Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 27 de xuño de 2011 Páx. 17063

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rábade

ANUNCIO de información pública.

Aprobada inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rábade por acordo do Pleno do 11 de maio de 2011, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado o expediente por calquera interesado nas dependencias municipais para que formulen as alegacións que consideren pertinentes.

Rábade, 23 de maio de 2011.

Francisco Xosé Fernández Montes
Alcalde