Por Orde do 17 de marzo de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia número 65, do 1 de abril de 2011, corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galicia número 69, do 7 de abril de 2001, convocáronse a provisión, polo sistema de libre designación, dous postos de traballo vacantes na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola orde desta consellería do 17 de marzo de 2011 e designar os/as funcionarios/as cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar os postos que tamén se especifican.
Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente os/as funcionarios/as presten servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade ou de reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e na base sétima da convocatoria.
Terceiro. A xefatura do centro en que causen baixa os/as funcionarios/as, así como daquel en que obteñan praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso–administrativo ante o xulgado do contencioso–administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2011.
Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
ANEXO
NRP: 0938268324 A2051.
Grupo: A2.
Apelidos e nome: Pinilla López, M.ª José.
Posto de traballo: xefatura de servizo de Planificación Económica e Coordinación Administrativa.
Nivel: 28.
Código do posto: PR.C06.00.000.15770.050.
Centro directivo: Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.
Localidade: Santiago de Compostela.
NRP: 3608906335 A2051.
Grupo: A2.
Apelidos e nome: San Martín Outeiral, M.ª Ángeles.
Posto de traballo: xefatura de servizo de Xestión Económica e Administrativa.
Nivel: 28.
Código do posto: PR.C03.00.002.15770.010.
Centro directivo: Dirección Xeral de Xustiza.
Localidade: Santiago de Compostela.

