Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2011, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), pola que se anuncia a contratación do servizo de seguridade das instalacións do CIXTEC, polo procedemento aberto e con pluralidade de criterios (expediente 11-003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.

c) Número de expediente: 11-003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de seguridade das instalacións do CIXTEC.

b) Prazo de execución: doce (12) meses, contados desde a data de sinatura do correspondente contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

b) Forma: pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo de licitación:

Importe (sen IVE)

Importe IVE

Importe total

140.677,97 €

25.322,03 €

166.000,00 €

Distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2011: 75.542,14 €. IVE excluído.

Exercicio 2012: 65.135,83 €. IVE excluído.

5. Garantía provisional.

Non se exixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, n.º 9.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Clasificación exixida/solvencia.

–Empresas españolas:

Clasificación: grupo: M; subgrupo: 2; categoría: A.

–Empresas estranxeiras: véxase prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas:

1) Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.

2) Ofertas presentadas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX): o prazo de presentación rematará ás 24.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación a presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Documentación presentada en sobre pechado:

Entidade: CIXTEC.

Enderezo: rúa Domingo Fontán, n.º 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

2) Documentación presentada a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX): as ofertas deberán presentarse no Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX), accesible a través do portal http://www.xunta.es ou directamente no enderezo http://www.conselleriadefacenda.es/silex

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: CIXTEC.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, n.º 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:

–Data: o sexto (6º) día hábil, contado a partir do seguinte ao de remate de presentación de ofertas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

–Hora: 10.00 horas.

Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:

–Data: o décimo primeiro (11º) día hábil, contado a partir do seguinte ao de remate de presentación de ofertas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

–Hora: 10.00 horas.

10. Gastos de anuncios.

Os gastos de anuncios correrán a cargo do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 € por liña publicada no DOG.

11. Páxina web onde poden obterse os pregos: www.cixtec.es

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2011.

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable