Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 16 de maio de 2011 Páx. 9696

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2011 pola que se outorgan as distincións ao mérito deportivo de Galicia 2011.

Por Resolución do 28 de outubro de 2010 da Secretaría Xeral para o Deporte (Diario Oficial de Galicia do 4 de novembro) creáronse as distincións ao mérito deportivo de Galicia, premios que son concedidos en recoñecemento do labor ou traxectoria notoria e exemplar, no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos que estean contribuíndo ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da nosa comunidade autónoma.

Na referida resolución establécese que os galardóns serán outorgados anualmente e en número non limitado, por resolución do presidente da Xunta de Galicia, logo da proposta motivada do xurado cualificador.

En atención ó establecido, e logo da proposta motivada do xurado cualificador do 11 de maio,

DISPOÑO:

Único. A concesión das distincións ao mérito deportivo de Galicia, na súa edición 2011, ás seguintes persoas e entidades: Jesús González Margaride, Julia Vaquero Sousa, Luís Suárez Miramontes, Luís Gregorio Ramos Misioné, Marta Bobo Arce, Óscar Pereiro Sio, Ana Penas Balchada, Luís Otero Sánchez-Encinas (a título póstumo), Ramón Gil Sequeiro (a título póstumo), Genaro Borrás Sanjurjo (a título póstumo), Francisco Amoedo Martínez, Arsenio Iglesias Pardo, Jesús Carballo García, Claudina de Mena Rocha, Alfonso Ortega Casasnovas, Antonio Fraga Fernández, Manuel Iglesias «Zaragallas», Guillermo Touza Rodríguez, Manuel Camiña, Horacio Barros González, Juan Varela Portas (a título póstumo), José Ramón Varela Portas, Julio Fernández Pérez, irmáns Rodríguez (a título póstumo), familia Bouza Betríu, Rafael Olmedo Limeses, Santiago César Sanmamed Lora, Francisco Novoa Rodríguez, Antonio Prada Zorelle (a título póstumo), José Luis Torrado Casal, Antonio Santorio Otero (a título póstumo), Sergio Vázquez Gómez, INEF Galicia, Liceo Club Hockey, Real Club Náutico de Vigo, Real Club de Regatas Galicia, Novacaixagalicia e a Federación de Asociacións a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Fademga).

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2011.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente da Xunta de Galicia