Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 11 de maio de 2011 Páx. 9059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 4 de abril de 2011, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores por infracción da normativa en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00546-O-2011 e outros seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa reguladora dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran quince días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, a súa contía reducirase nun 25% na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 4 de abril de 2011.

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data Hora

Estrada p.k.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción proposta

XC-00546-O-2011

8774-FWH

Garda Civil 1504 A-35144-Y

Traballos Agrarios Vilariño, S.L.

B15830607

O Campo, 2, Vitre

15686 Frades (A Coruña)

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta do condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista a obriga de levar no vehículo.

25-1-2011; 13.42; AP-9; 0067,000

Art. 140.24 LOTT Art. 197.24 ROTT

Art. 143.1.g LOTT

Art. 201.1.g ROTT

2.001 euros

XC-00572-O-2011

4303-CDX

Garda Civil 1503 N-41519-R

Transportes y Mudanzas Neno, S.L.

B36496669

Lg. Novás, 23

36418 O Porriño (Pontevedra)

Realizar transporte público de mercadorías nun vehículo lixeiro, sen autorización.

8-2-2011; 10.00; AP-9F; 25,200

Art. 141.31 en relación co art. 140.1.9 LOTT. Art. 198.31 en relación co art. 197.1.9

Art. 143.1.f LOTT Art. 201.1.f ROTT

1.501 euros

XC-00574-O-2011

7624-DSF

Garda Civil 1504 Z-27752-V

Transportes y Mudanzas Neno, S.L.

B36496669

Lg. Novás, 23

36418 O Porriño (Pontevedra)

Realizar transporte público de mercadorías nun vehículo lixeiro, sen autorización.

9-2-2011; 8.33; AP-9; 0079,500

Art.141.31 en relación co art. 140.1.9 LOTT. Art. 198.31 en relación co art. 197.1.9

Art. 143.1.f LOTT Art. 201.1.f ROTT

1.501 euros

XC-00582-O-2011

2484-GGD

Garda Civil 1500 D-64627-A

Jesús Francisco Meis Díaz

35453999M

Veiga Cima, Vilaboa 9

36600 Vilagarcía de Arousa

(Pontevedra)

Realizar transporte público de mercadorías nun vehículo lixeiro, sen autorización.

9-2-2011; 18.05; N-550; 0027,000

Art. 141.31 en relación co art. 140.1.9 LOTT. Art. 198.31 en relación co art.197.1.9

Art. 143.1.f LOTT Art. 201.1.f ROTT

1.501 euros

XC-00623-O-2011

3932-DDD

Garda Civil 1504 I-54077-K

José Antonio Paz Gómez

36097291X

Ánxel Fole, 9-2º-C

15679 Cambre (A Coruña)

Realizar transporte público de mercadorías nun vehículo lixeiro, sen autorización.

9-2-2011; 10.27; SC-20; 0001,200

Art. 141.31 en relación co art. 140.1.9 LOTT. Art. 198.31 en relación co art. 197.1.9

Art. 143.1.f LOTT Art. 201.1.f ROTT

1.501 euros

XC-00655-O-2011

8615-DZM

Garda Civil 1500 R-76589-W

Vázquez Vidal Construcciones, S.L.

B15840663

A Gramela 17 15010 A Coruña

Realizar transporte público de mercadorías nun vehículo lixeiro, sen autorización.

22-2-2011; 9.00; AC-214; 0007,000

Art. 140.1.9 LOTT Art. 197.1.9 ROTT

Art. 143.1.i LOTT Art. 201.1.i ROTT

4.601 euros

XC-00659-O-2011

C-8901-BD

Garda Civil 1502 V-87480-V

Vicente Suárez y Cía, S.L.

B36602209

Praza Compostela 25

36201 Vigo (Pontevedra)

Carecer do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

17-2-2011; 11.33; CP-5604; 0004,500

Art. 140.26.2 LOTT

Art. 197 ROTT

Art. 143.1.g LOTT Art. 201 ROTT

2.001 euros