En cumprimento do disposto no apartado 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, de 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, se somete a información pública o expediente 34/2010 tramitado por instancia de Little Electric Car España, S.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de fabricación e ensamblaxe dun vehículo eléctrico, que se vai instalar no polígono industrial do Rebullón, módulo 8, na parroquia de Tameiga deste municipio.
Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase a disposición do público nas oficinas municipais ao fin de quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, se é o caso, as alegacións e observacións que teña por convenientes.
Mos, 7 de abril de 2011.
José María Pereira Eiró
Concelleiro Delegado de Urbanismo

