Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx. 17686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan as persoas interesadas nos recursos contencioso-administrativos P.O. 4056/2011 e catro máis, contra a Resolución do 10 de decembro de 2010, pola que se aproba definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Muros (A Coruña).

Nesta secretaría xeral técnica recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números P.O. 4056/2011, interposto por Manuel Lestón Rey, P.O. 4080/2011, interposto por M.ª del Carmen Castaño Oreja e Juan José Ecenarro Anzorandia, P.O. 4079/2011, interposto por M.ª del Carmen González Fuentes, P.O. 4041/2011, interposto por Promociones Esteiro, e P.O. 4074/2011, interposto pola Comunidade Hereditaria de José Lado París, contra a Resolución do 10 de decembro de 2010, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se aproba definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Muros (A Coruña).

Para os efectos de cumprir o solicitado no dito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 13 de xuño de 2011.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1.º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2011.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas