Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Mércores, 31 de decembro de 2003 Páx. 16.506

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2003, da Presidencia do Consello Consultivo de Galicia, pola que se fai público o acordo plenario polo que se establece o número, distribución de asuntos e composición das seccións do Consello Consultivo de Galicia para o ano 2004.

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 282/2003, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia esta presidencia

RESOLVE:

Facer público o acordo plenario do 17 de decembro de 2003 do Consello Consultivo de Galicia, polo que se establecen o número, distribución de asuntos e composición das seccións do devandito Consello Consultivo para 2004, do teor literal seguinte:

«Segundo o disposto nos artigos 15 e 16 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, de creación do Consello Consultivo de Galicia e nos artigos 16 e 18 do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 282/2003, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia na súa reunión do día 17 de decembro de 2003,

ACORDA:

1. Establece-lo número e composición das seccións do Consello Consultivo de Galicia en relación coas solicitudes de dictames correspondentes ó ano 2004 da forma seguinte:

Sección primeira:

Presidente: José Antonio García Caridad.

Vocais: Pablo Moure Mariño.

Antonio Carro Fernández-Valmayor.

José Luis de la Torre Nieto.

Secretaria: Mª José Quintana Acebo.

Sección segunda:

Presidente: José Mª Gómez y Díaz-Castroverde.

Vocais: Antonio Carro Fernández-Valmayor.

José Luis de la Torre Nieto.

Secretario: Constantino Alvarellos Galve

2. A distribución de asuntos entre elas efectuarase por quenda alternativa segundo a orde de entrada da solicitude de dictames.

3. Que, de acordo co parágrafo segundo do citado artigo 18, se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia».

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2003.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia