 10 horas de formación o profesor titor por cada trimestre que o axudante estivese no centro, e cun total de ata 5 horas de formación o profesor colaborador.

Comenius 2. Formación do persoal docente.

Artigo 1º.-Obxecto.

No marco desta acción concédenselles bolsas ós profesores ou ó persoal con outras funcións que logo se especificarán, no ámbito da educación escolar ou, incluso, a quen se está formando para desempeñar tales funcións no futuro, co propósito de que realicen noutros países participantes certas actividades de mobilidade ligadas á súa formación inicial ou á súa práctica profesional. Nesta acción considéranse tres epígrafes:

a) Bolsas individuais para a formación inicial do profesorado.

b) Axudantías lingüísticas Comenius.

c) Bolsas individuais de formación permanente.

Artigo 2º.-Características das bolsas individuais para a formación inicial do profesorado: Comenius 2.2.A.

O obxectivo desta convocatoria é anima-los futuros profesores a que melloren a súa comprensión da dimensión europea do ensino e a aprendizaxe mediante un período de estudio supervisado e, cando sexa posible, unha formación práctica doutros países.

Artigo 3º.-Candidatos.

Estudiantes de maxisterio, ciencias da educación e/ou psicoloxía que estean cursando os seus estudios na Comunidade Autónoma de Galicia, ou participantes nos cursos de aptitude pedagóxica que sigan estudios nun centro de formación que estea integrado non proxecto transnacional Comenius 2.1.

Artigo 4º.-Contía das axudas.

Concederanse bolsas de arredor de 500 euros que cubrirán as viaxes de ida e volta ó país de acollida, así como os gastos de estadía. A contía total estará en función do país no que se realice a formación e da duración desta, que estará comprendida entre unha e dez semanas.

Artigo 5º.-Documentación requirida.

Os candidatos deberán presentar, ademais do anexo III que figura nesta orde, a seguinte documentación:

a) Formulario de candidatura correspondente, que estará dispoñible no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es, debidamente asinado e selado por duplicado.

b) Fotocopia compulsada do título académico, se é o caso.

c) Certificado do centro no que segue os estudios, sinalando a súa situación nel.

d) Certificado do centro, acreditativo de que está incluído e participando nun proxecto Comenius 2.1. (proxecto para a formación do persoal docente).

Artigo 6º.-Prazo e lugar de presentación da documentación.

As solicitudes e a documentación complementaria dirixiranse, en calquera momento, á Axencia Nacional Sócrates; Paseo del Prado, 28, 28014. Madrid, con copia á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, tres meses antes da realización da actividade e a través do centro no que segue os seus estudios o candidato.

Artigo 7º.-Selección dos candidatos.

A Axencia Nacional, de acordo coas comunidades autónomas, seleccionará os candidatos periodicamente, de acordo coa dispoñibilidade de fondos e os criterios establecidos na Guía do candidato.

Artigo 8º.-Características das bolsas individuais para axudantías lingüísticas. Comenius 2.2.B.

Esta acción consiste na concesión de axudas financeiras a futuros profesores de idiomas estranxeiros para que desenvolvan un período de prácticas docentes noutros países europeos participantes do Programa Sócrates como axudantes lingüísticos. Esta acción persegue tanto o perfeccionamento do futuro profesor como a mellora das aptitudes lingüísticas dos alumnos e do seu interese por outros países e culturas representados polo profesor axudante.

Artigo 9º.-Candidatos.

Poderán solicitar estas axudas aquelas persoas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Os futuros profesores dunha lingua oficial da Unión Europea, o irlandés ou luxemburgués, ou unha das linguas oficiais dos países participantes EFTA/EEE, ou os candidatos á adhesión, como linguas estranxeiras.

b) Os profesores que no futuro puidesen ensinar algunha lingua estranxeira.

c) Os profesores que puidesen ensinar algunha materia que non sexa de idiomas, facendo uso da lingua estranxeira.

d) Os titulados nunha especialidade que permita imparti-lo ensino dunha lingua estranxeira ou estudiantes da dita especialidade.

Requírese así mesmo:

-Ser cidadán español ou dun país da Unión Europea residente en España.

-Ter cursado ou estar cursando os seus estudios universitarios na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Para os profesores, en exercicio das súas funcións, estar traballando na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Non ter traballado nunca como profesor de lingua estranxeira.

-Serán prioritarios os candidatos que non desfrutasen dunha axuda financeira no marco do Programa Sócrates.

Artigo 10º.-Contía e modalidade das axudas.

As axudantías poderán ter unha duración entre tres e oito meses, e a axuda financeira cubrirá os gastos da viaxe do axudante desde o seu país de residencia ó centro escolar de acollida e os gastos de estadía, variando a súa contía en función do país de acollida e da duración da estadía.

Artigo 11º.-Documentación requirida.

Os solicitantes que desexen solicitar unha axudantía lingüística Comenius deberán cubrir e enviar vía Internet o formulario electrónico de candidatura Sócrates/ Comenius 2.2.B Axudantes lingüísticos, que estará dispoñible no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es. O formulario poderá ser modificado tódalas sesións que sexa necesario durante o período da convocatoria. Unha vez rematado, marcarase como finalizado e imprimirase o formulario definitivo.

A documentación que se debe presentar por correo no prazo establecido é a seguinte:

a) Anexo III que figura nesta orde.

b) Formulario de candidatura Sócrates/Comenius 2.2.B xerado pola aplicación informática, debidamente asinado por duplicado.

c) Copia compulsada do título ou certificación académica na que consten a puntuación media dos creditos superados.

d) Fotocopia do DNI ou, no caso de cidadáns doutro país da Unión Europea, certificado de residencia.

e) Declaración xurada de non ter traballado antes como profesor de idiomas.

f) Fotocopias compulsadas que acrediten os méritos que se van avaliar.

g) Relación da documentación presentada.

Artigo 12º.-Prazo de presentación da documentación.

O prazo de presentación das solicitudes e documentación iníciase o día seguinte ó da publicación desta orde, e remata o 1 de febreiro de 2004.

Artigo 13º.-Criterios de selección.

Avaliaranse os candidatos tendo en conta os seus méritos académicos, titulación e diplomas de idiomas, cursos de formación e perfeccionamento superados, publicacións, investigacións etc., sempre que se acrediten debidamente con documentos orixinais ou debidamente compulsados.

Artigo 14º.-Resolución da convocatoria.

A selección provisional de admitidos e excluídos coas puntuacións acadadas farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, tal e como se establece no artigo 5º do capítulo primeiro desta orde.

Sócrates que, unha vez consultadas as axencias nacionais doutros países implicados, farán unha relación definitiva de admitidos que será publicada no Diario Oficial de Galicia. A Axencia Nacional establecerá cos beneficiarios os correspondentes contratos financeiros.

Artigo 15º.-Características das bolsas individuais para a formación continua do profesorado. Comenius 2.2.C.

Esta modalidade da Acción Comenius 2.2.C ten como finalidade conceder bolsas a profesores e outras categorías de persoal docente, de acordo co que se estipule para as distintas actividades que se convocan, co obxecto de que poidan participar en cursos de formación que teñan lugar noutros países da Unión Europea. Nesta modalidade establécense dous tipos de cursos:

a) Os dirixidos ó profesorado de calquera materia e nivel.

b) Os dirixidos ós profesores de linguas estranxeiras.

O catálogo dos cursos estará no seguinte enderezo da Internet:

http://europa.eu.int/comm/education/socrates/comenius/projects.htm#catalogues.

Soamente no caso de que estes cursos non respondan ás súas necesidades, os candidatos poderán optar a cursos non incluídos no catálogo. Os candidatos deben seleccionar un curso de seu interese e, antes de solicita-la axuda, realiza-la súa preinscrición, e a súa confirmación deberá ir xunto coa á solicitude de axuda.

Unha vez valoradas as solicitudes pola comisión técnica de selección, a proposta priorizada comunicarase á Axencia Nacional Sócrates.

Unha vez que se lles comunique ós candidatos que se lles concedeu a bolsa para participaren no curso no que están preinscritos, estes deberán confirmar coa maior brevidade posible a súa inscrición directamente ós coordinadores dos cursos.

Artigo 16º.-Contía das axudas.

As axudas non excederán de 1.500 euros, segundo o lugar e a duración do curso, que oscilará entre unha e catro semanas e terá como mínimo 40 horas de formación.

Será necesario solicita-lo correspondente permiso cando a actividade se realice dentro do período lectivo. A concesión das axudas non significará a concesión automática del.

Artigo 17º.-Participantes e requisitos.

Primeiro.-Participantes:

Participantes de cursos sinalados na alínea a):

-Profesores de calquera materia e nivel.

-Outro persoal que traballe no ámbito escolar con alumnos en situación de risco laboral ou con necesidades educativas especiais.

Participantes de cursos sinalados na alínea b):

-Profesores cualificados e en funcións de ensino dunha lingua estranxeira.

-Profesores doutras materias que se están formando de novo como profesores de lingua estranxeira.

-Profesores de educación infantil e primaria que imparten idioma estranxeiro.

-Profesores doutras materias que ensinen utilizando unha lingua estranxeira.

-Inspectores ou asesores que traballen no ámbito do ensino de idiomas.

Segundo.-Requisitos.

Requisitos comúns a tódolos beneficiarios:

-Estar prestando servicios no curso escolar 2003-2004 nun centro escolar da Comunidade Autónoma galega.

-Non ter sido beneficiario dunha axuda Comenius 2.2.C, Grundtvig 3 ou Arión do Programa Sócrates nas tres últimas convocatorias.

-Non ser beneficiario durante o curso actual dunha axuda de formación a través doutras convocatorias de reintegros individuais para actividades de formación do profesorado que convoque a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Non atoparse en situación de licencia por estudios durante o período de realización da actividade.

-Non ter concedida outra axuda por calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou estranxeiro, para a mesma actividade que, sumada á que se puidesen conceder por esta convocatoria, superase o cento por cento de gastos da actividade.

-En caso de optar por un curso do catálogo Comenius, para a formación inicial e continua do profesorado (Comenius 2.2.A e Comenius 2.2.B) estar preinscrito no citado curso.

Requisitos específicos para cada modalidade de cursos:

No caso de participantes pola alínea a):

-Profesores que se encontren desenvolvendo os seus labores docentes nun centro de educación primaria ou secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Inspectores de educación, membros dos equipos de orientación específica e asesores técnicos.

-Outro persoal que traballe con alumnado con necesidades educativas especiais ou en situación de risco social.

No caso de participantes pola alínea b):

-Profesores titulados que impartan lingua estranxeira en centros públicos ou privados, de acordo coa normativa vixente.

-Profesores que, tendo como actividade regular o ensino dunha ou máis linguas estranxeiras, e ato

pándose en situación de excedencia, se incorporen ó seu posto de traballo como docentes de linguas estranxeiras no curso 2004/2005.

-Profesorado de educación infantil e primaria que imparta idioma estranxeiro.

-Profesorado doutras materias que se estea formando como profesor de idiomas.

-Profesorado doutras áreas que estea empregando, ou vaia empregar, un idioma distinto do propio para o ensino de materias distintas á de linguaxe.

-Inspectores ou asesores que traballen no ámbito de linguas estranxeiras.

Artigo 18º.-Período da actividade.

Os cursos desenvolveranse do 1 de xuño de 2004 ó 31 de xullo de 2005.

Artigo 19º.-Documentación requirida.

Os solicitantes dunha axuda Comenius 2.2.C deberán cubrir e enviar vía Internet o formulario electrónico de candidatura correspondente, que estará dispoñible no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es. O formulario poderá ser modificado tódalas sesións que sexa necesario durante o período da convocatoria. Unha vez rematado, marcarase como finalizado e imprimirase o formulario definitivo.

Os participantes deberán presenta-la seguinte documentación:

a) Anexo III desta orde.

b) Formulario de candidatura Sócrates/Comenius 2.2 C xerado pola aplicación informática, debidamente asinado e selado, por duplicado. No dito formulario só se indicará un curso para o que se achegará a preinscrición concedida polo coordinador del.

c) Certificado do centro en que se está incorporado durante o curso 2003-2004, indicando as ensinanzas e o nivel impartido.

d) Certificado que acredite alomenos durante un ano académico outras situacións profesionais para o persoal que traballe con alumnado en situación de risco social ou con necesidades educativas especiais (no caso de ter desenvolvido esta actividade en diferentes centros, deberanse acreditar tres anos). Nesta acreditación debe quedar ben definido o tipo de relación co centro.

e) Para os profesores que se estean formando como profesores de idioma estranxeiro, certificado da formación.

f) Para os profesores que ensinen utilizando unha lingua estranxeira, certificado do centro que acredite esta situación.

g) Preinscrición no curso seleccionado.

Artigo 20º.-Prazo de presentación da documentación.

No caso de cursos correspondente ó catálogo de Comenius 2, o prazo rematará o 1 de marzo de 2004.

Para os cursos fóra de catálogo, o prazo de presentación de solicitudes finaliza o 1 de maio de 2004.

Artigo 21º.-Criterios de selección.

MéritosPuntuaciónDocumentos

1. Méritos docentes
1.1. Por cada ano de servicio: 0,20 puntos por ano completo2 puntos máximoCertificación de servicios(*)
1.2. Relación directa entre o traballo desempeñado e a actividade solicitadaAta 3 puntosDocumentación xustificativa(*)
1.3. Títulos e diplomas relacionados co coñecemento de linguas estranxeirasAta 2 puntosDocumentación xustificativa(*)

2. Actividades de formación permanente
2.1. Actividades de formación recoñecidas polas administracións educativas correspondentes4 puntos máximoCertificacións acreditativas,

nas que conste o número de

horas de duración(*)

2.1.1. Dirección ou coordinación: 0,20 puntos por actividade
2.1.2. Relatorios: 0,10 puntos por relatorio
2.1.3. Asistencia: 0,10 puntos por cada dez horas
2.2. Participación nun proxecto educativo europeo:4 puntos máximoCertificación acreditativa

correspondente(*)

Nun centro coordinador: 2 puntos
Nun centro asociado: 1 punto

(*) Orixinal ou fotocopia debidamente cotexada.

Artigo 22º.-Resolución da convocatoria.

A selección provisional de admitidos e excluídos coas puntuacións alcanzadas farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da data da súa publicación, poderanse presentar reclamacións e renuncias.

Unha vez estudiadas e, se é o caso, admitidas as reclamacións e renuncias, a comisión seleccionadora elevará a proposta priorizada á Axencia Nacional Sócrates que, unha vez consultadas as axencias nacionais doutros países implicados, fará unha relación definitiva de admitidos que serán publicados no Diario Oficial de Galicia. A Axencia Nacional establecerá cos beneficiarios os correspondentes contratos financeiros.

En ningún caso a concesión de axudas significará a concesión automática de permisos cando a actividade se realice dentro do período lectivo.

Artigo 23º.-Avaliación e acreditación da actividade.

Para os efectos de homologación dos certificados de participación, os beneficiarios deberán presentar na Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, no prazo de trinta días despois de ter finalizado o curso ou seminario, a seguinte documentación:

-Breve memoria pedagóxica describindo a actividade realizada.

-O certificado expedido pola entidade organizadora do curso/actividade de formación, ou copia cotexada del, na que deberán ser especificadas as horas de duración del.

-Copia do DNI.

Grundtvig 2

Asociacións de aprendizaxe para a educación

das persoas adultas

Artigo 1º.-Obxectivo e duración.

O obxectivo da acción é promove-la dimensión europea na aprendizaxe ó longo da vida, e contribuír, mediante a ampliación da cooperación transnacional, á innovación e maior dispoñibilidade, accesibilidade e calidade doutros itinerarios educativos.

As asociacións de aprendizaxe Grundtvig son o marco de actividades de cooperación a pequena escala entre organizacións que traballan no campo da educación para persoas adultas, no sentido máis amplo da expresión. Neles estarán representados, como mínimo, tres países participantes en Sócrates e alomenos un deles deberá ser un Estado membro da Unión Europea. As asociacións deberán se-lo máis equilibradas posible e non incluirán demasiados centros dun mesmo país, aínda que tamén se aconsella a participación de agrupacións de centros locais. O tamaño óptimo dunha asociación depende da natureza do proxecto e non se estableceu un número máximo de centros.

A acción prevé axudas para a realización de proxectos, tanto ó centro coordinador coma ós asociados, por unha duración máxima de tres anos, despois dunha revisión e avaliación anuais.

Os centros educativos membros dunha destas asociacións de aprendizaxe poderán solicitar un axudante lingüístico Comenius, nas condicións descritas no capítulo cuarto desta convocatoria.

Artigo 2º.-Centros beneficiarios.

Nas asociación de aprendizaxe Grundtvig, os coordinadores deben pertencer a unha das seguintes categorías:

-Centros educativos de primaria e secundaria que impartan cursos para adultos.

-Centros de educación de persoas adultas.

-As universidades populares.

-Escolas municipais.

-Universidades que se dediquen á elaboración de plans de estudios para adultos, ou que brinden oportunidades educativas a estudiantes adultos.

-Organizacións que impartan formación ó persoal de educación de adultos.

-Autoridades nacionais, locais e axencias de desenvolvemento local.

-Calquera organización dedicada á educación de adultos, como as fundacións e asociacións sen ánimo de lucro, os sindicatos e as asociacións de empresarios, as bibliotecas e os museos, os centros penitenciarios e reformatorios, as asociacións deportivas, as asociacións de veciños.

-Organizacións profesionais e empresas privadas que estean aplicando plans de aprendizaxe que non se limiten á formación profesional.

-Outros provedores de educación que respondan a demandas de aprendizaxe individuais.

-Outros organismos, tales como editores, medios ou centros de investigación, poderán participar como socios, sempre e cando acheguen experiencia complementaria adecuada. Fomentaranse con especial interese as asociacións mixtas entre sectores oficiais e non oficiais.

Artigo 3º.-Modalidade e contía das axudas.

Existen dous tipos de axudas:

a) Visitas preparatorias.

Concederase ata un máximo de 1.000 euros por persoa (dependendo do país de destino e da duración da visita) para a realización de encontros transnacionais conducentes á preparación do proxecto.

b) Proxectos de asociacións de aprendizaxe.

As asociacións de aprendizaxe poderán recibir axuda financeira durante un ou dous anos, en función da natureza da actividade proposta, aínda que en determinados casos particulares debidamente xustificados a axuda cubrirá un máximo de tres anos. En principio, ningunha actividade de mobilidade emprendida no marco do proxecto (reunións de socios, seminarios, intercambios de persoal) durará máis de dúas semanas.

A axuda constará de dúas partes:

a) Unha cantidade fixa para contribuír ó pagamento dos gastos relacionados coas actividades do proxecto, excepto para as viaxes internacionais. Polo xeral, nas etapas iniciais da segunda fase de Sócrates a cantidade anual concedida será de 5.000 euros para o centro coordinador e de 4.000 euros para cada un dos socios restantes (a non ser que a suma solicitada sexa inferior).

b) Unha cantidade variable que axude a sufraga-los gastos da viaxe internacionais e as axudas de custo.

Artigo 4º.-Período de realización das actividades.

Os proxectos e as visitas preparatorias desenvolveranse entre o 1 de xullo de 2004 e o 31 de agosto de 2005.

Artigo 5º.-Documentación requirida.

O solicitantes dun proxecto Grundtvig 2, tanto por primeira vez como para a renovación del ou dunha visita preparatoria, deberán cubrir e enviar vía Internet o formulario electrónico de candidatura correspondente, que estará dispoñible no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es. O formulario poderá ser modificado tódalas sesións que sexa necesario durante o período da convocatoria. Unha vez rematado, marcarase como finalizado e imprimirase o formulario definitivo.

Os participantes deberán presenta-la seguinte documentación:

1. Os centros coordinadores:

a) Anexo II desta orde.

b) Formulario de candidatura Grundtvig 2. Asociacións de aprendizaxe. Os candidatos deberán presentar por duplicado o formulario xerado por aplicación informática, asinado e selado.

c) Carta de compromiso dos outros centros de adultos, membros da asociación.

d) Se o solicitante é un centro educativo, debe incluí-la aprobación do proxecto polo consello escolar ou órgano equivalente, e o certificado da dirección do centro, no que se inclúa unha relación do profesorado implicado no proxecto.

e) Se o solicitante non é un centro educativo, deberá presenta-lo documento que acredite que desenvolven plans de educación como parte da súa responsabilidade.

f) Relación numerada dos documentos que se achegan.

2. Os centros asociados:

a) Anexo II desta orde.

b) Formulario de candidatura Grundtvig 2. Asociacións de aprendizaxe. Os candidatos deberán presentar por duplicado o formulario xerado por aplicación informática, asinado e selado.

c) Copia do formulario orixinal, presentada polo centro coordinador e traducción dos epígrafes que describen o proxecto.

d) Documentos d), e) e f) do epígrafe correspondente ó centro coordinador.

3. Visitas preparatorias:

a) Anexo II desta orde.

b) Formulario de candidatura de visita preparatoria Grundtvig. Os candidatos deberán presentar por duplicado o formulario xerado por aplicación informática, asinado e selado.

c) Aceptación da visita por parte do centro receptor.

Artigo 6º.-Prazo de presentación da documentación.

O prazo de presentación de solicitudes iníciase o día seguinte ó da publicación desta orde, e remata o 1 de marzo de 2004. Para as visitas preparatorias, tres meses antes de se realiza-la actividade.

Artigo 7º.-Criterios de selección.

1. Prioritarios. Valorarase de forma preferente o que o proxecto solicitado:

a) Conte coa participación dunha asociación mixta entre centros do sector da educación oficial e centros educativos non oficiais (por exemplo, outros centros de educación de adultos, asociacións e organizacións e centros de educación superior).

b) Demostre que conta coa participación dunha asociación equilibrada; por exemplo, entre países xeograficamente dispersos que preferiblemente constitúan zonas non fronteirizas, co propósito de maximiza-lo potencial dos proxectos.

c) Presente unha verdadeira dimensión europea en termos de contido, asociación, resultados e difusión.

Prestaráselles especial atención ós proxectos nos que participen centros ou organizacións dos que a experiencia previa en proxectos de cooperación europea sexa escasa ou nula e que ata o momento non recibisen ningunha axuda da Comunidade Europea con ese fin. Nos proxectos que teñan por obxectivo mellora-la competencia nas linguas obxectivo da acción, daráselles prioridade ás menos utilizadas e sinaladas na UE.

2. Adicionais:

a) Profesorado de adultos, áreas implicadas e interdisciplinariedade: ata 2 puntos.

b) Claridade nos obxectivos e nos resultados esperados: ata 1 punto.

c) Plan de traballo: ata 2 puntos.

d) Instrumentos de avaliación: ata 1 punto.

e) Estratexias para a difusión: ata 1 punto.

f) Incidencia do proxecto na atención á mellora da educación das persoas adultas: ata 1 punto.

Terase en conta a participación mixta entre centros do sector da educación oficial e non oficial, así como unha verdadeira dimensión europea en termos de contidos, asociación, resultados e difusión do proxecto.

Artigo 8º.-Resolución.

A proposta dos proxectos seleccionados pola comisión establecida para o efecto notificaráselle á Axencia Nacional Sócrates, que procederá á consulta coas axencias nacionais de tódolos países que participan en proxectos para adoptar unha decisión definitiva. Os proxectos seleccionados definitivamente deberán ser aceptados, alomenos, por dous países máis.

A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais fará pública a lista definitiva de aprobados, suplentes e excluídos, no seu taboleiro de anuncios, nas delegacións provinciais e nos centros de formación e recursos.

Artigo 9º.-Avaliación e acreditación da actividade.

A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais avaliará o desenvolvemento e a continuidade do proxecto, e poderá solicita-los informes que considere oportunos.

Os centros participantes deben enviar unha memoria pedagóxica á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, no prazo de 30 días despois de remata-la actividade.

Logo da avaliación, acreditaráselle ata un total de 50 horas de formación por curso escolar ó profesorado que tivese desenvolvido o proxecto como coordinador dun centro coordinador; ata 45 horas para os profesores coordinadores dun centro asociado, e de ata 30 horas para o profesorado que colabore nos ditos proxectos.

Será preciso presentar unha certificación expedida polo director do centro escolar, especificando o nome do proxecto, o tipo de acción, a listaxe de nomes completo dos participantes, así como os seus DNI e o papel que cada profesor/a realizou nel.

Grundtvig 3

Mobilidade para os educadores de adultos

Artigo 1º.-Obxectivo.

O obxectivo de Grundtvig 3 é contribuír a mellora-la calidade da aprendizaxe permanente permitindo que os que traballan nos centros de educación de adultos, no sentido máis amplo da expresión, ou participan na formación de adultos realicen cursos de formación de entre unha e catro semanas no estranxeiro. Deste xeito, incítanse os participantes a melloraren as súas aptitudes prácticas de ensino/preparación/asesoramento e adquiriren coñecementos máis amplos da aprendizaxe permanente en Europa.

Artigo 2º.-Requisitos.

As axudas pódenselle conceder ó persoal que traballa con adultos, a tempo parcial ou completo, tanto no sistema oficial coma no non oficial. Inclúense:

-Profesores/formadores que traballan con adultos, así como os seus propios profesores /formadores.

-Directores e persoal xerente de centros que ofrezan oportunidades de aprendizaxe ou educación de recuperación.

-Asesores, titores, etc.

-Inspectores.

-Persoal que traballa con adultos en situación de risco de exclusión social, como mediadores e educadores da rúa.

-Persoas que participan en educación intercultural ou en tarefas educativas relacionadas con traballadores emigrantes, traballadores itinerantes, xitanos e viaxeiros.

-Persoal que asiste a persoas con necesidades educativas especiais.

-Outras categorías de persoal dedicado á educación de adultos, á discreción das autoridades nacionais.

Os profesores de idiomas que desexen optar a unha axuda para participar nun curso de formación terán que pertencer a unha das categorías seguintes:

-Profesores cualificados de idiomas estranxeiros que exerzan na educación de adultos.

-Formadores deses profesores de idiomas estranxeiros.

-Profesores de adultos que utilicen unha lingua estranxeira para impartir clases doutras disciplinas.

-Inspectores e conselleiros do ámbito do ensino de linguas.

Artigo 3º.-Características dos cursos para os que se solicitan as axudas.

Os cursos de formación ós que poden asistir con axudas de Grundtvig 3 están encamiñados a cubrir:

a) Aspectos da metodoloxía utilizada no ensino de adultos (ou na formación de educadores de adultos): aprendizaxe, avaliación, adaptación ás necesidades específicas da aprendizaxe de adultos, grupos menos favorecidos, etc.

b) Aspectos da xestión de centros de educación de adultos a promoción da aprendizaxe permanente na comunidade.

c) Temas relacionados coa integración europea.

d) Temas relacionados coa educación intercultural e a educación dos traballadores emigrantes, traballadores itinerantes, xitanos e viaxeiros.

Artigo 4º.-Modalidade e contía das axudas.

Dentro desta acción, ofrécense axudas da Comisión Europea a través da Axencia Nacional Sócrates, que serán de ata un máximo de 1.500 euros por beneficiario/a, para contribuír a cubrir gastos de viaxe, taxas de inscrición (se procede), estadía, preparación (incluída a lingüística), ocasionados pola asistencia á actividade de formación.

A contía das axudas será fixada individualmente, tendo en conta a actividade de formación, a duración e o lugar onde se realizará.

Nalgúns casos o curso poderá adopta-la forma de estadía en prácticas nun comercio, unha industria ou unha organización non gobernamental que poida facilita-la consecución dos obxectivos mencionados. Polo xeral, os cursos irán precedidos dun período de preparación e seguidos dun período de seguimento. Estas dúas facetas de traballo desenvolveranse no país de orixe do participante.

Tamén poderán ser solicitados os cursos do catálogo de Comenius 2; neste caso será necesario contar coa prescrición no curso correspondente.

Artigo 5º.-Prazo de presentación da documentación.

No caso de cursos correspondentes ó catálogo de Comenius 2, o prazo comezará o día seguinte ó da publicación desta orde e rematará o 1 de marzo de 2004. No caso dos cursos fóra do catálogo, o prazo comezará o día seguinte ó da publicación desta orde, e estará aberto ó longo do curso 2004/2005; poden solicitarse as actividades ata a distribución total do orzamento.

Artigo 6º.-Documentación requirida.

Os solicitantes deberán cubrir e enviar vía Internet o formulario electrónico de candidatura Sócrates/Grundtvig 3 correspondente, que estará dispoñible no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es. O formulario poderá ser modificado tódalas sesións que sexa necesario durante o período da convocatoria. Unha vez rematado, marcarase como finalizado e imprimirase o formulario definitivo.

A documentación que se debe presentar por correo no prazo establecido é a seguinte:

a) Anexo II que figura nesta orde.

b) Formulario de candidatura Grundtvig 3.3. Mobilidade para os educadores de adultos, que se atopará nos lugares especificados no artigo 2º do capítulo II, por duplicado.

c) Documento acreditativo da identidade do solicitante.

d) Acreditación da competencia lingüística operativa na lingua de traballo do curso.

e) Proxecto sobre as estratexias para difundi-los resultados obtidos na actividade ou curso correspondente.

f) Declaración xurada de non ter recibido ningunha axuda comunitaria con anterioridade.

g) Se o candidato/a presta os seus servicios nunha organización privada, deberá presenta-los estatutos da organización e proba recente da súa existencia (último informe anual, certificado financeiro, etc.).

h) Documento que acredita a preinscrición no curso.

i) Relación numerada dos documentos que se achegan. Valorarase só o que se acredite documentalmente.

Artigo 7º.-Criterios de selección.

Tódalas solicitudes serán baremadas de acordo cos seguintes criterios:

1. Criterios prioritarios:

Terán prioridade as actividades que faciliten a asistencia a cursos desenvolvidos no marco de proxectos de cooperación europea financiados por Grundtvig 1, ou pola acción sobre educación de adultos da primeira fase de Sócrates. Sen embargo, tamén se pode solicita-la participación nun curso de formación que non pertenza a esta categoría. No caso de que así sexa, deberase demostrar na solicitude que o curso proposto:

a) Respecta os obxectivos xerais de Grundtvig 3.

b) Posúe dimensión europea, o que neste contexto significa que:

-Inclúe participantes de diferentes países europeos.

-Ten en conta as diferencias entre as culturas e as prácticas educativas dos participantes.

-Responde ás necesidades que non se poden satisfacer adecuadamente mediante cursos organizados nos países dos participantes.

c) É impartido por formadores con cualificacións e experiencias adecuadas.

d) Está baseado nun programa detallado que inclúe información sobre o material didáctico que se utilizará e sobre as actividades de seguimento previstas.

e) Inclúe, se é posible, un período de preparación e un seguimento posterior, ademais do curso como tal.

f) Presenta unha boa relación calidade-prezo.

2. Criterios adicionais:

-Adecuación e viabilidade do proxecto presentado para a difusión da experiencia: ata 5 puntos.

-Relación directa das funcións profesionais que realiza o candidato ou candidata co tema do curso solicitado: ata 4 puntos.

-Pertencer a un centro situado en zonas rurais ou desfavorecidas por diversas razóns socioeconómicas: 1 punto.

Artigo 8º.-Resolución da convocatoria.

A selección provisional de admitidos e excluídos coas puntuacións alcanzadas farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da data da súa publicación poderanse presentar reclamacións e renuncias.

Unha vez estudiadas e, se é o caso, admitidas as reclamacións e renuncias, a comisión seleccionadora elevará a proposta priorizada á Axencia Nacional Sócrates que, unha vez consultadas as axencias nacionais dos outros países implicados, fará unha relación definitiva de admitidos que será publicada no Diario Oficial de Galicia. A Axencia Nacional establecerá cos beneficiarios os correspondentes contratos financeiros.

Artigo 9º.-Obrigas dos beneficiarios.

Ademais das obrigas recollidas no preámbulo desta orde, os beneficiarios dun período de prácticas deberán realizar unha preparación previa no seu país de orixe e un período de prácticas, no que aplicarán os seus novos coñecementos e aptitudes, redactando un informe sobre os seus progresos, unha vez rematado o curso. Xeralmente, o formador encargarase de organizar estas importantes cuestións intrinsecamente ligadas ó propio curso, para o cal recorrerá a miúdo a métodos de aprendizaxe a distancia. Animarase ós formadores a crearen redes de estudiantes para favorece-lo estudio e o apoio mutuo.

Artigo 10º.-Avaliación e recoñecemento da actividade.

Para efectos de homologación dos certificados de participación, os beneficiarios deberán presentar na Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, no prazo de trinta días despois de remata-lo curso ou seminario, a seguinte documentación:

-O certificado expedido pola entidade organizadora do curso/actividade de formación, ou unha copia cotexada, na que deberán ser especificadas as horas de duración para a homologación, de acordo coa normativa vixente.

-Unha breve memoria pedagóxica describindo a actividade realizada.

-Copia do DNI.

Arión

Axudas para realizar visitas de estudio

para responsables de sistemas

educativos europeos

Artigo 1º.-Obxecto da convocatoria.

A acción Arión ten como obxectivo principal a realización de visitas transnacionais de estudio para o

intercambio de información e de experiencias educativas, co fin de que a diversidade e as particularidades dos seus sistemas educativos se convertan nunha fonte de enriquecemento e de estímulo recíproco. As visitas de estudio Arión facilitan o intercambio de información e experiencias entre responsables da toma de decisións en educación sobre temas de interese común nos ámbitos da educación primaria, secundaria, técnica e profesional. Estas visitas poderán ter un efecto multiplicador na comunidade educativa. A Comisión Europea publicará un catálogo de visitas Arión para o período comprendido entre o 1 de setembro de 2004 e xuño de 2005. Os solicitantes elixirán a visita de estudio que máis se adecúe á súa situación. A Comisión Europea reservará para si o dereito de introducir modificacións sobre as datas, o prezo e o obxecto das visitas, ata o momento da súa realización.

O catálogo estará á disposición dos interesados nos seguintes enderezos da Internet:

http://europa.eu.int./comm/education/socrates/arion/index.html

http://www.mec.es/sgpe/socrates

http://www.edu.xunta.es

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderán solicitar estas axudas os funcionarios en servicio activo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que realicen funcións de administradores da educación, inspectores, asesores técnico-docentes ou similar, e membros dos equipos directivos de centros escolares.

Todos eles vinculados profesionalmente a calquera dos ámbitos e niveis de ensino non universitarios.

Artigo 3º.-Requisitos dos beneficiarios.

1. Estar en servicio activo no momento de presenta-la solicitude.

2. Os candidatos deberán ter un bo coñecemento dunha das linguas de traballo da visita solicitada.

3. Non ter desfrutado dunha axuda do programa Sócrates (Comenius 2.2.C, Grundtvig 3 e Arión) nas tres últimas convocatorias.

4. Que o curso que se solicita teña relación co traballo que se desempeña.

5. As visitas de estudio que se realicen en España non poderán ser solicitadas por profesionais en activo que traballen no Estado español.

Artigo 4º.-Contía das axudas.

As axudas asinaranse para contribuír ós gastos da viaxe e estadía, ocasionados pola realización das visitas de estudio, dependendo da distancia entre o punto de orixe e o da visita que se vai efectuar e as dispoñibilidades orzamentarias. No caso de que os gastos totais fosen inferiores ó orzamento estimado, a subvención máxima limitarase ós gastos reais que poidan

ser subvencionados tal como se define na Guía do candidato. A subvención non poderá en ningún caso producir beneficios.

Artigo 5º.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ó da publicación desta orde, e rematará o 1 de abril de 2004.

Artigo 6º.-Documentación requirida.

Os solicitantes deberán cumbrir e enviar vía Internet o formulario electrónico de candidatura Sócrates/Arión, que estará dispoñible no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es. O formulario poderá ser modificado tódalas sesións que sexa necesario durante o período da convocatoria. Unha vez rematado, marcarase como finalizado e imprimirase o formulario definitivo.

A documentación que se debe presentar por correo no prazo establecido é a seguinte:

a) Anexo III que figura nesta orde.

b) Formulario de candidatura Visitas de estudio Arión. Presentaranse catro exemplares do formulario de solicitude, dous exemplares en castelán e outros dous en inglés, francés ou alemán.

c) Fotocopia do DNI.

d) Declaración sobre o coñecemento da lingua en que se realiza o seminario.

e) Certificación acreditativa do xefe inmediato superior ó do Servicio de Inspección sobre a relación entre o tema elixido e o perfil profesional do candidato ou candidata.

f) Aprobación da dirección ou persoa ou órgano do que dependa o/a solicitante, no que se faga consta-la conformidade da realización da actividade para a que se solicita a axuda.

g) Documento acreditativo do exercicio do cargo que ocupa o/a solicitante ou desde o que accede á citada axuda, con expresión do tempo de permanencia nel.

h) Declaración xurada de non ter participado no Programa Sócrates, Comenius 2.2.C, Grundtvig 3 ou Arión, nas tres últimas convocatorias.

i) Relación numerada dos documentos que achega.

Artigo 7º.-Criterios de selección.

As solicitudes presentadas serán avaliadas pola comisión en función dos criterios seguintes:

MéritosPuntosDocumentación

Relación directa das funcións profesionais que se desenvolven co tema das visitas solicitadasAta 2 puntosInforme da dirección do centro ou servicio de inspección

Relación directa con outros axentes do sistema educativo ós que difundi-la experienciaAta 2 puntosInforme da dirección do centro ou servicio de inspección

Proxecto relativo ás posibles estratexias para difundi-los resultados obtidos coa experiencia, máximo de dous foliosAta 2 puntosProxecto visado pola dirección do centro ou servicio de inspección

MéritosPuntosDocumentación

Coñecemento da lingua oficial do cursoAta 2 puntosCertificado acreditativo asinado pola autoridade ou institución competente

Coñecemento doutras linguas oficiais comunitariasAta 1 puntoCertificado acreditativo asinado pola autoridade ou institución competente

Participación en cursos de formación europeística, excepto a participación anterior na acción Arión; traballo sobre a dimensión europea da educación (proxectos, publicacións, etc.)Ata 1 puntoCertificado acreditativo asinado pola autoridade ou institución competente

Artigo 8º.-Resolución da convocatoria.

A selección provisional de admitidos e excluídos coas puntuacións alcanzadas farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da data da súa publicación, poderanse presentar reclamacións e renuncias.

Unha vez estudiadas e, se é o caso, admitidas as reclamacións e renuncias, a comisión seleccionadora elevará a proposta priorizada á Axencia Nacional Sócrates, que pola súa vez as remitirá á Comisión Europea en Bruxelas, a cal publicará a adscrición e lle notificará ó interesado, mediante unha carta de invitación formal e documentación sobre o país da visita, o tema elixido e o obxecto de estudio. Posteriormente, o país de acollida ampliará esa información poñéndose directamente en contacto cos interesados. A Axencia Nacional establecerá cos beneficiarios os correspondentes contratos financeiros.

No caso de que un candidato renuncie a esta concesión, deberá informar inmediatamente a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e a Comisión Europea, para efectos da súa substitución.

Artigo 9º.-Avaliación e recoñecemento da formación.

Para avaliar e acredita-la actividade, os beneficiarios terán que enviar á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, nun prazo non superior a trinta día despois de ter rematado a súa estadía noutro país, os seguintes documentos:

a) Informe persoal da visita resaltando os puntos máis destacables.

b) Copia do cuestionario de avaliación que a Oficina de Asistencia Técnica do Programa Sócrates en Bruselas enviará oportunamente ós participantes.

c) Fotocopia compulsada do certificado de asistencia onde se especifiquen as datas de realización da visita, o número de horas e a copia da memoria económica.

d) Fotocopia do DNI.

Unha vez rematada a visita, e logo de avaliación desta, poderase acreditar con trinta e cinco horas no caso dos participantes, e trinta horas no caso dos organizadores de visitas Arión en Galicia.