Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 27 de xuño de 2011 Páx. 16995

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (483/2009).

Lucía Doval Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de demanda 483/2009, seguido por instancia de Antonio Ventín Sánchez, Juan Carlos Rodríguez García e Nemesio Ventín Rodríguez contra a empresa Reformas Construgal, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Polo exposto, estimo a demanda interposta pola parte demandante, Antonio Ventín Sánchez, Juan Carlos Rodríguez García e Nemesio Ventín Rodríguez, condenando a parte demandada, entidade Reformas Construgal, S.L., a lle aboar á demandante, por conta de Antonio Ventín, a cantidade total de 8.604,66 euros, e por conta de Nemesio Ventín e do sr. Rodríguez, a cantidade total de 8.162,51 euros, polo xa establecido nos fundamentos xurídicos. E condeno o Fogasa a se ater a esta resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días. Para poder acceder ao recurso, a demandada deberá exhibir ante este xulgado o xustificante acreditativo de que depositou na conta deste xulgado do social, n.º identificador 1589, aberta no banco Banesto, a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60). A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, en que se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista, e deberá tamén acreditar que depositou na indicada conta (clave de ingreso 65) a cantidade de 150,25 euros preceptiva para recorrer. Sen este cumprimento non se considerará anunciado o recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Reformas Construgal, S.L., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2011.

A secretaria xudicial
Rubricado