Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2011 Páx. 13014

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 16 de maio de 2011 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 8 de abril de 2011.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, pola Orde do 8 de abril de 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 75, do 15 de abril), de conformidade co disposto no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo. Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 8 de abril de 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 75, do 15 de abril).

Segundo. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, e seleccionar o persoal que se relaciona no anexo I desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual das persoas que obtiveron praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente a persoa preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle foran concedidas á dita persoa. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. O xefe do centro en que cause baixa o persoal seleccionado, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2011.

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO I

Apelidos e nome: Salgado Domínguez, Nuria.

NRP: 3615082102 A2060.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto de traballo: Xefatura do Servizo de Apoio Técnico.

Código do posto de traballo: MA.C06.00.000.15770.100.

Centro directivo: D. X. de Infraestruturas

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: xeral/especial.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Apelidos e nome: Varela Castro, Eduarda.

NRP: 3280537624 A2060.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: Xefatura do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa.

Código do posto de traballo: MA.C06.00.000.15770.130.

Centro directivo: D. X. de Infraestrutura.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: xeral/especial.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.