Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 64, do 31 de marzo de 2011, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 5.708, no artigo 4.1, onde di: “que se inclúe como anexo da Orde reguladora do 19 de setembro de 2008”, debe dicir: “que se inclúe como anexo da citada resolución”.
Xuntar á citada resolución o seguinte anexo I.
Como consecuencia do anterior, o prazo de presentación de solicitudes rematará logo do transcurso de dous meses contados dende o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes que se presentasen con anterioridade á publicación deste anuncio serán admitidas para a súa tramitación.

