Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 14 de xuño de 2011 Páx. 14924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2011, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, pola que se anuncia a contratación do servizo consistente na análise, deseño, desenvolvemento, mantemento e implantación de novas funcionalidades no sistema electrónico de facturación (SEF), polo procedemento aberto e con pluralidade de criterios, cofinanciado con cargo ao Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Ré-xime Interno do CIXTEC.

c) Número de expediente: 11-017.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo consistente na análise, deseño, desenvolvemento, mantemento e implantación de novas funcionalidades no sistema electrónico de facturación (SEF), cofinanciado con cargo ao Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

b) Prazo de execución: catro (4) meses, contados desde a data de sinatura do corres-pondente contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo de licitación:

Importe (sen IVE)

Importe IVE

Importe total

186.000 €

33.480 €

219.480 €

5. Garantía provisional.

Non se exixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Con-table, CIXTEC.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán n.º 9.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas:

1) Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.

2) Ofertas presentadas a través do sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX): o prazo de presentación rematará ás 24.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Documentación presentada en sobre pechado:

Entidade: CIXTEC.

Enderezo: rúa Domingo Fontán n.º 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

2) Documentación presentada a través do sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX):

As ofertas deberán presentarse no sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX), accesible a través do portal http://www.xunta.es ou directamente no enderezo http://www.conselleriadefacenda.es/silex

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: CIXTEC.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán n.º 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:

– Data: o sexto (6) día hábil, contado a partir do seguinte ao de remate de presentación de ofertas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

– Hora: 10.15 horas.

Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:

– Data: o décimo primeiro (11) día hábil, contado a partir do seguinte ao de remate de presentación de ofertas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

– Hora: 10.15 horas.

10. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 euros por liña publicada no DOG.

11. Páxina web onde poden obterse os pregos:

– www.cixtec.es

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2011.

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable