Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx. 17711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de maio de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2011032SEA, por infraccións en materia sanitaria.

O 11 de maio de 2011, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador n.º 2011032SEA incoado a Congelados Illa de Sálvora, S.L.

Unha vez intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Congelados Illa de Sálvora, S.L. o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada ante a Consellería de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña; e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderase facer no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, Recadación Xunta; no BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, e empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 23 de maio de 2011.

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

N.º expediente: 2011032SEA.

Interesada: Congelados Illa de Sálvora, S.L.

DNI/NIF/CIF: B70242177.

Último enderezo coñecido: porto pesqueiro, local 33, 15960 Ribeira.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: artigo 35 a) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e artigo 41 a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Artigo 2.1.º 1 e 2.2.º do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

Real decreto 1712/1991, do 29 de novembro, sobre o Rexistro Xeral Sanitario de Alimentos; artigo 2.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 1.200 € (mil douscentos euros).