Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 30 de maio de 2011 Páx. 12323

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de marzo de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador INC-LU-0015/2011-REP.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural, sita na rolda da Muralla, n.º 70 (Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 28 de marzo de 2011.

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: INC-LU-0015/2011-REP.

Interesado: Daniel Rodríguez Lamelas.

Acto notificado: acordo de incoación.