Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.
Expediente n.º: RL 2010/0386-4.
Acta n.º: I362010000125639.
Empresa: Voladuras y Perforaciones Mineras, S.L.
NIF: B98098049.
Enderezo: rúa Dels Furs, 13, Ontinyent.
Materia: seguridade e saúde.
Preceptos infrinxidos: artigo 14 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e artigos 3 a) e b), parte C, do anexo IV, en relación co artigo 11.1 c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.
Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16 f), 39.3 a) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Data de resolución: 24.3.2011.
Resolución: multa de 8.195 €.
Fáiselle saber a interesada que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.
Vigo, 20 de maio de 2011.
Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo

