En cumprimento do previsto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 22 do abril de 2010, acordou darlle publicidade á adxudicación que se indica a continuación:
1. Obra de adaptación e execución do proxecto de reforma e ampliación do IES Porta da Auga de Ribadeo (Lugo).
1.1. Adxudicatario: Construcciones Jesús Naray, S.A.L.
1.2. Orzamento: 192.328,20 €
O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2011.
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

