Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 11 de maio de 2011 Páx. 9053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2011, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se lle dá publicidade á adxudicación do contrato da subministración para a adquisición de dous barcos de vela de clase olímpica Elliot 6M.

Para os efectos do previsto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, esta secretaría xeral dá publicidade á adxudicación do contrato da subministración para a adquisición de dous barcos de vela de clase olímpica Elliot 6M.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Presidencia da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral para o Deporte.

c) Enderezo da internet perfil contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=15247

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: contrato da subministración para a adquisición de dous barcos de vela de clase olímpica Elliot 6M.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG n.º 199, do 15 de outubro de 2010.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 95.000 €, IVE incluído.

5. Adxudicación:

a) Data: 11 de novembro de 2010.

b) Contratista: Lenam Vela Ligera, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 95.000 €, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2011.

Por desconcentración (Decreto 325/2009)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte