Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 24 de maio de 2011 Páx. 11120

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2011, da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), pola que se anuncia a convocatoria pública de subvencións ás industrias culturais para o ano 2011.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5 da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo en que a Xunta de Galicia, coa participación necesaria dos sectores culturais implicados, centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo. A axencia substitúe o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (Igaem), creado pola Lei 4/1989, do 21 de abril, modificada posteriormente pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro. O obxectivo da axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singularizadores. A axencia pretende fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega e, pola súa vez, aumentar a exportación. Os destinatarios da axencia son as empresas culturais privadas dedicadas principalmente á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais incorporados en calquera clase de soporte, así como de espectáculos ao vivo.

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere fixar un novo marco de actuación baseado en tres premisas substanciais:

1. O incremento de público.

2. A consolidación de industrias culturais competitivas que xeren un retorno.

3. A busca da excelencia nos produtos culturais galegos.

Por todo isto, en consonancia cos seus obxectivos inmediatos, apróbase a convocatoria pública de subvencións ás industrias culturais para o exercicio 2011, de acordo coas seguintes bases:

CAPÍTULO I
Ámbito e réxime das subvencións

Primeira. Obxecto, finalidade, principios de xestión e ámbito de aplicación.

1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción das industrias culturais, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para este ano 2011.

2. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao Regulamento (CE) 1998/2006 relativo ás axudas de minimis (DOUE 28.12.2006), a Agadic deberá garantir que no caso de recibir o beneficiario outras axudas baixo este réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 € nun período de tres exercicios fiscais.

Este límite aplicarase independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido. O período determinarase tomando como referencia os dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fiscal en curso, de acordo co establecido no artigo 2 do citado regulamento.

No desenvolvemento desta resolución, aplicarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:

a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2011.

d) Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas da Administración pública galega.

E supletoriamente:

e) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que regula os requisitos de concesión e xustificación de subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico, que son de aplicación á normativa desta comunidade autónoma e, consecuentemente, a esta resolución de convocatoria.

f) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

g) Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. A xestión deste programa realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

Segunda. Beneficiarios.

1. Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, que cumpran os requisitos específicos que se sinalan nesta resolución para cada modalidade de subvención, así como os requisitos referidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo II desta convocatoria.

3. As entidades beneficiarias non poderán ter a consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 1 alínea h) do Regulamento (CE) n.º 1998/2006, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado, ás axudas de minimis.

CAPÍTULO II
Modalidades de axuda: normas xerais

Terceira. Réxime regulador, modalidades de axuda, imputación de créditos e contía de cada modalidade.

1. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase a través do réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos criterios de valoración fixados nesta convocatoria para cada tipo ou modalidade de axuda, coas excepcións establecidas nos capítulos respectivos das modalidades B e D, así como nas subvencións para a continuidade da actividade escénica (modalidade a.6), relativas ao procedemento recollido no artigo 19.2 da Lei de subvencións de Galicia.

2. As subvencións convocadas imputaranse con cargo ao crédito que se sinala, e a súa concesión estará suxeita á existencia de crédito axeitado e suficiente. O seu pagamento financiarase con cargo aos créditos das aplicacións orzamentarias que se determinen logo da aprobación dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o exercicio correspondente.

3. As modalidades de subvención que comprende esta convocatoria son as que seguen:

A. Subvencións á actividade escénica.

a.1. Subvencións a empresas de nova creación.

a.2. Subvencións á produción de espectáculos de pequeno formato.

a.3. Subvencións á produción de espectáculos de mediano formato.

a.4. Subvencións á produción de espectáculos de gran formato.

a.5. Subvencións á produción de espectáculos de novas tendencias, contemporáneos ou de autor.

a.6. Subvencións á continuidade a compañías que recibisen no ano 2010 axudas á produción nas modalidades a.1, a.2, a.3, a.4 e a.5, ou mediante convenio de subvención á produción de espectáculos de artes escénicas.

B. Programa Crédito-cultura.

C. Subvencións á produción e promoción de traballos discográficos.

D. Subvencións á distribución.

d.1. Subvencións á distribución exterior.

d.2. Subvencións para a asistencia a feiras e outras plataformas de distribución.

d.3. Subvencións á distribución de espectáculos en feiras.

E. Subvencións a salas de teatro e artes escénicas de titularidade privada.

F. Subvencións á mellora técnica de estudios de gravación e salas de música ao vivo.

4. O importe global máximo das subvencións anteriormente detalladas será de 1.370.000 euros (un millón trescentos setenta mil euros), suma que irá con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.A1.432B.770.0 (no suposto das modalidades A, C e F), 11.A1.432B.470.0 (no suposto das modalidades B, D e E) do exercicio de gastos da Agadic. Estas contías constitúen o importe global das aplicacións para o financiamento desta convocatoria de subvencións públicas.

5. O importe global máximo previsto no punto anterior distribuirase entre as referidas modalidades de subvención, asignándoselles as seguintes contías máximas:

A. Para as subvencións á actividade escénica, 850.000 euros.

O crédito máximo reservado para a modalidade a.6 é de 425.000 euros. O non adxudicado nesta modalidade destinarase ás modalidades a.1, a.2, a.3, a.4 e a.5.

B. Para o programa Crédito-cultura, 10.000 euros.

C. Para as subvencións á promoción e difusión de traballos discográficos, 80.000 euros.

D. Para as subvencións á distribución, 300.000 euros.

E. Para as subvencións a salas de teatro e artes escénicas privadas, 80.000 euros.

F. Para as subvencións á mellora técnica de estudios de gravación, e salas de música ao vivo, 50.000 euros, dos cales se destinarán 25.000 euros a cada unha das submodalidades.

6. Así, a distribución orzamentaria prevista será a seguinte:

Modalidade

Aplicación

2011

2012

A - Á actividade escénica. a.1-a.5

a.6. Á actividade escénica a.6

11.A1.432B.770.0

11.A1.432B.770.0

170.000

170.000

255.000

255.000

B - Programa Crédito-cultura

11.A1.432B.470.0

10.000

0

C- Produción e promoción de traballos discográficos

11.A1.432B.770.0

32.000

48.000

D - Á distribución

11.A1.432B.470.0

300.000

0

E - A salas de teatro e artes escénicas privadas

11.A1.432B.470.0

80.000

0

F.a. Mellora de estudios de gravación

F.b. Mellora de salas música ao vivo

11.A1.432B.770.0

11.A1.432B.770.0

10.000

10.000

15.000

15.000

7. Os importes previstos poderán ser incrementados ao longo do exercicio, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia, e tras declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda. Se é o caso, a ampliación de crédito deberase publicar nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver. A alteración da distribución establecida nesta convocatoria non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

CAPÍTULO III
Procedemento: solicitudes, valoración e xustificación

Cuarta. Inicio do procedemento: solicitudes e presentación das instancias.

1. As solicitudes de subvencións dirixiranse ao director da Agadic e deberanse axustar ao modelo publicado no anexo I desta resolución. Poderanse presentar nos servizos, rexistros e oficinas correspondentes da Comunidade Autónoma de Galicia, así como nos rexistros doutras administracións públicas, consonte o establecido no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Estas bases, así como as solicitudes e os anexos que se xuntan, estarán dispoñibles nas dependencias desta axencia e na súa páxina web, e tamén quedarán expostas no taboleiro de anuncios da Agadic e debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Quinta. Prazos para a instrución e tramitación das solicitudes.

1. O prazo para a presentación das solicitudes –sen prexuízo das especificidades propias previstas para as modalidades B e D– será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Se a solicitude non estiver debidamente cuberta, non se achegar a documentación exixida ou non se reuniren os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o interesado será requirido para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, indicándose ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita lei, segundo o previsto no artigo 71.

Sexta. Documentación xeral requirida aos solicitantes.

1. Ás solicitudes dos interesados xuntaranse os documentos e informacións previstos no parágrafo seguinte, salvo que a documentación exixida xa estea en poder da Agadic; neste caso, o solicitante poderase acoller ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, quedando eximido da súa presentación, sempre e cando así o faga constar e especifique a data e o órgano ou a procedencia en que foron presentados ou emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan; todo isto de conformidade co estipulado no artigo 20.3 da Lei de subvencións de Galicia.

2. Ademais da solicitude mencionada na base cuarta desta resolución, os interesados nestas subvencións presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación, mediante orixinal ou fotocopia compulsada ou debidamente autenticada:

a) Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

b) Se o solicitante é unha persoa xurídica, orixinal ou fotocopia compulsada ou cotexada do CIF ou documento equivalente, orixinal ou fotocopia compulsada ou cotexada dos estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda; e documentación que acredite de forma suficiente a representación e identidade de quen asina a solicitude, xunto co certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.

No suposto de se tratar de sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, deberán nomear un representante ou apoderado legal único da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación (deberán facer constar tal circunstancia tanto na solicitude como na aceptación da concesión da axuda, e deberán igualmente facer constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se lle aplicará a cada un).

Así mesmo, deberáselle exixir a este tipo de agrupacións sen personalidade xurídica propia o compromiso de non disolución destas durante todo o tempo que dure a actividade subvencionada, consonte o artigo 8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Declaración comprensiva de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das administracións públicas competentes ou doutros entes públicos, así como das axudas concedidas en réxime de minimis ou, de ser o caso, declaración de que non solicitou ou percibiu outros ingresos ou subvencións (anexo II).

d) Declaración de non ter a consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 1 alínea h) do Regulamento (CE) 1998/2006, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado, ás axudas de minimis.

e) Ficha de transferencia bancaria e/ou certificación da entidade financeira acreditativa de que o solicitante é titular da conta (anexo III).

f) Documentación específica para cada tipo ou modalidade de axuda a que se presenten as persoas interesadas, que se recollen nos capítulos seguintes desta convocatoria.

A documentación poderá ser entregada en soporte papel, CD-Rom ou en memoria USB. En calquera dos soportes que se presenten deberán figurar os mesmos ficheiros e con igual contido. Todos os ficheiros deberán incorporar un índice do seu contido. Os formatos dos ficheiros poderán ser PDF, ou Excel. Se se inclúen ficheiros con fotografías ou debuxos, serán en formato JPG.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención por parte do interesado comportará a autorización automática á Agadic para que esta poida solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de economía e facenda da Xunta de Galicia. Porén, o solicitante poderá denegar expresamente tal consentimento mediante escrito presentado ante o órgano xestor e, neste caso, deberá presentar os certificados indicados nos termos previstos regulamentariamente.

4. O/A solicitante dará o seu consentimento expreso para a comprobación telemática do DNI ante o Ministerio da Presidencia segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización dos medios electrónicos. No caso de que o solicitante non queira autorizar a Agadic para obter os datos do seu DNI, terá que achegar a copia deste xunto co resto da documentación.

Sétima. Procedemento de concesión das subvencións: instrución e competencia para a avaliación das solicitudes.

1. A Dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e corresponderalle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

a) Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

b) Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resulte de obrigado cumprimento.

c) Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir información complementaria aos interesados, así como a outros servizos da Consellería de Cultura e Turismo, ou aos profesionais ou expertos consultados. En todo caso, a Dirección da Agadic poderá requirir os solicitantes para que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e seguimento do expediente respectivo poderán comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levará a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que deriven destas bases. Para estes efectos, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención. Para realizar estas funcións, poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Dirección da Agadic para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta resolución e na restante normativa vixente que resulte de aplicación.

3. Para a concesión das subvencións nas súas distintas modalidades e variedades, serán tidos en consideración os criterios e puntuacións que se relacionan e prevén nos capítulos V e seguintes desta resolución, para cada tipo ou modalidade de subvención.

4. As comisións de valoración a que se refire a cláusula seguinte examinarán os proxectos, tendo en conta os criterios de valoración que en cada modalidade se especifican nos citados capítulos desta normativa. Así mesmo, elaborarán un informe preceptivo, que non será vinculante, relacionando os proxectos examinados por orde de prelación.

5. Unha vez entregado o informe preceptivo por parte da comisión de valoración, a Dirección da Agadic elaborará a proposta de resolución, indicando o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas.

6. Malia o disposto, e para o suposto das modalidades B e D, así como nas subvencións para a continuidade da actividade escénica (modalidade a.6), tramitarase mediante un procedemento abreviado en que o informe e a proposta de resolución serán efectuados nun único acto pola dirección da axencia, elevándose á Presidencia da Agadic para a súa aprobación posterior, consonte o procedemento previsto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes de subvencións nestas modalidades examinaranse, e serán outorgadas, sempre que cumpran os requisitos exixidos nesta convocatoria, por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no Rexistro da Agadic.

No suposto das modalidades B e D, ao se tratar dunha convocatoria aberta ao longo do ano que dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, a Agadic publicará no DOG o esgotamento da partida orzamentaria asignada, así como a inadmisión de ulteriores solicitudes destinadas a participar dos subtipos de subvención indicados. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario, non serán outorgadas novas subvencións a estas modalidades, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia.

Oitava. Comisións de valoración.

1. Para a avaliación das solicitudes presentadas constituirase unha comisión de valoración (ou comisión avaliadora), da cal non poderán formar parte aquelas persoas que estean directa ou indirectamente relacionadas cos expedientes obxecto de valoración. Tanto esta comisión como o órgano instrutor especificado na base anterior poderán solicitar dos interesados cantos datos e acreditacións xulguen necesarios para unha máis correcta baremación dos proxectos.

2. Existirán dúas comisións de valoración: unha para as modalidades A e E e outra para as modalidades C e F.

Todas as comisións estarán integradas polo director da Agadic –ou persoa en que este delegue– como presidente da comisión, por un membro do cadro de persoal da Agadic (que exercerá as funcións de secretario da comisión, con voz e sen voto) e polos vogais establecidos no parágrafo seguinte para as distintas modalidades.

3. Os vogais das distintas comisións de valoración serán os seguintes:

a) Modalidade A e E:

-Tres expertos externos, nomeados pola Dirección da Agadic de entre persoas de recoñecido prestixio no mundo das artes escénicas –ámbito teatral e/ou coreográfico– en Galicia, por proposta das entidades máis representativas do sector.

-Dous técnicos integrantes do cadro de persoal da Agadic, dos grupos I e/ou II.

b) Modalidade C e F:

-Tres expertos externos, nomeados pola Dirección da Agadic de entre persoas de recoñecido prestixio no mundo da música en Galicia, por proposta das entidades máis representativas do sector.

-Un técnico integrante do cadro de persoal da Agadic, dos grupos I e/ou II.

4. A condición de vogal da comisión ten carácter persoal, e non pode actuar por delegación nin ser substituído en ningún caso.

5. A comisión de valoración avaliará as solicitudes consonte os criterios de valoración establecidos nestas bases para cada tipo e modalidade de subvención nas cláusulas que se detallan a seguir, emitirá un informe en que se citarán os proxectos examinados por orde de prelación e indicará a puntuación asignada a cada un deles.

Novena. Resolución da convocatoria.

1. Unha vez cumprido o disposto nas cláusulas anteriores, o órgano instrutor, á vista do expediente, da documentación requirida e do informe da comisión avaliadora, ditará a proposta de resolución correspondente, indicando o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas, que elevará á Presidencia da Agadic.

2. A Presidencia da Agadic, como órgano xerárquico superior responsable da resolución definitiva da convocatoria de subvencións, deberá ditar resolución expresa, no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución. A citada resolución deberase ditar e notificar no prazo máximo de nove meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública, será motivada e fará mención expresa dos beneficiarios, da contía da axuda e dunha desestimación xeneralizada do resto dos proxectos solicitantes.

A súa notificación ás persoas adxudicatarias da subvención cursarase no prazo dos 10 días hábiles seguintes ao da súa adopción. Transcorrido o prazo máximo previsto para resolver o procedemento sen que se ditase ou publicase resolución expresa, poderase entender que esta é desestimatoria por silencio administrativo da solicitude de concesión da subvención.

3. A resolución da convocatoria porá fin á vía administrativa e contra ela poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Presidencia do Consello de Dirección da Agadic, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Décima. Pagamento e xustificación. Documentación requirida.

1. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acreditase que a actividade foi executada de acordo co programa e/ou proxecto presentados e se xustifique correctamente o seu emprego, todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos anticipados.

2. A Agadic –consonte as previsións estipuladas no artigo 31.6 da Lei de subvencións de Galicia– aboará á conta da subvención, para as modalidades A, C e F o 40% do importe total concedido, e para as modalidades B, D e E, ata o máximo do 80% do importe concedido, sempre que se respecten os límites dos artigos 62 e 63 do Decreto 11/2009, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á actividade subvencionada, e logo da presentación de certificación do inicio dos traballos, e das declaracións de axudas previstas en cada unha das modalidades. O importe restante aboarase despois de que o beneficiario acredite o cumprimento total das obrigas establecidas nestas bases.

3. Os beneficiarios que reciban pagamentos á conta, cando estes excedan a cantidade de 18.000 euros, deberán constituír unha garantía, mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá cubrir o 110% do importe do pagamento, e deberá alcanzar como mínimo ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación. Quedan exonerados da constitución de garantía os beneficiarios e nos casos establecidos no artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O prazo de xustificación da subvención percibida rematará nos períodos expresamente previstos nos capítulos seguintes para cada modalidade. Transcorrido o prazo de xustificación sen que se presente esta ante a Agadic, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de xustificación neste prazo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

O pagamento da subvención realizarase unha vez comprobado pola Agadic a xustificación presentada polo beneficiario, a realización da actividade, e o cumprimento dos demais requisitos fixados. O pagamento realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada, calculado en función da porcentaxe subvencionada do custo final da actividade.

Así mesmo, a documentación específica requirida para o aboamento de cada modalidade ou submodalidade de subvención, e que deberá presentar a persoa beneficiaria, será a recollida nos capítulos V e seguintes desta resolución.

5. Cando concorran varias subvencións solicitadas e concedidas ao mesmo beneficiario e polo mesmo órgano concedente, só será necesario que presente dunha soa vez a documentación que resulte coincidente, tanto na fase de solicitude (prevista nas cláusulas cuarta a sexta destas bases) como na de xustificación do pagamento, e o beneficiario deberá poñelo de manifesto en cada un dos expedientes.

6. Non se poderá realizar en ningún caso o pagamento da subvención outorgada en canto o beneficiario non figure ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e da Seguridade Social, sexa debedor en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha outra débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega, estando autorizada a Agadic (consonte o previsto na cláusula 6.ª, parágrafo 3 desta resolución) para proceder á comprobación e conseguinte verificación destes datos.

7. Será requisito necesario para o pagamento da subvención outorgada a entrega dunha declaración complementaria do establecido na base sexta, 2.d), do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, así como das axudas concedidas en réxime de minimis pola entidade beneficiaria nos tres últimos anos.

8. Igualmente, será requisito necesario para o pagamento da subvención outorgada a xustificación e o debido cumprimento da totalidade das obrigas económicas e de actividades correspondentes ás subvencións que fosen concedidas pola Agadic durante o exercicio 2010.

CAPÍTULO IV
Incompatibilidades e obrigas

Décimo primeira. Obrigas dos beneficiarios.

1. Os beneficiarios destas axudas adquiren as obrigas que se reflicten nesta resolución e no resto da normativa de aplicación e, con carácter xeral, as que se relacionan a continuación:

a) Comunicarlle á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen que se comunique esta aceptación ou sen que se produza manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada.

b) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención –de acordo co programa ou proxecto presentado– durante o tempo máximo que se estableza e, en todo caso, antes da fin do prazo límite para a súa xustificación.

c) Xustificar o gasto da actividade subvencionada nos termos establecidos nos puntos ulteriores para cada modalidade.

d) Someterse ás actuacións de comprobación, control e inspección que efectúe o órgano concedente e ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas ou a outros órganos da Administración estatal ou da Unión Europea, aos cales se lles facilitará canta información lles sexa requirida para este efecto, todo isto de conformidade co disposto na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia e demais normativa regulamentaria de desenvolvemento.

e) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, ingresos, axudas ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións públicas ou entes públicos autonómicos, nacionais ou internacionais, así como calquera outra modificación das circunstancias que no seu día foron tidas en conta para a súa concesión, e dos compromisos e obrigas asumidos polos beneficiarios. Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

f) Os beneficiarios terán a obriga de dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento dos programas, actividades, investimentos ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvención mediante a incorporación de forma visible nos materiais que se utilicen para a súa difusión do logotipo da Agadic, coa súa adscrición á Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, respectando as súas normas de identidade corporativa, inseríndoo nun lugar preferente ou, cando menos, en igualdade de condicións que a entidade subvencionada.

g) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario para cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos lle sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control, que poderán ser solicitados pola Agadic para a comprobación das xustificacións das axudas recibidas.

h) Conservar os documentos xustificativos de aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control previstas na alínea e) deste punto e de conformidade co procedemento recollido nos artigos 23 e concordantes da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

i) Aqueloutras obrigas establecidas nos artigos 11 e concordantes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O incumprimento dos anteriores deberes previstos e obrigas por parte dos adxudicatarios dará lugar á exixencia das responsabilidades ou sancións previstas no título IV da indicada Lei galega 9/2007, sen prexuízo do disposto nas cláusulas 12.ª á 14.ª destas bases.

Décimo segunda. Revogación e reintegro das subvencións.

1. Procederá a nulidade e revogación das subvencións concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia do xuro de mora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos supostos de incumprimento das obrigas anteriormente sinaladas, nos casos e termos establecidos nos artigos 32 e 33 da Lei de subvencións de Galicia, e na normativa de desenvolvemento da dita disposición legal, e en particular polo incumprimento de calquera dos requisitos e obrigas estipulados nesta convocatoria pública.

2. O reintegro do importe percibido, cando proceda, rexerase polo procedemento establecido no artigo 38 e título VI da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como polo título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Décimo terceira. Incompatibilidades e concorrencia doutras axudas.

1. O importe das subvencións reguladas nesta resolución en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas ou patrocinios concedidos por outras administracións públicas ou entes públicos, autonómicos, nacionais ou internacionais, superen o 100% do custo da actividade subvencionada que desenvolverá o beneficiario, isto sen prexuízo das particularidades e especificidades previstas para cada tipo ou modalidade de axuda, previstas nas cláusulas que seguen.

2. Non se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de subvención previstos nestas bases. Así mesmo, os gastos subvencionados non poderán servir como xustificación a subvencións de distintas convocatorias ou que afecten a varios exercicios económicos, salvo nos casos expresamente previstos nestas bases.

3. Cando os proxectos, actuacións ou actividades obxecto de subvención fosen financiados, ademais, con fondos propios ou con outras subvencións ou recursos, deberase acreditar na xustificación que se achegue o importe, a procedencia e a aplicación de tales fondos ás actividades subvencionadas.

4. Do mesmo xeito, e segundo as previsións contidas no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 43 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións de Galicia, o beneficiario dunha subvención da Agadic unicamente poderá subcontratar total ou parcialmente a actividade subvencionada ata o 50% do seu importe, e en ningún caso poderá subcontratar unha única persoa física ou xurídica por máis do 25% do importe total da subvención outorgada, nin tampouco se poderán subcontratar as actividades que, aumentando o custo do proxecto subvencionado, non acheguen valor engadido ao seu contido. Ao non regulado pola presente cláusula seralle de aplicación o artigo 27 da Lei 9/2007.

Décimo cuarta. Modificación da resolución de concesión.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente doutras subvencións, axudas ou recursos –ou doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras–, poderá dar lugar á modificación da resolución inicial de concesión e, eventualmente, á súa revogación nos termos establecidos na súa normativa reguladora, e en tal caso a Agadic poderá proceder á reclamación e conseguinte reintegro, total ou parcial, da suma concedida á compañía adxudicataria nos termos anteriormente estipulados.

2. Da mesma forma, procederá o dito reintegro total ou parcial nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como polo título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

CAPÍTULO V
Axudas á actividade escénica

1. Finalidade da concesión: fomentar a actividade escénica, en calquera das súas modalidades e disciplinas artísticas, por parte de compañías profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Modalidades de subvención á actividade escénica:

A. Subvencións á actividade escénica.

a.1. Subvencións a empresas de nova creación.

a.2. Subvencións á produción de espectáculos de pequeno formato, que son aqueles compostos por un máximo de tres actores, actores-manipuladores, bailaríns ou músicos en escena.

a.3. Subvencións á produción de espectáculos de mediano formato, que son aqueles compostos por entre catro e sete actores, actores-manipuladores, bailaríns ou músicos en escena.

a.4. Subvencións á produción de espectáculos de gran formato, que son aqueles compostos por máis de sete actores, actores-manipuladores, bailaríns ou músicos en escena.

a.5. Subvencións á produción de espectáculos de novas tendencias, contemporáneos ou de autor.

a.6. Subvencións á continuidade a compañías das modalidades a.1, a.2, a.3, a.4 e a.5, ou compañías subvencionadas mediante convenio a produción de espectáculos de artes escénicas.

Esta opción só será admisible para aqueles solicitantes que fosen xa beneficiarios de subvencións á actividade escénica no exercicio 2010 (nova creación ou nova produción, ou convenio), na mesma modalidade, ou ben que, tendo presentado solicitude de subvención á actividade escénica no anterior exercicio e resultando esta denegatoria, producisen igualmente o espectáculo, cun orzamento non inferior aos 25.000 euros nin tampouco de contía inferior ao 50% do importe do proxecto presentado, no seu día, xunto coa ficha de produción.

3. Beneficiarios. Requisitos:

Os beneficiarios destas subvencións poderán ser aquelas persoas, físicas ou xurídicas, dedicadas profesionalmente á actividade escénica, con domicilio, sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia, quedando exceptuadas as asociacións e restantes entidades sen fins de lucro. Para os efectos desta convocatoria de axudas, terán a consideración de actividade escénica o teatro de actor, teatro de monicreques, o circo, a danza, a maxia e a lírica. Os requisitos xerais para os tipos ou variantes de subvención son:

–Acreditación da dedicación profesional á actividade teatral, da danza ou da maxia. No caso de sociedades, ter social ou estatutariamente como obxecto social o desenvolvemento de actividades de artes escénicas.

–Estar dado de alta no imposto de actividades económicas na epígrafe ou subepígrafe correspondente, no exercicio económico 2011.

–Domicilio, sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

No suposto da modalidade a.1 (empresas de nova creación), ademais dos requisitos anteriores, é preciso que a antigüidade da compañía non sexa superior aos cinco anos. Para estes efectos, a constitución e antigüidade da compañía contabilizarase desde a data da alta no IAE, na actividade de produción ou distribución de espectáculos de artes escénicas.

4. Contía das subvencións e límites máximos:

a) Orzamento máximo.

Só se admitirán orzamentos que non superen as seguintes contías:

–Proxectos presentados por empresas de nova creación (a.1): 15.000 euros.

–Proxectos presentados para espectáculos de pequeno formato (a.2): 40.000 euros.

–Proxectos presentados para espectáculos de mediano formato (a.3): 80.000 euros.

–Proxectos presentados para espectáculos de gran formato (a.4): 100.000 euros.

–Proxectos presentados para espectáculos de novas tendencias, contemporáneos ou de autor (a.5): 30.000 euros.

A axuda nas modalidades a.1, a.2, a.3, a.4 e a.5 subvencionará estritamente os gastos da fase de produción dos espectáculos, é dicir, aqueles xerados ata a data da estrea.

b) Determinación da contía no suposto de subvencións nas modalidades a.1, a.2, a.3, a.4 e a.5.

En función da puntuación obtida tras aplicar os criterios de valoración e baremación establecidos na cláusula 5.ª deste capítulo, ordenaranse os solicitantes pola puntuación obtida de maior a menor, por modalidades.

Aquelas que obteñan a maior puntuación, dentro de cada modalidade, conseguirán o total do orzamento solicitado, co seguinte límite fixado:

Ata o 90% na modalidade a.1 e ata o 75% para a.2, a.3, a.4 e a.5.

Ao resto dos solicitantes asignarase a contía mediante un sistema proporcional aos puntos recibidos, con respecto á puntuación máxima recibida en cada unha das modalidades, e respectando os mesmos límites.

c) Determinación da contía nas subvencións para a continuidade da actividade escénica:

–Para as axudas á continuidade a compañías das modalidades a.1, a.2, a.3, a.4 e a.5: o 65% da subvención concedida no exercicio anterior.

No caso de espectáculos que fosen producidos pero non subvencionados durante o ano inmediatamente anterior, o importe da subvención determinarase mediante a aplicación do 50% sobre o orzamento executado no exercicio anterior:

Terá a consideración de orzamento executado no exercicio anterior o gasto de produción do espectáculo contabilizado desde o 1 de xaneiro de 2010 ata a data da estrea, co límite do 31 de decembro de 2010. Para o cómputo do gasto, serán de aplicación os límites orzamentarios e as exclusións establecidas nesta convocatoria.

d) No momento de adxudicación da subvención, a entidade beneficiaria deberalle remitir á Agadic (ademais da declaración de aceptación da subvención nos termos establecidos na cláusula 11.ª, punto 1.a) desta convocatoria) a ficha de produción (anexo IV) e o plan económico financeiro (anexo VIII), adaptados á subvención concedida. A dita documentación deberase remitir no prazo máximo dun mes, contado desde a notificación da resolución de concesión.

5. Criterios de valoración e baremación:

A valoración das solicitudes presentadas realizarase de acordo cos seguintes criterios, separadamente para cada unha das modalidades:

a) Subvencións á continuidade a compañías (a.6): nesta modalidade de subvencións a concesión será automática, sempre que se cumpran todos os requisitos exixidos nesta resolución de convocatoria.

b) Criterios xerais de baremación das modalidades a.1, a.2, a.3, a.4 e a.5.

b.1) Valoración da empresa: 25 puntos.

b.1.1) Facturación media da empresa dos últimos tres anos: 6 puntos.

–Máis de 250.000 euros: 6 puntos.

–Entre 200.000 e 250.000 euros: 4 puntos.

–Entre 150.000 e 200.000 euros: 3 puntos.

–Entre 100.000 e 150.000 euros: 2 puntos.

–Entre 50.000 e 100.000 euros: 1 punto.

b.1.2) Porcentaxe mínima da subvención solicitada, sobre o orzamento do proxecto: 6 puntos.

–80%: 1 punto.

–75%: 2 puntos.

–70%: 3 puntos.

–65%: 4 puntos.

–60%: 5 puntos.

–55%: 6 puntos.

b.1.3) Antigüidade da empresa: 3 puntos (cálculo efectuado sobre a data de alta no IAE na epígrafe correspondente e o rexistro das escrituras de constitución da empresa).

–Por tres anos: 1 punto.

–Por cinco anos: 2 puntos.

–Por oito ou mais anos: 3 puntos.

b.1.4) Nivel de contratación de persoal: 8 puntos (cálculo realizado sobre a media do importe das cotizacións á Seguridade Social da empresa –socios traballadores e contratados laborais– nos últimos tres anos naturais (2008-2009-2010), na rama de actividade de produción de espectáculos de artes escénicas).

–Máis de 2.000 euros: 1 punto.

–Máis de 5.000 euros: 2 puntos.

–Máis de 10.000 euros: 3 puntos.

–Máis de 15.000 euros: 4 puntos.

–Máis de 18.000 euros: 6 puntos.

–Máis de 20.000 euros: 7 puntos.

–Máis de 22.000 euros: 8 puntos.

b.1.5) Premios á excelencia, premios artísticos e outros premios outorgados a espectáculos da compañía, que consten na documentación debidamente acreditados, a excepción dos referidos aos autores do texto: 2 puntos.

–0,5 puntos por premio presentado ata un máximo de 2 puntos.

b.2) Capacidade de produción e distribución: 30 puntos.

b.2.1) Nivel de produción: 11 puntos.

1 punto por espectáculo producido, durante os últimos tres anos (2008-2010), dun mínimo de 35 minutos de duración, con máis de 10 representacións realizadas.

b.2.2) Nivel de distribución: 15 puntos.

Media anual de funcións distribuídas nos últimos tres anos (2008-2010). Terán a consideración de funcións aquelas que supoñan unha contraprestación económica e unha duración mínima de 35 minutos. Para a contabilización das funcións realizadas de cada espectáculo, aplicarase a seguinte dobre ponderación:

–Ponderación 1: funcións realizadas fóra de Galicia: 1,5; funcións realizadas nos espazos escénicos de Galicia: 1; funcións realizadas nos espazos escénicos integrantes da Rede Galega de Salas: 0,75.

–Ponderación 2: caché ata 1.500 € x 0,65; caché entre 1.501 e 2.500 euros x 1; caché entre 2.501 e 4.500 euros x 1,5; caché superior a 4.500 euros x 2.

–Entre 10 e 20 funcións: 2 puntos.

–Entre 21 e 30 funcións: 4 puntos.

–Entre 31 e 40 funcións: 6 puntos.

–Entre 41 e 50 funcións: 10 puntos.

–Entre 51 e 60 funcións: 12 puntos.

–Máis de 60 funcións: 15 puntos.

b.2.3) Nivel de asistencia de público: 7 puntos.

Calcularase a asistencia anual aos espectáculos RGTA durante os anos 2008, 2009, 2010; así mesmo, teranse en conta aquelas funcións non realizadas na RGTA que poidan demostrar, de forma que faga fe, o dato de asistencia de público. Só se terán en conta as funcións que consten, debidamente acreditadas, e incluídas na relación de certificados do anexo correspondente.

Media anual de espectadores de: máis de 6.000 espectadores por ano: 7 puntos.

–Entre 5.001 a 6.000: 5 puntos.

–Entre 4.001 a 5.000: 4 puntos.

–Entre 3.001 a 4.000: 3 puntos.

–Entre 2.001 a 3.000: 2 puntos.

–Entre 1.001 e 2.000: 1 punto.

b.3) Valor da nova produción. Máximo 45 puntos.

b.3.1) Memoria de dirección: 7 puntos (valoración dada pola comisión nunha escala do 0 ao 7).

b.3.2) Autoría do texto: máximo 9 puntos.

