José Antonio Pernas López, actuando en nome de Alansu Galicia, S.L. solicitoulle a esta Alcaldía licenza para un proxecto denominado Proxecto de instalación dun centro de transferencia e valorización de residuos no polígono industrial do Acevedo (Cerceda) (clave de MAS/56 2011).
Xa que esta solicitude cumpre o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese esta a información pública durante un prazo de 20 días co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar a poidan examinar na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.
Este prazo de 20 días comezará a contar a partir do día seguinte a que se publique este edicto no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.
Cerceda, 8 de abril de 2011.
José García Liñares
Alcalde

