Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Enderezo social: praza da Constitución, 15270 – Cee (A Coruña).
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Barbeira II.
Situación: Santa Comba.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, de 437 m de lonxitude, en condutor LA-56, coa orixe na L.M.T.A. existente a C.T. Barbeira I e final no C.T. proxectado de Barbeira II, tipo aéreo de 100 kVA e acoplamento á rede de baixa tensión. Concello de Santa Comba.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presentar as súas alegacións nesta Xefatura Territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, s/nº, 15071-A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.
A Coruña, 31 de marzo de 2011.
Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expte. n.º: 98/11 Concello: Santa Comba Provincia: A Coruña
L.M.T., C.T. e R.B.T. Barbeira II
|
Apoio |
Afeccións |
|
N.º predio |
Lugar |
Cultivo |
Nome e apelidos Dirección |
N.º |
m2 |
ml aér. |
ml sub. |
m2 aér. |
m2 sub. |
|
6 |
O Sixto |
Labor |
– María del Carmen Álvarez Estévez R/ Covas n.º 10 – 2.º esqda. – 15002 A Coruña |
1/2 2 |
1.0 |
46.0 |
460.0 |
||
|
13 |
O Sixto |
Labor |
– Elisa Oreiro Oreiro R/ Cerro Ángeles n.º 36 – 1.º A – 28021 Madrid |
Centro transf. |
9.0 |
25.0 |
253.0 |