–Obra orixinal (non adaptación) de autor galego vivo con obra estreada, publicada ou premiada: 9 puntos.

–Obra doutros autores galegos ou creación colectiva de autores galegos: 5 puntos.

–Dramaturxia universal: 3 puntos.

A consideración de obra orixinal estará suxeita ao rexistro dos dereitos de autor. O rexistro deberá ser efectivo con anterioridade ao cobramento da subvención.

b.3.3) Dirección artística. Máximo 10 puntos.

b.3.3.1) Fomento da dirección feminina: 2 puntos (asignación de 2 puntos no caso de que a dirección corresponda a unha muller).

b.3.3.2) Traxectoria profesional:

–0,5 puntos por cada premio á dirección, cun máximo de 2 puntos.

–0,5 puntos por cada montaxe profesional ata un máximo de 8 puntos.

–1 punto pola titulación oficial de arte dramática e outras artes escénicas e musicais.

–0,5 puntos por outras titulacións oficiais relacionadas coas artes escénicas e musicais.

Cando a dirección do espectáculo sexa compartida, terase en conta a puntuación do director ou directora con máis puntuación global.

b.3.4) Elenco artístico. Máximo 15 puntos.

–1 punto pola titulación oficial de arte dramática e outras artes escénicas e musicais ata un máximo de 5 puntos.

–0,5 puntos por cada premio presentado de forma individual ata un máximo de 5 puntos.

–Currículo do elenco (máximo de 10 puntos). 0,5 puntos por cada montaxe profesional de artes escénicas e musicais.

–A puntuación global calcularase mediante a suma das puntuacións parciais dos actores, dos manipuladores, dos bailaríns e dos músicos de escena, co límite máximo de 15 puntos.

Os actores/manipuladores/bailaríns/músicos e directores non poderán participar simultaneamente en máis de tres proxectos subvencionados.

b.3.5) Investimento en promoción e publicidade. Máximo 4 puntos.

Investimento en medios de comunicación, cartelaría, páxina web específica do proxecto, folletos, vídeos e aquelas accións promocionais que fagan máis visible a nova produción.

–Ata o 6% do orzamento do proxecto: 1 punto.

–Mais do 6% e ata o 10% do orzamento do proxecto: 2 puntos.

–Máis do 10% e ata o 15% do orzamento do proxecto: 3 puntos.

–Máis do 15% do orzamento do proxecto: 4 puntos.

b.4) Puntuación adicional á produción de obras con premios.

As compañías que presenten para a súa produción textos ou coreografías premiadas pola Agadic (non estreados con anterioridade) recibirán 9 puntos adicionais.

–Obras con outros premios: ata 2 puntos adicionais.

0,5 puntos por premio presentado.

6. Coproducións e unións temporais de empresas (UTE):

Os proxectos á actividade escénica poderán ser presentados de forma conxunta por dúas ou máis compañías. A colaboración entre as compañías poderá adoptar a fórmula de contrato privado ou ben de unión temporal de empresas. Nos proxectos conxuntos, a valoración de cada unha das epígrafes do baremo será a superior de entre as que acrediten as compañías. Ademais, os proxectos conxuntos recibirán 7 puntos adicionais.

Cando a solicitude sexa presentada por unha unión temporal de empresas, o requisito de domicilio ou sede social na Comunidade Autónoma de Galicia considerarase cumprido cando unha das empresas integradas nela o cumpra. Neste caso, a subvención concedida poderá ser executada pola empresa con domicilio ou sede social na comunidade autónoma ou pola propia UTE.

O cálculo dos ingresos totais da empresa realizarase mediante a suma dos ingresos anuais de cada unha das compañías. Nos proxectos conxuntos, cada unha das compañías deberá executar unha porcentaxe non inferior ao 35% do orzamento.

En calquera caso, polo menos un 70% do importe da subvención deberá corresponder a gastos efectuados na comunidade autónoma.

7. Continuidade empresarial:

Cando unha compañía estea formada pola fusión, escisión ou cambio de forma xurídica ou razón social dunha ou de varias compañías preexistentes, recoñeceráselle a traxectoria anterior destas para os efectos de baremación. No suposto de escisión, o recoñecemento serao pola parte proporcional que corresponda á parte escindida integrada na nova sociedade. No caso de que unha das partes escindidas non exerza actividade empresarial demostrada, a outra parte acumulará toda a traxectoria.

8. Documentación específica requirida aos solicitantes destas modalidades:

a) Modalidades a.1, a.2, a.3, a.4 e a.5:

–Memoria da dirección (entre 4 e 15 follas, tamaño A4 e sen encadernar).

–Historial profesional do elenco artístico da compañía (anexo VII). Só se terán en conta os méritos que acompañen a debida acreditación.

–Memoria das actividades realizadas pola compañía, xunto coa documentación acreditativa das actividades recollidas nela (anexo VI).

–Plan de promoción e distribución (anexo IX).

–Compromiso de contratación dos integrantes do elenco artístico, asinado tanto pola empresa como polo traballador, coa declaración expresa de non participación en máis de tres proxectos escénicos e referidos os salarios ao convenio en vigor (anexo XIII).

–Certificación acreditativa da titularidade dos dereitos de autor. Nun primeiro momento (e durante o trámite de presentación da solicitude da subvención), poderase achegar unicamente a acreditación da súa solicitude. Non obstante, a dita titularidade deberase acreditar con anterioridade ao aboamento da subvención.

b) Subvencións para a continuidade da actividade escénica (para o caso de espectáculos producidos, pero non subvencionados no ano anterior):

–Acreditación documental dos gastos realizados no exercicio anterior na produción do espectáculo.

c) Documentación preceptiva para todas as modalidades de subvención á actividade escénica:

–Ficha de produción (anexo IV).

–Memoria da empresa (anexo V).

–Plan económico financeiro: orzamento. Custo por función (anexo VIII).

–Copia das declaracións do imposto de sociedades, ou do imposto da renda das persoas físicas no seu defecto, e do imposto do valor engadido correspondentes aos exercicios 2008, 2009 e 2010. Nos impostos correspondentes ao exercicio 2010, a presentación deberase realizar nos 15 días seguintes á finalización do prazo de presentación ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria.

–Acreditación documental dos méritos que se inclúen en cada un dos anexos.

9. Prazos previstos para o cumprimento e xustificación das subvencións concedidas para estes proxectos, e formas de pagamento:

a) Prazo límite de estrea do espectáculo:

–A estrea da produción deberase producir entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 1 de febreiro de 2012.

b) Prazo límite de xustificación da achega:

–Ata o 31 de marzo de 2012.

c) Forma de pagamento: a cantidade obxecto de subvención e adxudicada ao proxecto presentado será aboada por resolución da Dirección da Agadic, de acordo coas súas posibilidades de liquidez e de acordo co establecido nestas bases.

10. Obrigas dos beneficiarios:

a) Subvencións para a produción dun espectáculo de nova creación ou de nova produción (modalidades a.1, a.2, a.3, a.4. e a.5.):

Os beneficiarios estarán obrigados a realizar, no prazo de seis meses desde a data da estrea do espectáculo, un mínimo de oito representacións do espectáculo subvencionado (cinco representacións se o espectáculo é de danza), con límite do 15 de marzo de 2012.

b) Subvencións para a continuidade da actividade escénica (modalidade a.6):

Os beneficiarios estarán obrigados a realizar ata o 15 de marzo do exercicio 2012 un mínimo de 10 funcións, de calquera dos seus espectáculos (cinco se o espectáculo é de danza).

c) As representacións deberanse acreditar dentro do prazo de xustificación, con achega do contrato asinado para tales representacións, e do certificado de actuación. O incumprimento dará lugar ao inicio do procedemento de reintegro da subvención concedida para as representacións non efectuadas.

11. Xustificación e liquidación da subvención outorgada:

–Documentación acreditativa do número de funcións realizadas ou comprometidas (mediante certificado/s de actuación, certificación expedida pola entidade de xestión de dereitos que corresponda, contratos de actuacións ou por calquera outro medio ou documento que acredite, de forma que faga fe, a realización do número mínimo de funcións exixidas).

–Memoria de actividade (anexo X).

–Balance dos ingresos e gastos xerados na totalidade do proxecto (anexo XI).

–Relación completa de todos os gastos imputados á actividade obxecto da subvención, polo importe total do gasto (anexo XII). A relación de gastos deberá excluír o IVE e outros impostos non subvencionables.

–Xustificantes, orixinais ou copias compulsadas, dos gastos imputados á actividade obxecto da subvención, polo importe igual ou superior á subvención concedida e que apareza consignado na resolución de adxudicación como «cantidade a xustificar».

Non se aceptarán aquelas facturas no concepto das cales non se estableza de maneira clara e discriminada o obxecto do ben, a obra e/ou o servizo facturado.

–Certificación bancaria acreditativa da realización dos pagamentos correspondentes a todos os gastos de importe unitario superior a 400 euros imputados á subvención concedida, así como de todos os gastos de persoal e colaboracións profesionais.

–Relación de subvencións, axudas ou outros recursos concedidos para o mesmo obxecto por outras administracións públicas, así como declaración das axudas concedidas en réxime de minimis durante os tres últimos exercicios.

–Unha copia en formato CD, DVD ou outro sistema analóxico ou dixital, dos soportes visuais, gráficos ou sonoros (catálogos, programas, carteis, vídeos, etc.) empregados para a difusión e promoción da produción; a dita documentación poderase achegar, do mesmo xeito, por vía electrónica ou telemática e para os únicos efectos de comprobar a realización da actividade.

–Cando se trate de creación teatral, copia do texto da obra que se pretende producir, polas mesmas vías e formatos anteriormente enumerados.

–Gravación do espectáculo, en calquera formato dixital.

–Ademais, deberase presentar (en relación cos dous últimos puntos) unha autorización expresa e asinada polo adxudicatario da axuda, na que se faga constar que a entrega tanto da gravación do espectáculo como da copia do texto se realiza para os meros efectos de arquivo e documentación da Agadic.

12. Custos ou gastos subvencionados:

Custos relativos á produción conforme o plan económico financeiro aprobado, con data comprendida entre o 1 de decembro de 2010 (sempre que non fosen subvencionados no exercicio 2010) e a data da estrea, incluíndose:

–Gastos de persoal artístico.

–Gastos de produción (escenografía, vestiario/figurinos, deseño de luminotecnia, música, realización do atrezzo, etc.). Os gastos deberán corresponder co proxecto presentado.

–Aluguer dos locais de ensaio (máximo tres meses).

–Gastos de promoción e publicidade, de acordo co orzamento presentado.

–Dereitos de autor.

–Gastos financeiros.

–Gastos xerais de mantemento e xestión (ata un máximo do 7% sobre os custos totais).

–Axudas de custo, transporte e/ou outras indemnizacións, conforme as tarifas máximas establecidas no convenio colectivo de actores e actrices de Galicia.

Non serán subvencionables os gastos relativos a:

–Imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables pola entidade.

–Gastos de subcontratación de servizos con empresas vinculadas ou con aquelas que non teñan como obxecto social e actividade social a prestación dos servizos obxecto da subcontratación.

–Gastos de contratación de servizos artísticos por parte das persoas titulares da empresa, cando excedan o 15% do importe da subvención, salvo autorización expresa da Agadic.

–Calquera outro non vinculado directamente coa actividade obxecto de subvención.

Cando a actividade subcontratada teña un custo superior a 12.000 euros, o contrato deberá ser subscrito por escrito e o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, xustificando, se é o caso, a elección, de non ser a máis económica.

13. Outras incidencias. Incompatibilidades:

Sen prexuízo da posible presentación de máis dun proxecto distinto por un mesmo solicitante, só poderá ser obxecto de subvención nesta modalidade (A. Subvencións á actividade escénica) un proxecto por persoa física ou xurídica. A persoa solicitante poderá establecer unha orde de prelación sobre os proxectos presentados, que a comisión de valoración terá en conta no caso de que varios proxectos se consideren subvencionables. Non poderá presentarse o mesmo proxecto por distintas empresas ou entidades.

CAPÍTULO VI
Crédito-cultura

1. Finalidade da concesión:

Promover, facilitar e normalizar o acceso das empresas culturais ao financiamento bancario da súa actividade de produción e distribución de produtos ou servizos de consumo cultural de interese sociocultural.

2. Beneficiarios:

Empresas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de produtos ou servizos de consumo cultural, con domicilio, sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos do beneficiario:

–Ter social ou estatutariamente como obxecto social a produción e distribución de produtos ou servizos de consumo cultural.

–Estar dado de alta no imposto de actividades económicas (IAE) na epígrafe e/ou subepígrafe correspondente, no vixente exercicio 2011.

–Ter a sede, domicilio social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Requisitos do crédito ou préstamo:

Créditos ou préstamos a xuro fixo ou variable, que cumpran as seguintes condicións:

–Estaren destinados ao financiamento dun programa de actividades relacionadas coa produción e distribución de produtos ou servizos de consumo cultural de interese sociocultural.

–Prazo de amortización non superior aos tres anos.

4. Importe e límite das subvencións:

a) O importe da axuda cubrirá a comisión de apertura e estudo, así como xuros pagados entre o 1 de decembro de 2010 e o 30 de setembro de 2011 por créditos ou préstamos formalizados con entidades financeiras para o financiamento de circulante da empresa, sen que en ningún caso o importe da subvención poida ser superior a 3.000 euros ao ano por todos os conceptos, e por solicitante, independentemente do número de operacións de préstamo bancario de que sexa titular.

b) Forma de pagamento: o importe da subvención farase efectivo logo de xustificación polo beneficiario da liquidación dos xuros obxecto de préstamo.

5. Documentación específica requirida aos solicitantes desta modalidade:

–Ficha de financiamento (anexo XIV).

–Copia do contrato de préstamo ou, de ser o caso, do compromiso de concesión.

–Programa de actividades de produción e distribución produtos ou servizos de consumo cultural, incluíndo as previsións económicas de ingresos e gastos para o período considerado.

6. Prazos previstos para o cumprimento e xustificación das subvencións concedidas para estes proxectos:

Sen prexuízo do disposto na cláusula quinta destas bases, en relación co prazo de iniciación do expediente e conseguinte presentación de solicitudes, os prazos que se deberán ter en consideración, en todo caso, son os que seguen:

a) De presentación de solicitudes: as solicitudes deberanse presentar no prazo máximo dun mes desde a formalización dos préstamos obxecto de subsidio e, en todo caso, con anterioridade ao 30 de setembro de 2011. Para os préstamos formalizados con anterioridade á data de publicación desta resolución de convocatoria de subvencións, o prazo de solicitude será dun mes, contado a partir do día seguinte á data da súa publicación.

b) De xustificación: no prazo non superior a un mes desde a cancelación do contrato de préstamo e, en todo caso, antes do 30 de outubro de 2011.

7. Xustificación e liquidación da subvención outorgada:

–Certificación bancaria e follas de liquidación das cotas do préstamo pagadas, co detalle dos gastos por xuros.

–Relación de subvencións, axudas ou outros recursos concedidos para o mesmo obxecto por outras administracións públicas, así como declaración das axudas concedidas en réxime de minimis durante os tres últimos exercicios.

CAPÍTULO VII
Subvencións á produción e promoción de traballos discográficos

1. Finalidade da concesión:

O obxecto desta liña de axudas é dar apoio aos proxectos de produción, edición e promoción de produtos discográficos (fonogramas e videoclips) e aos proxectos que aposten pola adaptación das empresas discográficas galegas ás condicións que exixe a sociedade dixital, especialmente desde o punto de vista de adecuación tecnolóxica.

2. Beneficiarios. Requisitos:

Empresas dedicadas á actividade de produción e distribución no ámbito da música con domicilio, sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos:

–Ter social ou estatutariamente como obxecto social a produción e distribución de traballos discográficos.

–Estar dado de alta no imposto de actividades económicas (IAE) na epígrafe e/ou subepígrafe correspondente, no vixente exercicio 2011.

–Ter a sede, domicilio social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

–Que a empresa discográfica edite un mínimo de dous álbums durante o ano 2011.

–Que máis do 50% dos fonogramas editados durante o ano da convocatoria correspondan a músicos residentes en Galicia.

3. Importes e límites das subvencións:

a) As subvencións son concedidas en función da puntuación obtida de acordo cos criterios de valoración que establece a base 5.ª.

b) O importe da subvención será como máximo do 70% dos gastos subvencionables, IVE non incluído.

c) As subvencións concedidas polas distintas administracións públicas para a mesma finalidade non poderán superar en ningún caso o importe total dos gastos finalmente producidos.

d) Forma de pagamento: o importe da subvención farase efectivo logo de xustificación polo beneficiario do cumprimento total das actividades e das obrigas establecidas, de acordo co establecido na cláusula

4. Custos ou gastos subvencionables:

a) Gastos de produción, gravación e reprodución: aceptaranse aqueles gastos que teñan que ver co enriquecemento artístico do traballo. Enténdase como tales: a contratación de músicos adicionais, directores e/ou produtores de recoñecido prestixio que sexan alleos ao artista e estudio en que se estea a producir ese traballo, así como traballos de masterización. Non se prevén, en ningún caso, gastos de estudio de gravación, axudas de custo, viaxes, etc., que teñan que ver coa produción.

b) Gastos en promoción, publicidade e márketing: son gastos relacionados coa actividade dirixida ao posicionamento da gravación. Acéptanse os gastos de empresas e profesionais para a produción de videoclips; márketing en liña, móbil ou tradicional; deseño de elementos publicitarios, publicidade en calquera medio audiovisual, escrito ou dixital, edición de mostras, contratación de servizos de consultoría de comunicación e márketing, gastos de organización e celebración de actos promocionais (excluíndo honorarios profesionais, axudas de custo e calquera outra contraprestación económica dos artistas e do persoal vinculado á empresa solicitante) e, en xeral, os gastos que se poidan relacionar coa difusión da actividade para aumentar as vendas.

c) Gastos de adaptación á sociedade dixital: gastos relacionados con novas tecnoloxías: utilización de canles de distribución dixitais, adaptación dixital dos contidos musicais, creación e mantemento de webs, hardware, hosting; gastos en I+D+i; gastos en proxectos que supoñan novas formas de negocio diferentes da comercialización e a distribución de CD e DVD en lugares convencionais e especialmente as que utilicen as novas tecnoloxías. Non inclúe a compra nin o arrendamento financeiro de equipamento, nin a adquisición de licenzas de software.

Non serán subvencionables os gastos relativos a:

–Gastos de funcionamento ou estruturais das empresas, como son os gastos de persoal, o mantemento das infraestruturas de oficinas e almacéns, nin a adquisición de infraestrutura ou bens patrimoniais. Tamén quedan excluídos os gastos de participación accionarial noutras empresas, as consultorías e os estudos de mercado e os derivados da xestión das formacións musicais ás cales se lles editan produtos discográficos e a organización de concertos.

–Gastos de edición de traballos discográficos.

–Imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables pola entidade.

–Gastos de subcontratación de servizos con empresas vinculadas ou con aquelas que non teñan como obxecto social e actividade social a prestación dos servizos obxecto da subcontratación.

–Contraprestacións económicas dos membros dos órganos de dirección da entidade.

–Gastos de asistencia a feiras e outras plataformas de exhibición musical.

–Calquera outro non vinculado directamente coa actividade obxecto de subvención.

5. Criterios de valoración e baremación:

5.1. A concesión das subvencións e o cálculo da súa contía débese determinar segundo un sistema de puntos que se deben outorgar en función dos criterios seguintes:

a) Traxectoria empresarial e estrutura de persoal da empresa (niveis de facturación e cotizacións á Seguridade Social nos tres anos anteriores): de 0 a 25 puntos.

b) Volume de gasto en produción, gravación e reprodución durante os tres anos anteriores: de 0 a 10 puntos.

c) Volume de gasto en promoción, publicidade e márketing durante os tres anos anteriores: de 0 a 10 puntos.

d) Volume de gasto en internacionalización durante os tres anos anteriores: de 0 a 5 puntos.

Consideraranse os gastos por calquera actividade dirixida a captar mercados de fóra dos territorios onde é oficial a lingua galega: gasto relacionado coa asistencia a feiras e mercados. En ningún caso serán admitidos gastos relacionados coa presenza dun artista nun concerto.

e) Volume de gasto de adaptación á sociedade dixital durante o ano de publicación da convocatoria: de 0 a 10 puntos.

Ademais dos gastos previstos na base 4.c), débense ter en conta a compra, o arrendamento financeiro e a obtención de licenzas de software, hardware, hosting; calquera investimento en I+D+i; e calquera investimento en proxectos que supoñan novas formas de negocio diferentes da comercialización e a distribución de CD e DVD convencionais e que teñan por obxecto a difusión e a venda de contidos fonográficos.

f) Volume de gasto en formación durante o ano de publicación da convocatoria: de 0 a 3 puntos.

g) Interese cultural e social do conxunto da actividade: de 0 a 7 puntos.

Valorarase o interese artístico e social dos proxectos, a súa contribución á creación dun espazo sonoro galego, o fomento da música como vía de integración na sociedade galega dos sectores menos favorecidos ou da inmigración, a recuperación e a difusión do noso patrimonio, etc.

h) Valoración do fondo de catálogo de cada compañía: de 0 a 5 puntos.

1 punto por cada 10 referencias discográficas, ata un máximo de 5 puntos.

i) Uso da lingua galega e autoría galega: de 0 a 6 puntos.

Valorarase o uso da lingua galega nas producións de obras musicais e a autoría galega (autores nacidos ou domiciliados en Galicia), nas producións de obras musicais instrumentais. Terase en conta especialmente o uso da lingua galega en autores non nacidos ou non residentes en Galicia e aqueles produtos que, polas súas características, poidan favorecer a integración lingüística.

j) Participación de músicos nacidos ou domiciliados en Galicia: de 0 a 6 puntos.

Valorarase a presenza de artistas nacidos ou domiciliados en Galicia nas actividades presentadas no proxecto.

k) Traxectoria artística profesional dos grupos e artistas: de 0 a 8 puntos.

5.2. En relación cos criterios de valoración a), b), c), d), e), f) e g), concederase a máxima puntuación en cada tramo (25, 10, 7, 5 ou 3 puntos, segundo os casos) á solicitude que presente un maior gasto en relación co criterio obxecto de valoración. Para o resto de solicitudes, outorgarase a puntuación de xeito estritamente proporcional. Todas as puntuacións se arredondarán cun só decimal.

5.3. Unha vez sumados todos os puntos obtidos polos diferentes criterios de valoración, obterase a puntuación total de cada solicitude, que se arredondará sen decimais. Daráselle un valor económico a cada punto obtido, que será o resultante de dividir o total da dotación establecida na convocatoria entre a suma de todos os puntos obtidos por todos os proxectos. O importe da subvención virá determinado pola multiplicación do valor económico do punto polo total de puntos obtidos por cada solicitude, co límite previsto na base 3.b). A obtención dun importe inferior a 6.000 euros suporá a desestimación da solicitude presentada.

6. Documentación específica requirida aos solicitantes desta modalidade:

–Memoria completa e detallada do proxecto (tamaño A4 e sen encadernar).

–Memoria da empresa (anexo V).

–Documentación acreditativa da titularidade da licenza fonográfica dos bens obxecto do proxecto.

–Copia das declaracións do imposto de sociedades e do imposto sobre o valor engadido correspondentes aos exercicios 2008, 2009 e 2010.

–Cotización á Seguridade Social e cotas da Seguridade Social a cargo da empresa durante os tres últimos exercicios.

–Relación clasificada de gastos en internacionalización a que se refire a base 5.1.d) previstos e contraídos durante o ano de publicación da convocatoria.

–Relación clasificada de gastos de adaptación á sociedade dixital a que se refire a base 5.1.e) previstos e, se procede, contraídos durante o ano de publicación da convocatoria.

–Relación clasificada de gastos en produción, gravación e reprodución durante os tres anos anteriores.

–Relación clasificada de gastos en promoción, publicidade e márketing durante os tres anos anteriores.

–Declaración da participación de músicos nacidos ou domiciliados en Galicia.

–Declaración sobre o uso da lingua galega ou a autoría da música.

7. Prazos previstos para o cumprimento e xustificación das subvencións concedidas para estes proxectos:

–Os proxectos débense realizar desde o 1 de xaneiro do ano 2011 e ata o 15 de marzo de 2012.

–Prazo de xustificación: ata o 31 de marzo de 2012, como data límite.

8. Xustificación e liquidación da subvención outorgada:

–Memoria xeral da actividade realizada.

–Balance de ingresos e gastos (anexo XI).

–Relación completa dos gastos realizados, polo importe total dos gastos de explotación (anexo XII).

–Xustificantes, orixinais ou copias compulsadas, dos gastos realizados imputados á subvención.

Non se aceptarán aquelas facturas no concepto das cales non se estableza de maneira clara e discriminada o obxecto do ben, a obra e/ou o servizo facturado.

–Certificación bancaria acreditativa da realización dos pagamentos correspondentes a todos os gastos de importe unitario superior a 400 euros imputados á subvención concedida, así como de todos os gastos de persoal e colaboracións profesionais.

–Unha copia en formato CD, DVD ou outro sistema analóxico ou dixital dos soportes visuais, gráficos ou sonoros (catálogos, programas, carteis, vídeos, etc.) empregados para a difusión e promoción do proxecto discográfico; a dita documentación poderase achegar, do mesmo xeito, por vía electrónica ou telemática e para os únicos efectos de comprobación da realización da actividade.

–Relación de subvencións, achegas ou outros recursos concedidos para o mesmo obxecto por outras administracións públicas, así como declaración das axudas concedidas en réxime de minimis durante os tres últimos exercicios.

9. Obrigas específicas asumidas polos beneficiarios:

Incluír de forma visible en todos os soportes de publicidade e difusión da actividade obxecto da subvención os logotipos da marca de proxección exterior da cultura galega, respectando as súas normas de identidade corporativa, inseríndoos nun lugar preferente ou, cando menos, en igualdade de condicións que a entidade subvencionada.

CAPÍTULO VIII
Subvencións á distribución

1. Finalidade da concesión:

Promover a distribución exterior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías profesionais galegas, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro.

2. Beneficiarios e modalidades de subvencións. Requisitos:

a) Modalidade d.1. (Subvencións para a distribución exterior de espectáculos de artes escénicas e musicais producidos por empresas galegas): persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Modalidade d.2. (Subvencións para a asistencia a feiras e mercados culturais): persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais, con domicilio, sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados culturais.

c) Modalidade d.3. (Subvencións para a distribución de espectáculos en feiras): persoas físicas e xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con domicilio ou sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Importes e límites das subvencións:

a) O importe da subvención será, como máximo:

–Modalidade d.1.: o correspondente aos gastos de desprazamento, transporte, mantenza e aloxamento do persoal artístico (músicos/actores/bailaríns/manipuladores) e técnico necesarios para a distribución do espectáculo, co límite equivalente ao importe do contrato de distribución. No caso de contratación a billeteira, o importe do contrato calcularase mediante o produto entre a porcentaxe da billeteira que percibirá a compañía, o prezo medio de entrada e o 60% da capacidade do local, para efectos do cálculo máximo de importe a conceder. A modalidade de contratación a billeteira unicamente será válida para actuacións en España e Portugal.

Para calcular a axuda, teranse en conta os seguintes máximos:

–España e Portugal:

Desprazamento: un máximo de 30 euros, por persoa e día.

Mantenza: un máximo de 36 euros, por persoa e día.

Aloxamento: un máximo de 40 euros por persoa e día.

–Resto de Europa:

Desprazamento: un máximo de 50 euros, por persoa e día.

Mantenza: un máximo de 60 euros, por persoa e día.

Aloxamento: un máximo de 60 euros por persoa e día.

–Resto do mundo:

Desprazamento: un máximo de 80 euros, por persoa e día.

Mantenza: un máximo de 60 euros, por persoa e día.

Aloxamento: un máximo de 80 euros por persoa e día.

–Gastos de avión, cos seguintes máximos:

–España e Portugal: 200 euros por persoa.

–Europa: 300 euros por persoa.

–Resto do mundo: 700 euros por persoa.

–Días máximos que se consideran para a axuda:

No caso dun só espectáculo:

–España e Portugal: 2 días.

–Resto de Europa: 3 días.

–Resto do mundo: 4 días.

No caso de xiras:

Os días relativos ás viaxes de ida e volta, os días de representación artística e os días intermedios, cun tope de día intermedio por data de representación artística.

–Gastos de transporte:

Enténdese por transporte aqueles gastos referentes ao desprazamento dos materiais precisos para o desenvolvemento da actividade. Será necesaria a presentación das correspondentes facturas, nas cales se fará referencia clara ao motivo do transporte e ao material transportado.

–Modalidade d.2.: o correspondente aos gastos derivados da asistencia á feira ou mercado cultural, incluídos os de desprazamento, transporte, aloxamento, mantenza (segundo os máximos reflectidos para a modalidade d.1.), así como dereitos ou cotas de asistencia e aluguer de espazos de exhibición, co límite equivalente ao 60% sobre o custo total e co máximo de 4.000 euros por feira e 25.000 euros anuais por solicitante. Non son obxecto desta liña de subvencións os gastos de cachés, honorarios profesionais e outros similares, derivados da realización de representacións, espectáculos ou exposicións, nin de elaboración de materiais promocionais ordinarios.

–Modalidade d.3.: máximo do 40% do prezo de contratación, durante a Feira Galega das Artes Escénicas, de espectáculos de teatro e danza producidos na Comunidade Autónoma de Galicia para a súa distribución no exterior ao longo de 2011. Para estes efectos, se o prezo de contratación supera o caché do espectáculo, tomarase en consideración esta última contía. En caso de ser unha cantidade inferior ao caché do espectáculo, aplicaráselle a mesma dedución á contía da axuda prevista para a Agadic.

b) Forma de pagamento: o importe da subvención farase efectivo logo de xustificación polo beneficiario do cumprimento total das actividades e das obrigas establecidas, de acordo co disposto na cláusula.

4. Documentación específica requirida aos solicitantes desta modalidade:

a) Modalidades d.1. e d.2..:

–Ficha de distribución (anexo XV).

–Para a modalidade d.1, documento acreditativo da oferta ou convite, co detalle do contido económico daquela, asinado e selado polo representante legal da entidade organizadora.

–Relación nominal de persoas que viaxarán e posto que desempeñan.

–Para a modalidade d.2., documento de inscrición como profesional, das persoas que viaxan.

b) Modalidade d.3.:

–Ficha de contratación (anexo XVI).

–Contrato de actuación.

–Copia do acordo/compromiso de actuación, asinado e selado na Feira Galega das Artes Escénicas.

5. Prazos previstos para o cumprimento e xustificación das subvencións concedidas para estes proxectos:

Sen prexuízo do disposto na cláusula quinta destas bases, en relación co prazo de iniciación do expediente e conseguinte presentación de solicitudes, os prazos que se deberán ter en consideración para as modalidades d.1. e d.2. son os que seguen:

a) De presentación de solicitudes: as solicitudes deberanse presentar, en todo caso, con anterioridade ao 31 de outubro de 2011. Para os espectáculos distribuídos entre o 1 de novembro de 2010 e a data de publicación desta resolución de convocatoria de subvencións, o prazo de solicitude será dun mes, contado a partir da data de publicación.

b) De celebración da función: entre o 1 de novembro de 2010 e o 31 de outubro de 2011.

c) De xustificación: un mes, contado desde a finalización da distribución ou xira do espectáculo obxecto da subvención e, en todo caso, co límite máximo do 15 de novembro de 2011.

En todo caso, e para garantir un mellor uso dos fondos económicos destinados a esta modalidade, establécese a seguinte temporalidade:

Se a actividade ou espectáculo se leva a cabo antes do 31 de maio, as solicitudes presentaranse ata o 31 de maio de 2011. As solicitudes concedidas neste prazo terán un mes para a xustificación da axuda recibida, contado desde a notificación da concesión

Se a actividade ou espectáculo se leva a cabo a partir do 1 de xuño, as solicitudes presentaranse desde o 1 de xuño e ata o 31 de outubro.

Na modalidade d.3. o prazo de presentación de solicitudes será o xeral (un mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia) e o de xustificación será ata o día 30 de outubro de 2011, como data límite.

6. Xustificación e liquidación da subvención outorgada:

a) Modalidade d.1.:

–Fotocopia compulsada dos recibos acreditativos do cobramento das cantidades estipuladas.

–Folla de billeteira das funcións realizadas, con indicación do público asistente e a recadación por billeteira, ou certificación acreditativa da realización do espectáculo pola entidade organizadora.

–Relación completa dos gastos realizados, polo importe total dos gastos de explotación (anexo XII).

–Xustificantes, orixinais ou copias compulsadas, dos gastos imputados á actividade obxecto da subvención, por importe igual ou superior á subvención concedida.

Non se aceptarán aquelas facturas no concepto das cales non se estableza de maneira clara e discriminada o obxecto do ben, a obra e/ou o servizo facturado.

–Relación de subvencións, axudas ou outros recursos concedidos para o mesmo obxecto por outras administracións públicas, así como declaración das axudas concedidas en réxime de minimis durante os tres últimos exercicios.

–Relación nominal de persoas que viaxaron e postos que desempeñaron.

b) Modalidade d.2.:

–Relación completa dos gastos realizados, polo importe total dos gastos de explotación (anexo XII).

–Xustificantes, orixinais ou copias compulsadas, dos gastos imputados á actividade obxecto da subvención, por importe igual ou superior á subvención concedida.

Non se aceptarán aquelas facturas no concepto das cales non se estableza de maneira clara e discriminada o obxecto do ben, a obra e/ou o servizo facturado.

–Relación de subvencións, achegas ou outros recursos concedidos para o mesmo obxecto por outras administracións públicas, así como declaración das axudas concedidas en réxime de minimis durante os tres últimos exercicios.

c) Modalidade d.3.:

–Fotocopia compulsada dos recibos acreditativos do cobramento das cantidades estipuladas.

–Folla de billeteira das funcións realizadas, con indicación do público asistente e a recadación por billeteira.

–Relación de subvencións, axudas ou outros recursos concedidos para o mesmo obxecto por outras administracións públicas, así como declaración das axudas concedidas en réxime de minimis durante os tres últimos exercicios.

7. Obrigas específicas asumidas polos beneficiarios:

Incluír de forma visible en todos os soportes de publicidade e difusión da actividade obxecto da subvención os logotipos da marca de proxección exterior da cultura galega, respectando as súas normas de identidade corporativa, inseríndoos nun lugar preferente ou, cando menos, en igualdade de condicións que a entidade subvencionada.

8. Outras incidencias. Incompatibilidades:

Estas subvencións son compatibles coas outorgadas polo Instituto Nacional de Artes Escénicas e Musicais para a realización de xiras por territorio nacional ou polo estranxeiro.

As axudas para asistencia a feiras serán incompatibles con calquera outra concedida para o mesmo obxecto.

CAPÍTULO IX
Subvencións a salas de teatro e artes escénicas privadas

1. Finalidade da concesión:

Promover o desenvolvemento de programacións de artes escénicas por parte de salas e teatros de titularidade privada.

2. Beneficiarios e requisitos:

–Salas e teatros de titularidade privada, con capacidade non superior ás 250 prazas e cunha programación estable ou o apoio á creación de espectáculos relacionados coas artes escénicas en xeral. Excluiranse deste ámbito as salas ou teatros cuxa titularidade pertenza a asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro.

3. Importes e límites das subvencións:

a) Dotación unitaria mínima de 10.000 euros e máxima de 75.000 euros, co límite do 50% dos ingresos obtidos no exercicio inmediatamente anterior. No caso de salas de nova creación (menos de cinco anos), en que os ingresos brutos do exercicio anterior sexan inferiores a 30.000 euros, a subvención concedida terá o importe máximo de 15.000 euros.

b) As axudas e/ou subvencións concedidas polas diferentes administracións públicas ou outras institucións, públicas ou privadas, para a mesma finalidade non poderán superar o importe total dos gastos efectivamente producidos.

c) Forma de pagamento: a cantidade obxecto de subvención e adxudicada ao proxecto presentado será aboada por resolución da dirección da Agadic, de acordo coas súas posibilidades de liquidez, por pagamentos parciais con cargo ao ano correspondente e logo de xustificación de gastos a medida que se vaian desenvolvendo as actuacións, ata un importe máximo do 50% do importe concedido, condicionando estes pagamentos á conta á achega e pertinente comprobación por parte desta axencia da documentación que xustifique a efectiva aplicación da suma librada á actividade obxecto de subvención.

Para o cobramento dos pagamentos parciais, será requisito indispensable a constitución das garantías establecidas na cláusula décima do capítulo III desta convocatoria.

4. Criterios de valoración e baremación:

a) Os criterios xerais de valoración e baremación serán os seguintes:

A. Programación do ano 2010: 60 puntos.

a.1) Espectáculos programados: 10 puntos.

–Máis de 30: 10 puntos.

–Entre 24 e 30: 8 puntos.

–Entre 18 e 23: 6 puntos.

–Entre 12 e 17: 4 puntos.

–Entre 6 e 11: 2 puntos.

–Ata 5: 0 puntos.

a.2) Espectadores por función: 10 puntos. Media de espectadores por función na programación da Rede Galega de Salas de 2010.

–Máis de 80: 10 puntos.

–Entre 60 e 79: 8 puntos.

–Entre 40 e 59: 6 puntos.

–Entre 30 e 39: 4 puntos.

–Entre 20 e 29: 2 puntos.

–Menos de 20: 0 puntos.

a.3) Ingresos de billeteira por función: 10 puntos. Media de ingresos de billeteira por función na programación da Rede Galega de Salas de 2010.

–Máis de 200 euros: 10 puntos.

–Entre 170 e 200 euros: 8 puntos.

–Entre 140 e 169 euros: 6 puntos.

–Entre 100 e 139 euros: 4 puntos.

–Entre 70 e 99 euros: 2 puntos.

–Menos de 70 euros: 0 puntos.

a.4) Programación de compañías galegas: 10 puntos.

–Máis do 80%: 10 puntos.

–Entre o 70% e o 79%: 8 puntos.

–Entre o 60% e o 69%: 6 puntos.

–Entre o 50% e o 59%: 4 puntos.

–Entre o 40% e o 49%: 2 puntos.

–Menos do 40%: 0 puntos.

a.5) Variedade e calidade da programación: 20 puntos (valoración pola comisión nunha escala do 1 ao 20).

B. Estrutura empresarial: 40 puntos.

b.1) Cotizacións á Seguridade Social: 20 puntos. Media das cotizacións á Seguridade Social da empresa nos últimos tres anos.

–Máis de 25.000 euros: 20 puntos.

–Entre 20.000 e 25.000 euros: 16 puntos.

–Entre 15.000 e 19.999 euros: 12 puntos.

–Entre 12.000 e 14.999 euros: 10 puntos.

–Entre 9.000 e 11.999 euros: 8 puntos.

–Entre 6.000 e 8.999 euros: 6 puntos.

–Entre 4.000 e 5.999 euros: 4 puntos.

–Entre 2.000 e 3.999 euros: 2 puntos.

–Menos de 2.000 euros: 0 puntos.

b.2) Ingresos totais en 2010: 10 puntos.

–Máis de 250.000 euros: 10 puntos.

–Entre 200.000 e 250.000 euros: 8 puntos.

–Entre 150.000 e 199.999 euros: 6 puntos.

–Entre 100.000 e 149.999 euros: 4 puntos.

–Entre 50.000 e 99.999 euros: 2 puntos.

–Menos de 50.000 euros: 0 puntos.

b.3) Investimentos realizados nos últimos tres anos: 10 puntos.

–Máis de 50.000 euros: 10 puntos.

–Entre 30.000 e 50.000 euros: 8 puntos.

–Entre 15.000 e 29.999 euros: 6 puntos.

–Entre 7.500 e 14.999 euros: 4 puntos.

–Entre 4.000 e 7.499 euros: 2 puntos.

–Menos de 4.000 euros: 0 puntos.

5. Documentación específica requirida aos solicitantes desta modalidade:

–Memoria de actividades do último ano (anexo XVII).

–Proxecto de programación para este exercicio (anexo XVIII).

–Memoria da sala (anexo XIX).

–Orzamento (anexo XX).

–Fotocopia compulsada das declaracións do imposto de sociedades, ou do imposto da renda das persoas físicas no seu defecto, e do imposto do valor engadido correspondentes aos exercicios económicos 2008, 2009 e 2010.

–Documentación acreditativa da titularidade dos dereitos de propiedade ou usufruto da sala.

6. Prazos previstos para o cumprimento e xustificación das subvencións concedidas para estes proxectos:

Sen prexuízo do disposto na cláusula quinta destas bases, en relación co prazo de iniciación do expediente e conseguinte presentación de solicitudes, os prazos que se deberán ter en consideración nesta modalidade son os que seguen:

–Prazo de xustificación: ata o día 30 de novembro de 2011, como data límite.

7. Xustificación e liquidación da subvención outorgada:

–Memoria xeral da actividade realizada.

–Balance de ingresos e gastos (anexo XI).

–Relación completa dos gastos realizados, polo importe total dos gastos de explotación (anexo XII).

–Xustificantes, orixinais ou copias compulsadas, dos gastos realizados e imputados á subvención.

–Certificación bancaria acreditativa da realización dos pagamentos correspondentes a todos os gastos de importe unitario superior a 400 euros imputados á subvención concedida, así como de todos os gastos de persoal e colaboracións profesionais.

–Unha copia en formato CD, DVD ou outro sistema analóxico ou dixital, dos soportes visuais, gráficos ou sonoros (catálogos, programas, carteis, vídeos, etc.) empregados para a difusión e promoción da actividade subvencionada; esta documentación poderase achegar igualmente por vía electrónica ou telemática e para os únicos efectos de comprobación da realización da actividade.

–Relación de subvencións, achegas ou outros recursos concedidos para o mesmo obxecto por outras administracións públicas, así como declaración das axudas concedidas en réxime de minimis durante os tres últimos exercicios.

8. Custos ou gastos subvencionables:

Custos relativos ao funcionamento e programación da sala con data comprendida entre o 1 de xaneiro e 30 de novembro de 2011, incluíndose entre eles:

–Gastos fixos de funcionamento da sala (alugueres, subministracións, gastos correntes e de servizos, reformas e mantemento, gastos do persoal estable adscrito á sala...).

–Gastos propios da programación de artes escénicas (pagamentos por espectáculos, servizos asociados, gastos de publicidade e promoción, márketing, etc.).

–Gastos financeiros.

Non serán subvencionables os gastos relativos a:

–Imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables pola entidade.

–Gastos de subcontratación de servizos con empresas vinculadas ou con aquelas que non teñan como obxecto social e actividade social a prestación dos servizos obxecto da subcontratación, salvo autorización expresa da Agadic.

–Gastos de subcontratación da execución da actividade, cando excedan o 40% do importe da subvención concedida, salvo autorización expresa da Agadic.

–Calquera outro non vinculado directamente coa actividade obxecto de subvención.

Cando a actividade subcontratada teña un custo superior a 12.000 euros, o contrato deberá ser subscrito por escrito e o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores.

9. Obrigas específicas asumidas polos beneficiarios:

–Facilitar información mensual sobre os espectáculos, número de asistentes e despacho de billetes.

–Instalar na fachada principal do teatro ou auditorio a placa identificativa da súa pertenza á Rede Galega de Salas, que será facilitada pola Agadic.

CAPÍTULO X
Subvención á mellora técnica de estudios de gravación e salas de música ao vivo

A. Subvención á mellora técnica de estudios de gravación.

1. Finalidade da concesión:

O obxecto desta liña de axudas é mellorar a calidade técnica dos estudios de gravación galegos, promovendo unha subvención ao equipamento técnico destes, especialmente desde o punto de vista da modernización tecnolóxica e mellora competitiva.

 2. Beneficiarios. Requisitos:

Empresas dedicadas á reprodución de fonogramas (estudios de gravación de música) con domicilio, sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos:

–Ter social ou estatutariamente como obxecto social a reprodución de fonogramas.

–Estar dado de alta no imposto de actividades económicas (IAE) na epígrafe e/ou subepígrafe correspondente, no vixente exercicio 2011.

–Ter a sede, domicilio social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

–Que a empresa teña unha traxectoria e prestixios profesionais acreditados, establecéndose como límite inferior ter gravado, polo menos, dous álbums publicados por algunha discográfica durante o ano 2010 e acredite o encargo de gravación dun mínimo de dous álbums para seren publicados por algunha discográfica durante o ano 2011. Non se admitirán solicitudes que non cumpran os requisitos establecidos neste punto.

3. Importes e límites das subvencións:

a) As subvencións son concedidas en función da puntuación obtida de acordo cos criterios de valoración que establece a base 5.

b) O importe da subvención será, como máximo, do 60% dos gastos subvencionables, IVE non incluído.

c) As subvencións concedidas polas distintas administracións públicas para a mesma finalidade non poderán superar en ningún caso o importe total dos gastos finalmente producidos.

d) Forma de pagamento: o importe da subvención farase efectivo logo de xustificación polo beneficiario do cumprimento total das actividades e das obrigas establecidas, de acordo co previsto nestas bases.

 4. Custos ou gastos subvencionables:

a) Compra de microfonía, previos, mesas de mestura, cascos de escoita, cableado, hardware, software e, en xeral, todos os aparellos que son precisos para unha gravación con calidade profesional.

b) Gastos en reformas, adecuación de espazos e melloras en accesibilidade a persoas con discapacidade.

Non serán subvencionables os gastos relativos a:

–Gastos de funcionamento ou estruturais das empresas, como son os gastos de persoal, alugueres, o mantemento e/ou reformas das infraestruturas de oficinas e almacéns, nin a adquisición de infraestruturas ou bens inmobles.

–Gastos para a compra de instrumentos musicais.

–Imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables pola entidade.

–Gastos de subcontratación de servizos con empresas vinculadas ou con aquelas que non teñan como obxecto social e actividade social a prestación dos servizos obxecto da subcontratación.

–Contraprestacións económicas dos membros dos órganos de dirección da entidade.

–Gastos de asistencia a feiras e outras plataformas de exhibición musical.

–Calquera outro non vinculado directamente coa actividade obxecto de subvención.

5. Criterios de valoración e baremación:

5.1. A concesión das subvencións e o cálculo da súa contía débese determinar segundo un sistema de puntos que se deben outorgar en función dos criterios seguintes:

a) Traxectoria e prestixio empresarial:

a.1) Volume de negocio dos tres anos anteriores. De 0 a 10 puntos.

a.2) Número de fonogramas fixados, de duración total de 35 minutos, no estudio solicitante durante os dous últimos anos. De 0 a 10 puntos, como máximo, establecéndose 1 punto por cada cinco fonogramas conforme as características establecidas ao inicio deste punto. Os fonogramas con duración inferior poderán ser agrupados por series de 35 minutos.

b) Estrutura de persoal da empresa: de 0 a 15 puntos, como máximo, establecéndose 3 puntos por cada contrato de traballo indefinido vixente no momento da solicitude e mantido no momento de xustificación da subvención (salvo por extinción do contrato de traballo por causa non improcedente) e 1 punto por cada traballador contratado de xeito temporal no ano anterior á solicitude da subvención.

c) Acreditación da mellora competitiva das accións obxecto de subvención, previsión de incremento de volume de negociación, incremento de contratación de traballadores (especialmente indefinido) e, en xeral, a coherencia da acción co plan de negocio presente e ou futuro da empresa. De 0 a 20 puntos.

d) Fonogramas fixados para a súa publicación para produtores fonográficos cuxa sede social, domicilio permanente ou establecemento permanente estea situado na Comunidade Autónoma de Galicia: de 0 a 10 puntos; 1 punto por cada cinco fonogramas con duración superior a 35 minutos, e os fonogramas de duración inferior poderanse agrupar en series de 35 minutos.

e) Volume de gasto en formación durante o ano anterior ao de publicación da convocatoria: de 0 a 10 puntos; 1 punto por cada 500 euros investidos.

f) Uso do idioma galego nos elementos de identidade corporativa da empresa beneficiaria da subvención, materiais de comunicación e publicidade e documentación interna: 5 puntos.

5.2. Unha vez sumados todos os puntos obtidos polos diferentes criterios de valoración, obterase a puntuación total de cada solicitude, que se arredondará sen decimais. Daráselle un valor económico a cada punto obtido, que será o resultante de dividir o total da dotación establecida na convocatoria entre a suma de todos os puntos obtidos por todos os proxectos. O importe da subvención virá determinado pola multiplicación do valor económico do punto polo total de puntos obtidos por cada solicitude, co límite previsto na base 3.b) A obtención dun importe inferior a 3.000 euros suporá a desestimación da solicitude presentada.

6. Documentación específica requirida aos solicitantes desta modalidade:

–Memoria das melloras que se realizarán.

–Memoria da empresa (anexo V).

Copia das declaracións do imposto de sociedades e do imposto sobre o valor engadido correspondentes aos exercicios 2008, 2009 e 2010.

–Documentación acreditativa dos títulos gravados con algunha discográfica galega.

–Cotización á Seguridade Social e cota da Seguridade Social a cargo da empresa durante os últimos tres exercicios.

7. Prazos previstos para o cumprimento e xustificación das subvencións concedidas para estes proxectos:

–Os proxectos débense realizar desde o 1 de xaneiro de 2011 ata 31 de xaneiro de 2012.

–Prazo de xustificación: ata do día 15 de febreiro de 2012, como data límite.

8. Xustificación e liquidación da subvención outorgada:

–Memoria xeral da actividade realizada.

–Balance de ingresos e gastos (anexo XI).

–Relación completa dos gastos realizados, polo importe total dos gastos de explotación (anexo XII).

–Xustificantes, orixinais ou copias compulsadas, dos gastos realizados imputados á subvención.

Non se aceptarán aquelas facturas no concepto das cales non se estableza de maneira clara e discriminada o obxecto do ben, a obra e/ou o servizo facturado.

–Certificación bancaria acreditativa da realización dos pagamentos correspondentes a todos os gastos de importe unitario superior a 400 euros imputados á subvención concedida, así como de todos os gastos de persoal e colaboracións profesionais.

–Relación de subvencións, axudas ou outros recursos concedidos para o mesmo obxecto por outras administracións públicas, así como declaración das axudas concedidas en réxime de minimis durante os tres últimos exercicios.

B. Subvención á mellora técnica de salas de música ao vivo.

1. Finalidade da concesión:

O obxecto desta liña de axudas é mellorar a calidade técnica das salas de música ao vivo, promovendo unha subvención ao equipamento técnico destas, especialmente desde o punto de vista da modernización tecnolóxica e mellora competitiva.

 2. Beneficiarios. Requisitos:

As salas de música ao vivo integradas na Rede de Música ao Vivo xestionada pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

Requisitos:

–Estar incluída na Rede Galega de Música ao Vivo no vixente exercicio 2011 ou nos dous anos anteriores.

–Estar dado de alta no imposto de actividades económicas (IAE) na epígrafe e/ou subepígrafe correspondente, no vixente exercicio 2011.

–Ter a sede, domicilio social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Importes e límites das subvencións:

a) As subvencións son concedidas en función da puntuación obtida de acordo cos criterios de valoración que establece a base 5.

b) O importe da subvención será, como máximo, do 60% dos gastos subvencionables, IVE non incluído.

c) As subvencións concedidas polas distintas administracións públicas para a mesma finalidade non poderán superar en ningún caso o importe total dos gastos finalmente producidos.

d) Forma de pagamento: o importe da subvención farase efectivo logo de xustificación polo beneficiario do cumprimento total das actividades e das obrigas establecidas.

4. Custos ou gastos subvencionables:

a) Compra de microfonía, previos, mesas de mestura, cascos de escoita, cableado, hardware, software e, en xeral, todos os aparellos que son precisos para un espectáculo musical en directo.

b) Gastos en reformas, adecuación de espazos e melloras en accesibilidade a persoas con discapacidade.

Non serán subvencionables os gastos relativos a:

–Gastos de funcionamento ou estruturais das empresas, como son os gastos de persoal, alugueres, o mantemento e/ou reformas das infraestruturas de oficinas e almacéns, nin a adquisición de infraestruturas ou bens inmobles.

–Gastos para a compra de instrumentos musicais.

–Imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables pola entidade.

–Gastos de subcontratación de servizos con empresas vinculadas ou con aquelas que non teñan como obxecto social e actividade social a prestación dos servizos obxecto da subcontratación.

–Contraprestacións económicas dos membros dos órganos de dirección da entidade.

–Gastos de asistencia a feiras e outras plataformas de exhibición musical.

–Calquera outro non vinculado directamente coa actividade obxecto de subvención.

5. Criterios de valoración e baremación:

5.1. A concesión das subvencións e o cálculo da súa contía débese determinar segundo un sistema de puntos que se deben outorgar en función dos criterios seguintes:

a) Traxectoria e prestixio empresarial:

a.1) Antigüidade da sala na programación da RGMV.

–2 puntos por ano de antigüidade, ata un máximo de 8 puntos.

a.2) Número de concertos programados na Rede Galega de Música ao Vivo nos anos 2009 e 2010.

–Entre 10 e 20: 5 puntos.

–Entre 21 e 49: 10 puntos.

–Entre 50 e 74: 15 puntos.

–Máis de 74: 20 puntos.

a.3) Número de actuacións en vivo programados á marxe da Rede Galega de Música ao Vivo nos anos 2009 e 2010:

–Aa 10: 5 puntos.

–Entre 11 e 20: 10 puntos.

–Máis de 20: 15 puntos.

b) Capacidade da sala:

–Menos de 50 persoas: 5 puntos.

–Entre 50 e 150: 10 puntos.

–Máis de 150: 15 puntos.

c) Acreditación da mellora competitiva da mellora técnica que pretende acometer no ano 2011 e, en xeral, a coherencia da acción co plan de negocio presente e, ou futuro da empresa. De 0 a 12 puntos.

d) Uso do idioma galego nos elementos de identidade corporativa da empresa beneficiaria da subvención, materiais de comunicación e publicidade e documentación interna: 10 puntos.

5.2. Unha vez sumados todos os puntos obtidos polos diferentes criterios de valoración, obterase a puntuación total de cada solicitude, que se arredondará sen decimais. Daráselle un valor económico a cada punto obtido, que será o resultante de dividir o total da dotación establecida na convocatoria entre a suma de todos os puntos obtidos por todos os proxectos. O importe da subvención virá determinado pola multiplicación do valor económico do punto polo total de puntos obtidos por cada solicitude, co límite previsto na base 3.b). A obtención dun importe inferior a 1.500 euros suporá a desestimación da solicitude presentada.

6. Documentación específica requirida aos solicitantes desta modalidade:

–Memoria das melloras que se realizarán.

–Documentación acreditativa dos concertos programados pola Rede Galega de Música ao Vivo.

–Documentación acreditativa das actuacións ao vivo programadas á marxe da RGMV.

–Declaración acreditativa da capacidade da sala.

–Declaración acreditativa da antigüidade da sala na programación da RGMV.

–Acreditación do uso do idioma galego.

7. Prazos previstos para o cumprimento e xustificación das subvencións concedidas para estes proxectos:

–Os proxectos débense realizar desde o 1 de xaneiro de 2011 ata o 31 de xaneiro de 2012.

–Prazo de xustificación: ata o 15 de febreiro de 2012, como data límite.

8. Xustificación e liquidación da subvención outorgada:

–Memoria xeral da actividade realizada.

–Relación completa dos gastos realizados, polo importe total dos gastos de explotación (anexo XII).

–Xustificantes, orixinais ou copias compulsadas, dos gastos realizados imputados á subvención.

Non se aceptarán aquelas facturas no concepto das cales non se estableza de maneira clara e discriminada o obxecto do ben, a obra e/ou o servizo facturado.

–Certificación bancaria acreditativa da realización dos pagamentos correspondentes a todos os gastos de importe unitario superior a 400 euros imputados á subvención concedida, así como de todos os gastos de persoal e colaboracións profesionais.

–Relación de subvencións, achegas ou outros recursos concedidos para o mesmo obxecto por outras administracións públicas, así como declaración das axudas concedidas en réxime de minimis durante os tres últimos exercicios.

Disposición derradeira. Entrada en vigor.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2011.

Roberto Varela Fariña
Presidente do Consello de Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file