Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9588

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 1 de abril de 2011, da Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal mediante nomeamento eventual de substitución, por concurso de méritos, unha praza reservada da categoría de facultativo especialista da Área de Cirurxía Xeral e Dixestiva.

A Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 95/2004, do 13 de maio (Diario Oficial de Galicia n.º 94, do 18 de maio), polo que se crea o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, e polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG n.º 119, do 19 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a vinculación temporal mediante nomeamento eventual de substitución, por concurso de méritos, dunha praza reservada de facultativo especialista da Área de Cirurxía Xeral e Dixestiva.

A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios do Servizo de Persoal do complexo hospitalario.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro do Complexo Hospitalario no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 1 de abril de 2011.

Francisco A. Soriano Paredes
Xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo