Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2011 Páx. 13011

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2011 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, convocado pola Orde do 17 de decembro de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 22 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 25 de maio de 2011 constituíuse o tribunal nomeado pola Orde do 17 de decembro de 2010 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no Corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, e acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1. da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día vinte e catro (24) de xuño de 2011, na aula n.º 1 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do n.º 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento do que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2011.

Rosa Elvira Fernández González
Presidenta do tribunal