Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2011 Páx. 15525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2011 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto con varios criterios de valoración, para a adxudicación dos contratos non suxeitos a regulación harmonizada de execución das obras públicas hidráulicas de abastecemento e saneamento dos proxectos de clave OH.336.938 e dous máis, cofinanciados pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Tipo de contrato: obra.

d) Obtención de documentación e información.

1) Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:

– Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?OR=24

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

– Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, rúa Doutor Maceira n.º 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.eposh@xunta.es.

– Copistaría Copynino na rúa dos Feáns n.º 19, Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono e fax: 981 58 89 38.

2) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto de cada contrato.

a) Descrición e lugar de execución: adecuación da rede de saneamento no concello de Gondomar (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.938.

Orzamento base de licitación: importe neto: 2.957.893,48 euros. Importe total: 3.490.314,31 euros. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 70%. Tema prioritario 46: tratamento da auga (auga residual).

Prazo de execución (meses): trinta e seis (36).

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

b) Descrición e lugar de execución: depósito de abastecemento en Santa María de Oia, Oia (Pontevedra).

Número de expediente: OH.236.991.

Orzamento base de licitación: importe neto: 303.053,30 euros. Importe total: 357.602,89 euros. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 70%. Tema prioritario 45: xestión e distribución da auga (auga potable).

Prazo de execución (meses): doce (12).

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: acreditaranse de conformidade co establecido no número 5 deste anuncio. O licitador poderá acreditar as solvencias exixidas, quedando eximido da presentación destas, coa achega da clasificación como empresa contratista de obras do grupo E, subgrupo 1, categoría c.

c) Descrición e lugar de execución: carreiro e pasarela de madeira sobre o río Chaín en Portas, Portas (Pontevedra).

Número de expediente: OH.436.967.

Orzamento base de licitación: importe neto: 162.703,47 euros. Importe total: 191.990,09 euros. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 70%. Tema prioritario 53: prevención de riscos (incluídas a elaboración e aplicación de plans e medidas para prever e xestionar os riscos naturais e tecnolóxicos).

Prazo de execución (meses): doce (12).

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: acreditaranse de conformidade co establecido no número 5 deste anuncio. O licitador poderá acreditar as solvencias exixidas, quedando eximido da presentación destas, coa achega da clasificación como empresa contratista de obras do grupo G, subgrupo 6, categoría c.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enumérase e detállase coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Garantías exixidas.

a) Provisoria: non se exixe en ningún dos contratos.

b) Definitiva: 5% do orzamento base de licitación, IVE excluído, para cada un dos contratos.

5. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: a exixida para cada contrato.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: as ditas solvencias, no caso dos contratos en que son exixibles, acreditaranse polos medios establecidos nos artigos 64.1 a) e 65 a) da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, nos termos que se expresan na cláusula 7.1.4.2. do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 5.2. do seu cadro de características do contrato, coa posibilidade de acreditar as ditas solvencias mediante a xustificación da clasificación substitutiva destas indicada.

Para as empresas non españolas de estados membros da Unión Europea non clasificadas en España de acordo co establecido nos artigos 55.1 e 48.4 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, deberán acreditar as ditas solvencias nos termos que se expresan na cláusula do prego administrativo e na parte do cadro de características do contrato citados.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 de agosto de 2011.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo, localidade e código postal: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos na rúa Doutor Maceira n.º 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Data e hora: as aperturas en acto público do sobre B o 22 de agosto de 2011 e do sobre C o 8 de setembro de 2011, ás 10.00 horas en ambos os casos.

8. Gastos de publicidade: serán por conta dos licitadores seleccionados para seren adxudicatarios proporcionalmente aos orzamentos de licitación dos contratos.

9. Outras informacións.

– Cofinanciamento da Unión Europea: o obxecto dos contratos indicados no número 2 están cofinanciados polo Feder nun 70%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3.- Medio Ambiente, Contorno Natural, Recursos Hídricos e Prevención de Riscos. Unha maneira de facer Europa.

– CPA e CPV (codificación do obxecto do contrato): as indicadas no cadro de características de cada contrato.

– Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

– Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que calquera dos actos públicos de apertura das ofertas se modifique, notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

– Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

– Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2011.

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos