Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 14 de xuño de 2011 Páx. 14948

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) no ámbito da unidade edificatoria 111903. Casas Reais, número 20.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de abril de 2011, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) no ámbito da unidade edificatoria 111903 (Casas Reais, número 20), segundo o proxecto presentado o 24 de xuño de 2010 por Jesús Rey Iglesias, redactado polo arquitecto José Luís Pereiro Alonso.

Este acordo será notificado aos interesados e publicado no Diario Oficial de Galicia e no BOP, no que se inserirá a normativa urbanística aprobada.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas comunicación do acordo de aprobación definitiva, xunto con dous exemplares dilixenciados do proxecto definitivamente aprobado.

A modificación afecta os seguintes documentos do plan especial:

– Ficha de catalogación da unidade edificatoria 111903.

– Plano de alzada 8.59.

– Plano de ordenación de cubertas 6.17.

O acto de aprobación definitiva da citada modificación do plan especial foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 5 de maio de 2011, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2011.

Xosé A. Sánchez Bugallo
Alcalde