Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 8 de xuño de 2011 Páx. 13944

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 23 de maio de 2011 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Orde do 7 de abril de 2011 (DOG n.º 73, do 13 de abril), e de conformidade co establecido no artigo 29.2.º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4.º do referido decreto lexislativo, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se relaciona no anexo desta orde.

Segundo. O cesamento no destino actual da funcionaria que obtivo a praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente a funcionaria preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro. A xefatura do centro no que cause baixa a funcionaria, así como a daquel no que obteña praza, realizarán dentro dos prazos sinalados nos apartados anteriores, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se lle dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase formular un recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenacion Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome

Álvarez Moreira, Luz Marina

N.º rexistro persoal

3609691257 A2051

Corpo ou escala

Xestión de Administración da Xunta de Galicia

Subgrupo

A2

Posto de traballo

Xefa do Servizo de Contratación e Equipamento

Código

ED.C02.00.003.15770.018

Nivel

28

Centro directivo

Secretaría Xeral Técnica

Localidade

Santiago de Compostela