De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LRJPAC), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, os acordos de iniciación ditados nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.
A competencia para impoñer esta clase de sancións corresponde aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1 da LOSC e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).
Infórmase de que, de conformidade co disposto no artigo 135 da LRJPAC e nos artigos 3, 18 e 19 do regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o instrutor/a o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da LRJPAC.
A tramitación do expediente realízase na oficina deste departamento territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na planta 9 do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, 43 de Pontevedra.
No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 16 do Real decreto 1398/1993.
Pontevedra, 5 de maio de 2011.
Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Número de expediente: PO-120-11.
NIF: B-36902468.
Denunciada: Hostelería Goán, S.L.
Enderezo: rúa Lepanto,15-baixo, Vigo.
Establecemento: El Manco.
Precepto infrinxido: artigo 26 e) da Lei orgánica 1/1992.
Número de expediente: PO-121-11.
NIF: B-36902468.
Denunciada: Hostelería Goán,S.L.
Enderezo: rúa Lepanto,15-baixo, Vigo.
Establecemento: El Manco.
Precepto infrinxido: artigo 26 e) da Lei orgánica 1/1992.
Número de expediente PO-122-11.
NIF: B-36902468.
Denunciada: Hostelería Goán, S.L.
Enderezo: rúa Lepanto,15-baixo, Vigo.
Establecemento: El Manco.
Precepto infrinxido: artigo 26 e) da Lei orgánica 1/1992.
Número de expediente PO-123-11.
NIF: B-36902468.
Denunciada: Hostelería Goán, S.L.
Enderezo: rúa Lepanto,15-baixo, Vigo.
Establecemento: El Manco.
Precepto infrinxido: artigo 26 e) da Lei orgánica 1/1992.
Número de expediente: PO-124-11.
NIF: B-36902468.
Denunciada: Hostelería Goán,S.L.
Enderezo: rúa Lepanto,15-baixo, Vigo.
Establecemento: El Manco.
Precepto infrinxido: artigo 26 e) da Lei orgánica 1/1992.

