1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.
c) Número de expediente: 36/2011.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de equipamento hardware para o centro de proceso de datos corporativo da Xunta de Galicia.
b) División por lotes e número: si, dous.
c) Prazo de entrega: véxase número 7) do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de prórroga: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado para cada un dos lotes sinalados é de:
Lote 1. Servidores. Importe: 80.000 € máis 14.400 € que corresponden ao IVE, o que supón un total de 94.400 € (noventa e catro mil catrocentos euros).
Lote 2. Almacenamento. Importe: 158.728,81 € máis 28.571,19 € que corresponden ao IVE, o que supón un total de 187.300 € (cento oitenta e sete mil trescentos euros).
O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención da documentación e da información.
a) Entidade: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
b) Dirección: edificios administrativos San Caetano.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 545 286.
e) Fax: 981 545 274.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16315
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ata as 14.00 horas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: véxanse puntos 17) e 18) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará ás 14.00 horas do día 7.7.2011.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1.º Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no edificio administrativo San Caetano (luns a venres das 9.00 ás 19.00 horas e sábados das 9.00 ás 14.00 horas).
2.º Dirección: edificio administrativo San Caetano, s/n.º.
3.º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.
10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no punto 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 19.1.2011.
13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 8.6.2011.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2011.
Mar Pereira Álvarez
Secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica

