1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, (CIXTEC).
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.
c) Número de expediente: 11-012.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de licenzas para a infraestrutura virtual.
b) Número de unidades que se entregarán: o indicado no prego de prescricións técnicas.
c) Lugar de entrega: o indicado no prego de prescricións técnicas.
d) Prazo de entrega: quince (15) días, como máximo, contados desde a data de sinatura do correspondente contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: pluralidade de criterios.
4. Orzamento base de licitación.
Importe máximo de licitación:
|
Importe (sen IVE) |
Importe IVE |
Importe total |
|
192.000 € |
34.560 € |
226.560,00 € |
5. Garantía provisoria.
Non se exixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).
b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, n.º 9.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
d) Teléfono: 981 54 13 37.
e) Telefax: 981 54 12 70.
f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
Os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación de ofertas:
1) Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicar ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.
2) Ofertas presentadas a través do sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX): o prazo de presentación rematará ás 24.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1) Documentación presentada en sobre pechado:
Entidade: CIXTEC.
Enderezo: rúa Domingo Fontán, n.º 9.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
2) Documentación presentada a través do sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX):
As ofertas deberán presentarse no sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX), accesible a través do portal http://www.xunta.es ou directamente no enderezo http://www.conselleriadefacenda.es/silex
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: CIXTEC.
b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, n.º 9.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o sétimo (7) día hábil, contado a partir do seguinte ao de remate do prazo de presentación de ofertas. Se ese día coincidir en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.
e) Hora: 10.00 horas.
10. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios correrán a cargo do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 € por liña publicada no DOG.
11. Páxina web onde poden obterse os pregos.
www.cixtec.es
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2011.
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable

