Por auto do Xulgado de Primeira Instancia número sete da Coruña ditado o 1 de febreiro de 2010, adxudícaselle ao IGVS a vivenda sita na rúa Lope de Vega, bloque 14, escaleira 2, baixo B, na urbanización Sol y Mar, en Arteixo (A Coruña).
Segundo acta de inspección atópanse no seu interior diferentes efectos, polo que, se requiren aquelas persoas que poidan ter dereito sobre os ditos mobles para que, unha vez acreditado, retiren os mesmos do inmoble no prazo de quince días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1 da Lei de axuizamento civil.
Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Area Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (edificio de servizos múltiples. Salvador de Madariaga s/n, A Coruña. Teléfono 981 18 48 01.
Expido, asino e selo este anuncio na Coruña, 1 de abril de 2011.
Rosa M.ª Gallego Neira
Xefa da Área Provincial da Coruña

