En virtude do establecido no artigo 8, parágrafo primeiro, da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, por proposta conxunta das conselleiras de Facenda e de Traballo e Benestar e, logo de consulta coas organizacións empresariais e sindicais representadas no consello, dado cumprimento ao establecido no artigo 16 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e tras a comparecencia da candidata ante a Comisión 5.ª do Parlamento de Galicia,
DISPOÑO:
Artigo único. Noméase presidenta do Consello Económico e Social de Galicia a María Corina Porro Martínez.
Santiago de Compostela, sete de xullo de dous mil once.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente

