O Pazo de Fefiñáns atópase no centro da vila de Cambados, ergueito sobre unha construción anterior. A estrutura do Pazo de Fefiñáns corresponde aos primeiros anos do século XVII. Trátase dun pazo semiurbano, situado na antiga praza do Mercado, hoxe de Fefiñáns.
A planta, en forma de L, consta de baixo e piso, a primeira dedicada a adega e explotación comercial de viño albariño e a segunda a vivenda dos propietarios actuais do pazo.
As fachadas que ollan para a praza están tratadas de xeito semellante: na planta baixa, fiestras e ocos de acceso, sinalándose as entradas principais por un troco de escala e uns elementos de remate que serven de soporte a cadanseu escudo. É característico, tamén, o remate dos vans de ambas as alas do edificio con molduras, formando frontóns.
A fachada da ala leste, considerada como principal, presenta, respecto ao sur, a peculiaridade dos balcóns con varanda de fundición, á cal se une por medio de ocos rectangulares na fachada. Tanto na esquina desta, como no seu correspondente da ala oposta hai que salientar as ventás en esquina, que comunican con balcóns de planta circular apoiados sobre ménsulas concéntricas de pedra.
No lado sur posúe unha torre de catro plantas, na cal, ademais do balcón circular xa mencionado, hai que sinalar un de iguais características, pero de menores proporcións, situado no terceiro piso e coñecido como balcón de pelegrín.
Na parte posterior da ala leste existe unha plataforma a xeito de espazo de transición entre a edificación e a veiga, dedicada esta a xardín e cultivo de albariño.
Pola súa banda, na fachada posterior da ala sur fórmase unha especie de patio pechado polo propio edificio (asoportalado e con vans cuadrangulares con trabatel) e as adegas, as antigas cabalarizas e o valo da veiga.
Un derradeiro aspecto construtivo salienable é o arco-ponte que une o pazo no seu valo norte coa veiga contigua. Alí encóntrase un miradoiro pechado de balaústres de pedra e un templete de planta cadrada, con bóveda sostida por catro columnas. Este arco-ponte ponnos en relación cun dos aspectos máis interesantes deste pazo: o urbanístico. O Pazo de Fefiñáns forma, xunto coa igrexa de San Bieito, unha das máis significativas prazas de Galicia; unha praza que hoxe non presenta o seu aspecto orixinario, pois que ata 1843, ademais de posuír saída directa ao mar, tiña outros tres arcos ponte, semellantes ao xa mencionado, que pechaban, así, a praza.
A pesar de ser unha obra do século XVII, na composición da fachada principal do pazo parece evidente o influxo do Renacemento Italiano, como demostran os frontóns triangulares, nos cales se sitúan os bustos dos máis destacados persoeiros da familia Sarmiento e Valladares. Non obstante, hai unha serie de elementos que si evidencian o influxo notable do nacente barroco do século XVII, como son a estreiteza da planta, os remates dos frontes principais, onde se colocan os brasóns, a cheminea, etc., é dicir, déixase ver a intención do arquitecto de lograr unha fastosa fachada, que non corresponde co interior, idea propia do Barroco, como tamén o é a composición da praza, que viría presidir a vila medieval de Fefiñáns, un dos tres núcleos a partir dos cales se forma o actual Cambados.
Das partes integrantes, pertenzas e accesorios.
O pazo conserva parte das terras que lle pertencían, delimitadas por un valo de pedra. As leiras anexas divídense en dúas zonas comunicadas polo arco. A primeira é anexa á edificación e tiña uso de horta do pazo. Actualmente conserva parcialmente ese uso, complementado polo de xardín. A segunda zona, comunicada coa edificación pola ponte, subdivídese, pola á súa vez, en xardín, eira e bosque, pechado este último cun valo de pedra dentro da propiedade.
Cada unha das dúas zonas ten unha fonte de pedra encostada ao valo que cerra a leira no fronte leste.
Edificacións anexas situadas ao sur da edificación principal son as cabalarizas e adegas, que conforman todas elas un patio semiaberto cara ao leste a nivel da praza de Fefiñáns.
Na outra zona de hortas, a comunicada a través da ponte, existen tres edificacións encostadas ao valo oeste da leira, cun uso relacionado coas adegas (produción de licores), viradas para o interior da leira e dúas vivendas con fronte ao exterior, que antano pertencían ao pazo pero que a mediados do século xx pasaron a mans da igrexa por doazón dos donos do pazo e que esta, pola súa vez vendeu, en anos posteriores, a particulares.
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural é o órgano competente para incoar os procedementos de declaración de ben de interese cultural segundo o disposto polo título I da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e polo Decreto 430/1991, do 30 de decembro, polo que se regula a tramitación para a declaración de bens de interese cultural de Galicia e se crea o Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Incoar o procedemento para a declaración de ben de interese cultural coa categoría de monumento a favor do pazo de Fefiñáns, no termo municipal de Cambados (provincia de Pontevedra).
Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, a delimitación da zona afectada pola declaración figura como anexo á presente resolución.
Segundo. Comunicar esta resolución ao Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural para a súa anotación preventiva, así como ao Concello de Pontevedra, segundo dispón o artigo 10 da Lei de patrimonio cultural de Galicia.
Terceiro. Dispoñer a apertura dun período de información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, a fin de que cantos teñan interese poidan examinar o expediente e alegar o que estimen conveniente nas dependencias administrativas da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 3.º, 2.º andar, en Santiago de Compostela, previa petición de cita.
Cuarto. Consonte o disposto polo artigo 35 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, a presente resolución determina a aplicación inmediata e provisional do réxime de protección previsto para os bens xa declarados e, en concreto, a suspensión das correspondentes licenzas municipais de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas pola declaración, así como dos efectos das xa outorgadas. A suspensión dependerá da resolución ou caducidade do expediente incoado.
As obras que, por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia, teñan que se realizar con carácter inaprazable precisarán, en todo caso, de autorización dos organismos competentes da Consellería de Cultura e Turismo.
Quinto. En aplicación do disposto polo artigo 12 da Lei de patrimonio cultural de Galicia, o expediente terá que resolverse no prazo máximo de 20 meses contados a partir da data en que se incoou. Transcorrido o prazo, producirase a caducidade do expediente se se solicitar o arquivo das actuacións ou se dentro dos sesenta días seguintes non se ditar resolución.
Sexto. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2011.
José Manuel Rey Pichel
Director xeral de Patrimonio Cultural
ANEXO I
Delimitación literal
Xustificación da delimitación do inmoble e o seu contorno.
Hai suficientes elementos configuradores dun límite físico claro no que se refire á delimitación do inmoble. A propiedade do pazo está pechada por un valo de pedra de tres metros e medio de altura, constituíndo dúas bolsas pechadas unidas pola ponte de pedra.
O contorno delimítase tendo en conta dous aspectos: en primeiro lugar, a lectura do conxunto desde fóra do valo de peche da propiedade desde o exterior, e a súa protección, que facilitan a lectura clara e precisa do ben e, por outra parte, o control das edificacións que poidan aparecer no contorno desde o interior do pazo, pois a altura do valo fai que calquera actuación exterior teña moita presenza no espazo interior.
O interese que prima á hora de establecer a delimitación do Pazo de Fefiñáns, moi vinculado ao crecemento urbano da zona, é o de protexer a súa contorna ante calquera alteración das condicións existentes na súa percepción, así como intentar preservar o carácter do que o rodea, salvagardandú o ben de calquera actuación que o puider afectar directa ou indirectamente tanto os valores históricos e arquitectónicos como culturais e paisaxísticos, todo isto respectando que a importancia do pazo non reside só no valor da edificación e xardíns, senón que tamén, e non con menor importancia, na capacidade que tivo ao longo da súa historia de formar tecido urbano, de servir como aglutinante nunha zona próxima ao mar onde conflúen camiños diversos que unían Cambados con Vilagarcía e co interior.
1. Descrición da delimitación do monumento.
Puntos de contorno definidos no plano 1 (coordenadas UTM):
Tramos 1-4. Tramo comprendido entre a ponte, cara ao oeste, seguindo as fachadas da edificación principal pola praza de Fefiñáns ata a esquina noroeste da torre da praza.
Punto 1 X=515479.03
Y=4707670.47
Punto 2 X=515465.48
Y=4707670.22
Punto 3 X=515461.8
Y=4707626.02
Punto 4 X=515426.39
Y=4707627.16
Tramo 4-5. Tramo que comeza na esquina noroeste da torre da Praza, continúa polas fachadas das edificacións, e termina na última delas, no punto 5 (X=515424.05, Y=4707574.63)
Punto 5 X=515424.05
Y=4707574.63
Tramos 5-7.Tramo que, desde a última fachada das edificacións anexas do sur (punto 5 X=515424.05 Y=4707574.63), percorre o muro sur do predio do pazo, ata chegar á esquina sueste do mesmo muro.
Punto 6 X=515477.75
Y=4707584.63
Punto 7 X=515598.19
Y=4707575.57
Tramos 7-10. Tramo que comeza na esquina sueste do muro do pazo, percorre o límite entre o pazo e o colexio situado ao leste e remata na esquina nordeste da torre.
Punto 8 X=515611.44
Y=4707676.76
Punto 9 X=515628.52
Y=4707677.25
Punto 10 X= 515621.03
Y=4707684.22
Tramo 10-1. Valo norte de peche do predio da edificación principal. Comeza na esquina nordeste da torre e chega ata a ponte.
Tramo 11-12. Valo sur de peche do predio do bosque, desde a ponte ata a esquina sueste da leira do bosque.
Punto 11 X=515482.86
Y=4707684.47
Punto 12 X=515600.14
Y=4707695.73
Tramo 12-14. Límite entre o muro leste co camiño existente, desde a esquina sueste da leira do bosque ata a esquina nordeste da mesma leira.
Punto 13 X=515622.98
Y=4707877.33
Tramo 14-19. Límite entre o valo da leira do bosque co tecido residencial urbano. Comprende o tramo que comeza na esquina nordeste da leira do bosque, percorre o límite entre as leiras do tecido residencial e o bosque, e remata no punto de chegada do muro á estrada de Vilagarcía.
Punto 14 X=515646.82
Y=4707943.35
Punto 15 X=515632.33
Y=4707955.42
Punto 16 X=515550.37
Y=4707911.93
Punto 17 X=515520.3
Y=4707878.88
Punto 18 X=515498.34
Y=4707853.4
Punto 19 X=515487.83
Y=4707853.93
Tramo 19-21. Tramo comprendido entre o punto de comezo (no norte) do valo da leira do bosque na estrada de Vilagarcía, e o final das edificacións na mesma rúa na chegada á praza de Fefiñáns.
Punto 20 X=515461.37
Y=4707710.85
Punto 21 X=515455.83
Y=4707686.85
Tramo 21-11 . Tramo comprendido entre o final das edificacións anexas na estrada a Vilagarcía, na chegada á praza de Fefiñáns, ata chegar á ponte, no valo sur da leira do bosque.
2. Descrición da delimitación do contorno.
O contorno de protección proposto adáptase aos predios catastrais e as rúas por que discorre a demarcación, e queda literalmente xeorreferenciado e detallado graficamente segundo o plano axunto (anexo II).
Tramos a-e. Tramo que comprende desde o punto a (X=515715.40, Y=4707509.66) ata o punto e (X=515823.86, Y=4708002.27), seguindo a liña principal do parcelario que limita coa avenida do Salnés cara ao oeste.
Punto a X=515715.40
Y=4707509.66
Punto b X=515719.01
Y=4707655.68
Punto c X=515697.03
Y=4707786.11
Punto d X=515693.58
Y=4707894.59
Punto e X=515823.86
Y=4708002.27
Tramos e-g. Tramo que comprende desde o punto e (X=515823.86, Y=4708002.27) ata o punto g (X=515517.18, Y=4708060.76), seguindo a liña principal do parcelario que limita coa avenida do Salnés cara ao norte.
Punto f X=515575.94
Y=4708048.46
Punto g X=515517.18
Y=4708060.76
Tramos g-j. Fachada traseira das edificacións do fronte oeste da estrada de Vilagarcía desde o punto g (X=515517.18, Y=4708060.76) ata o punto j (X= 515417.44, Y=4707738.85).
Punto h X=515509.24
Y=4708014.66
Punto i X=515474.02
Y=4708006.92
Punto j X= 515417.44
Y=4707738.85
Tramos j-p. Límite parcelario das edificacións que dan fronte á praza de Fefiñáns e rúas que saen directamente desta, desde o punto j (X= 515417.44, Y=4707738.85) ata o punto p (X=515401.42, Y=4707540.28).
Punto k X=515387.03
Y=4707746.78
Punto l X=515360.14
Y=4707720.51
Punto ll X=515380.87
Y=4707707.79
Punto m X=515371.15
Y=4707685.78
Punto n X=515364.90
Y=4707649.23
Punto ñ X=515354.66
Y=4707601.02
Punto o X=515396.89
Y= 4707596.33
Punto p X=515401.42
Y=4707540.28
Tramos p-a. Límite sur. Adóptase neste límite o límite sur da rúa Valle-Inclán, no tramo que une a Rúa Real coa avenida do Salnés.

