Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2011 Páx. 11455

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (1014/2010).

En virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, así como o previsto no artigo 12 do Real decreto 467/2006, acordo notificar a través do Diario Oficial de Galicia a Servicur Seguridad, S.A., a sentenza recaída neste procedemento.

Decido que, estimando a demanda interposta por Gonzalo Andrés Soto contra a empresa Grupo Europeo de Protección (G.E.P.), debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante, e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou ao aboamento dunha indemnización de 1.695,37 euros máis, en ambos os casos, ao aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascende a 11,90 euros diarios.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se lle fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E para que sirva de citación a Servicur Seguridad, S.A., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de abril de 2011.

Rubricado