Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. estrada de Catabois, n.º 739.
Situación: concello de Ferrol.
Características técnicas:
–Liña de media tensión aérea (L.M.T.A.) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 21 m, con orixe no apoio n.º 21 proxectado no tramo entre o C.T. Sanatorio Catabois (expediente 7306) e C.T. particular Pan Nosco, con conductor tipo LA-110/116,2 mm2, e final en apoio n.º 22 existente da L.M.T. SMR-711, tramo entre C.T. particular Pan Nosco e C.T. Muíño do Vento (expediente 11724).
–Liña de media tensión soterrada (L.M.T.S.) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 255 m, en condutor R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, con orixe en empalmes que se realizarán en L.M.T.S. SMR-711, entre o CT Sanatorio Catabois (expediente 7306) e o C.T. particular Pan Nosco, e final no paso aero-soterrado que se realizará no apoio n.º 21, proxectado na L.M.T.-SMR-711, entre o C.T. Sanatorio Catabois (expediente 7306) e o C.T. particular Pan Nosco, realizando entrada e saída no C.T. estrada Catabois, n.º 739 proxectado.
–Liña de media tensión soterrada (L.M.T.S.) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 110 m, con orixe en cela de liña do novo C.T. estrada de Catabois n.º 739 proxectado e final en empalmes que se realizarán na L.M.T.S. existente de alimentación ao C.T. particular Planta de residuos Rilo.
–Centro de transformación (C.T.) prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación 15.000/400-230 V, situado na estrada de Catabois, n.º 739, concello de Ferrol.
–Desmantelamento da L.M.T.-SMR-711, entre o C.T. Sanatorio Catabois (expediente 7306) e o C.T. particular Pan Nosco entre os apoios n.º 21 e 22.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, sito no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.
A Coruña, 5 de maio de 2011.
Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña

