Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2011 Páx. 13298

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2011, da Dirección Xerencia do Hospital Lucus Augusti de Lugo, polo que se publica a resolución da mesma data pola que se convocan, para vinculación temporal, dez prazas de facultativo especialista de área.

O director-xerente do Hospital Lucus Augusti de Lugo, de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, ao abeiro dos principios recollidos na norma xeral décimo cuarta do Pacto de selección temporal de persoal estatutario nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e da Orde do 15 de xuño de 2009 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Proceder ao anuncio de convocatoria para vinculación temporal do seguinte persoal:

–Nomeamento interino en praza vacante:

1 facultativo especialista de alergoloxía.

1 facultativo especialista en aparello dixestivo.

–Nomeamento de substitución de titular con dereito a reserva de praza:

1 facultativo especialista en anestesioloxía e reanimación.

1 facultativo especialista en anxioloxía e cirurxía vascular.

1 facultativo especialista en nefroloxía.

1 facultativo especialista en pediatría e as súas áreas específicas.

2 facultativos especialistas en obstetricia e xinecoloxía.

2 facultativos especialistas en cirurxía ortopédica e traumatoloxía.

Respecto das prazas de substitución de titular con dereito a reserva de praza, figurarán no expediente interno as características de substitución para poderen ser consultadas polos interesados no procedemento.

Segundo. As solicitudes para participar nesta convocatoria deberán dirixirse ao director xerente do Hospital Lucus Augusti de Lugo e poderán presentarse no seu rexistro así como en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte á data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. A mencionada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios do Hospital Lucus Augusti de Lugo así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Lugo, 22 de febreiro de 2011.

Francisco José Vilanova Fraga
Director xerente do Hospital Lucus Augusti de Lugo