Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 944/2010 por instancia de Javier Ramos Torreiro contra Montajes Herto, S.L., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 17 de febreiro de 2010 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
«Decido que, estimando a demanda interposta por Javier Ramos Terreiro contra a empresa Montajes Herto, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante, e a extinción da relación laboral, e condeno a demandada a que aboe ao demandante a cantidade de 11.058,67 euros en concepto de indemnización máis o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento, 6 de setembro de 2010, ata a deste auto, 17 de febreiro de 2011, conforme o salario regulador de 45,62 euros diarios.
Notifíqueselles esta resolución ás partes ás cales se lle fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade no número de conta 0030 1846 42 0005001274.
E, igualmente, deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 150,25 euros en concepto de depósito especial para interpoñer o recurso na conta 15340000064094410.
Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Montajes Herto, S.L., expido e asino esta na Coruña, o 18 de abril de 2011.
A secretaria xudicial
Rubricado

