Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 6 de maio de 2011 Páx. 8116

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

EDICTO.

Rosario Cangado Civeira solicitou desta Alcaldía licenza municipal para ampliación de explotación de porcino, que se situará en Rañestras-Álceme.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de durante este tempo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP de Pontevedra e no DOG –que poidan examiar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se prentenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Rodeiro, 6 de abril de 2010.

José Benito Vence Deza
Alcalde