1. Entidade adxudicataria.
a) Organismo: Concello de Ames.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) É a execución da obra de saneamento, abastecemento e anulación de fosa séptica en Guimaráns (Bugallido).
b) División por lotes e número: non.
c) Lugar de execución: concello de Ames.
d) Prazo de execución: seis meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: varios criterios de adxudicación.
4. Orzamento base de licitación. Importe total (euros): 129.269,99 euros (109.550,84+19.719,15).
5. Garantía provisional: non se exixe.
Garantía definitiva: 5% do prezo de adxudicación, IVE excluído.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Ames.
b) Domicilio: praza do Concello, s/n, Bertamiráns.
c) Localidade e código postal: Ames (A Coruña) 15220.
d) Teléfono: 981 88 30 02.
e) Telefax: 981 88 39 25.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data de finalización de presentación de proposicións.
g) Documentación: poderanse obter copias do proxecto, así como dos pregos de cláusulas administrativas en Copy Estudio, Rúa Nova de Abaixo, número 19-21, local 2, Santiago de Compostela, teléfono: 981 59 33 85.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
Presentación de ofertas: os licitadores poderán presentar as proposicións no rexistro xeral do Concello de Ames, ata as 14.00 horas no prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ao a derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.
a) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Lugar de presentación: rexistro do Concello de Ames.
1) Entidade: Concello de Ames.
2) Domicilio: praza do Concello, s/n, Bertamiráns.
3) Localidade e código postal: Ames (A Coruña) 15220.
c) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: concello.
b) Domicilio: praza do Concello, s/n, Bertamiráns.
c) Localidade: Ames.
d) Data e hora: indicarase cunha antelación mínima de dous días hábiles no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do concello.
9. Gasto de anuncios. Importe máximo: 1.500 €.
10. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.concellodeames.org
Ames, 19 de abril de 2011.
Carlos A. Fernández Castro
Alcalde

