Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 18 de maio de 2011 Páx. 9899

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (810/2010).

Neste órgano xudicial tramítase xuízo verbal 810/2010, seguido por instancia de Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., contra VER_PDF, no cal, por resolución da data, se acordou:

«Sentenza.

Na cidade de Santiago de Compostela o vinte e catro de febreiro de dous mil once.

Vistos por Margarita Isabel Poveda Bernal, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número un de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal n.º 180/2010 seguidos perante este xulgado entre partes; dunha, como demandante, Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., con procurador sr. García-Píccoli Atanes e letrado sr. Martínez Olivares Gómez, e doutra, como demandado, VER_PDF, en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido que estimando como estimo a demanda interposta por Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., con procurador sr. García-Piccoli Atanes, fronte a VER_PDF, en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno o demandado a pagarlle á demandante a cantidade de cincocentos oitenta e oito con cincuenta e nove euros (588,59 euros), con expresa imposición das custas procesuais causadas á parte demandada.

Únase esta sentenza ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado e expídase testemuño que se unirá aos autos a que se contrae.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña.

O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación, limitado a citar a resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna.

Deberá igualmente cumprirse o disposto no artigo 449.3 da Lei de axuizamento civil.

Publicación. A anterior sentenza foi dada, lida e publicada polo maxistrado xuíz que a ditou, estando celebrando audiencia pública no mesmo día da súa data, do que eu, a secretaria, dou fe.

En Santiago de Compostela o vinte e catro de marzo de dous mil once.

María Luisa Rodríguez Delgado
Secretaria xudicial