Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2011 Páx. 13294

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Mar

ORDE do 16 de maio de 2011 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do mesmo decreto, a Consellería do Mar,

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, varios postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan os requisitos que se exixen para o desempeño dos postos e que se especifican no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar na convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, nas súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán xuntarlle á súa solicitude un curriculum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de resultar seleccionado/a para ocupar un posto de traballo anunciado no anexo I desta orde un/ha funcionario/a con destino definitivo noutra Administración pública, o seu nomeamento requirirá o informe favorable do departamento onde preste servizos, que se considerará favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o preceptuado no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes. Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma procederase a adxudicarlle o posto para o/a que foi seleccionado/a. Se no prazo de dous meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, o/a funcionario/a seleccionado/a non se puidese incorporar á comunidade autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos os postos de traballo de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles, se o destino anterior está na mesma localidade do novo destino, e dun mes se está en localidade distinta ou comporta reingreso ao servizo activo. O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, agás no caso de procedencia doutras administracións, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da comunicación da resolución de traslado á comunidade autónoma, co límite dos dous meses a que se fai referencia no punto quinto desta orde. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán impugnala directamente, á elección do/a demandante, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2011.

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar

ANEXO I

Denominación

Código

Nivel

Complemento específico (€)

Grupo

Corpo/escala

Adscr. Adm.. P.

Formación Específica

Centro destino

Localidade

Xefatura Servizo de Mercados

PE.C03.00.001.15770.050

28

15.981,84

A1/A2

Xeral/especial

A11

640

Subdirección Xeral de Competitividade

Santiago de Compostela

Subdirector/a xeral de Innovación Tecnolóxica

PE.C03.00.002.15770.001

30

21.029,54

A1

Xeral/especial

A11

640

Subdirección Xeral de Innovación Tecnolóxica

Santiago de Compostela

Xefatura Servizo Innovación Tecnolóxica da Frota

PE.C03.00.002.15770.006

28

15.981,84

A1/A2

Xeral/especial

A11

640

Subdirección Xeral de Innovación Tecnolóxica

Santiago de Compostela

Xefatura Servizo Innovación Tecnolóxica da Acuicultura

PE.C03.00.002.15770.050

28

15.981,84

A1/A2

Xeral/especial

A11

640

Subdirección Xeral de Innovación Tecnolóxica

Santiago de Compostela

Subdirector/a xeral Ordenación Recursos Mariños

PE.C04.00.001.15770.001

30

21.029,54

A1

Xeral/especial

A11

640

Subdirección Xeral de Ordenación dos Recursos Mariños

Santiago de Compostela

Xefatura Servizo de Xestión de

Proxectos

PE.C04.00.002.15770.010

28

15.981,84

A1/A2

Xeral/especial

AXG

Subdirección Xeral de Xestión dos Recursos Mariños

Santiago de Compostela

Xefatura Servizo de Planificación

PE.C04.00.002.15770.065

28

15.981,84

A1/A2

Xeral//especial

A11

640

Subdirección Xeral de Xestión dos Recursos Mariños

Santiago de Compostela

Xefatura Servizo Ensino e Titulacións Náutico Pesqueiras

PE.C05.00.001.15770.031

28

15.981,84

A1/A2

Xeral/especial

A11

640

Subdirección Xeral de Ensino e Investigación Mariña

Santiago de Compostela

Xefatura Servizo de Recursos Mariños

PE.C99.10.000.15001.054

28

14.604,66

A1/A2

Xeral/especial

A11

531-640

Xefatura Territorial A Coruña

A Coruña

Xefatura comarcal

PE.C99.30.000.15350.001

25

11.775,82

A1/A2/C1

Xeral/especial

AXG

Xefatura Comarcal Ferrol

Ferrol

Xefatura comarcal

PE.C99.30.000.15720.001

25

11.775,82

A1/A2/C1

Xeral/especial

AXG

Xefatura Comarcal Ribeira

Ribeira

Xefe/a territorial

PE.C99.10.000.27650.001

28

18.812,64

A1/A2

Xeral/especial

A11

640

Xefatura

Territorial Lugo (Celeiro)

Celeiro

Xefatura Servizo de Recursos Mariños

PE.C99.10.000.36560.084

28

14.604,66

A1/A2

Xeral/especial

A11

531-640

Xefatura Territorial Vigo

Vigo

Xefatura comarcal

PE.C99.30.000.36590.001

25

11.775,82

A1/A2/C1

Xeral/especial

AXG

Xefatura Comarcal Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa

Descrición códigos da adscrición a administracións públicas:

A11: adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Admón. do Estado, Admón. de CC.AA.

AXG: adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

Descrición códigos de formación específica:

640: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).

531: licenciado/a en Biolóxicas/Ciencias do Mar (mérito).

missing image file