Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 14 de xullo de 2011 Páx. 19623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia a adxudicación do contrato do servizo de restauración, mantemento e limpeza das instalacións dos campamentos xuvenís da provincia da Coruña. Campaña verán 2011. Expediente 29/2011.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial da Coruña.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de restauración, mantemento e limpeza das instalacións dos campamentos xuvenís de Espiñeira-Boiro, Furelos-Melide e Virxe de Loreto-Porto do Son na provincia da Coruña.

3. Tramitación e procedemento: ordinario e aberto.

4. Orzamento base de licitación: cento oitenta e un mil cento trinta e oito euros con oitenta e nove céntimos (181 138.89 €), máis catorce mil catrocentos noventa e un euros con once céntimos (14 491.11 €) en concepto de IVE (8%), resultando un total de cento noventa e cinco mil seiscentos trinta euros (195 630,00 €).

5. Adxudicación:

a) Data: 16 de xuño de 2011.

b) Contratista: Galicia Vella de Inversiones y Logística, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento oitenta mil trescentos trinta e oito euros con oitenta e nove céntimos (180 338.89 €), máis catorce mil catrocentos vinte e sete euros con once céntimos (14 427.11 €) en concepto de IVE (8%), resultando un total de cento noventa e catro mil setecentos sesenta e seis euros (194 766,00 €).

A Coruña, 17 de xuño de 2011.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña