Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 15 de xullo de 2011 Páx. 19797

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 6 de xullo de 2011 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2011, e se procede á súa convocatoria.

O Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 (Plan I2C) recolle no eixo estratéxico 1-xestión do talento, as actuacións de apoio á carreira investigadora, entre as que se atopa o Programa de apoio á etapa predoutoral.

Segundo o devandito plan, este programa financia contratos cunha duración máxima de tres anos. A contratación deste persoal nas súas etapas iniciais ten relevancia para lograr que o sistema alcance unha dimensión dos seus recursos humanos de investigación comparable a outros países europeos. Constitúe ademais a base para que, mediante a execución dun proxecto de investigación, se adquiran as habilidades propias do persoal investigador.

Ademais, esta convocatoria quere contribuír a reducir o desequilibrio entre homes e mulleres dedicados á investigación no Sistema Universitario de Galicia, en cumprimento do compromiso de eliminación de discriminacións entre homes e mulleres que recolle o artigo  1 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes. Por iso, as axudas que se regulan nesta convocatoria terán en consideración o peso relativo das mulleres nas propostas presentadas, de xeito que se potencie o seu número e a calidade do seu traballo.

Atendendo a estas consideracións xerais e en virtude das súas competencias, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procede á convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral do ano 2011.

Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto da convocatoria.

Esta orde establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de apoio á etapa predoutoral, do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 (Plan I2C), e procede á súa convocatoria. O obxecto do Programa de apoio á etapa predoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG que contraten titulados/as superiores para a súa formación como doutores/as nos seus centros.

Artigo 2. Beneficiarios e solicitantes.

Poderán ser beneficiarias das axudas desta convocatoria as universidades do SUG que contraten, por un tempo máximo de tres anos, os solicitantes seleccionados, a través dun contrato de traballo en prácticas ou, na súa falta, un contrato laboral de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en virtude do cal o/a solicitante seleccionado/a quedará vinculado/a á universidade onde desenvolva a súa actividade, asumindo ambas as partes as obrigas contractuais que deriven del e que, en todo caso, se adecuarán ao contido da solicitude de axuda.

Poderán ser solicitantes das axudas de apoio á etapa predoutoral, co visto e prace da súa universidade, os/as titulados/as superiores que se vaian formar como doutores/as nas universidades do Sistema Universitario de Galicia que cumpran, na data de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

1. Ter nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Non obstante, os cidadáns non comunitarios poderán solicitar a axuda, pero o número máximo de axudas concedidas a estes/as solicitantes será do 5% das axudas ofertadas. Estes solicitantes non comunitarios deberán estar en situación de estancia por estudos en España con anterioridade á publicación da convocatoria.

2. Estar en posesión dun título universitario (licenciado, grao ou equivalente) recoñecido oficialmente e que dea acceso aos estudos de máster ou ao período formativo do doutoramento. A data de finalización dos estudos que dean acceso ao título universitario de licenciado/a, graduado/a ou equivalente debe ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2008. Enténdese como data de finalización dos estudos a de superación da última materia para os completar.

3. A data de terminación de estudos indicados no punto anterior poderá ser anterior ao 1 de xaneiro de 2008, pero posterior ao 1 de xaneiro de 2006, nos seguintes casos:

– Os/as licenciados/as ou graduados/as en medicina, farmacia, bioloxía, química ou psicoloxía que, na data de peche do prazo de presentación de solicitudes, estean en posesión do título oficial de especialidade médica (MIR) ou farmacéutica (FIR) ou conten co certificado oficial de especialidade en bioloxía (BIR), química (QUIR) ou psicoloxía (PIR).

– Os/as titulados/as que acrediten fidedignamente algunha das seguintes circunstancias entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 1 de xaneiro de 2008: baixa maternal, que teñan a cargo menores de 3 anos, que teñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas cónxuxe, fillos ou ascendentes de primeiro grao de consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme, persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, recoñecidos como tales e cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%.

4. Para os efectos de solicitar unha axuda deste programa, considérase que os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros universitarios privados españois están recoñecidos oficialmente cando o/a solicitante acredite ter sido admitido/a nun programa de doutoramento dunha universidade española mediante certificación da universidade correspondente.

5. Posuír unha media simple de expediente académico igual o superior a 7,5. Para os solicitantes de enxeñería e arquitectura a media deberá ser igual ou superior a 6,5. Esta media calcúlase segundo o protocolo de colaboración subscrito entre Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos vixente no momento de publicación desta convocatoria.

6. Estar matriculado/a nun programa de doutoramento oficial impartido nunha universidade do SUG, así como realizar a tese nun centro do SUG.

7. Ter aprobado pola Comisión Académica de Programas de Doutoramento o proxecto de traballo de investigación, ou ter superado o procedemento equivalente. Esta aprobación terá que producirse en data anterior á publicación desta convocatoria.

8. Non ter sido contratado/a coas axudas do Programa María Barbeito do Incite ou outras homologadas (bolsas/contratos predoutorais ou equivalentes), durante un período igual ou superior a nove meses. Se o/a solicitante seleccionado/a percibe unha axuda predoutoral da súa universidade, deberá renunciar a ela, e o tempo durante o que a recibiu será restado do tempo máximo de duración desta axuda.

Artigo 3. Importe, número e duración das axudas.

A duración das axudas será de un máximo de tres anos, que se desenvolverá nas datas que se indiquen na correspondente resolución de adxudicación e que, en todo caso, serán entre o 1 de outubro de 2011 e o 31 de outubro de 2014. Estas axudas non poderán ser obxecto de prórroga. A primeira anualidade dos contratos comezará a computarse na data que se indique na resolución desta convocatoria, que non será anterior ao 1 de outubro de  2011.

A axuda concedida para cada contrato será de 21.000 euros anuais, incluíndo neste importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento dos custos sociais. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior bruta a 21.000 euros anuais, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.

O número máximo de contratos que poderán financiarse é de 100. A porcentaxe de axudas concedidas para cada ámbito de coñecemento (artes e humanidades; ciencias; ciencias socias e xurídicas; enxeñería e arquitectura; ciencias da saúde) non será inferior ao 15% dos contratos financiados.

Os importes das axudas só poderán ir destinadas ao financiamento dos contratos dos/as solicitantes seleccionados/as, incluíndo os seus custos sociais. En ningún caso serán exixibles á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria máis obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.

Nos contratos deberá facerse referencia expresa:

a) Ao seu financiamento con cargo ás axudas de apoio á etapa predoutoral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e, de ser o caso, ao seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.

b) Á data de incorporación efectiva do/a contratado/a ao seu posto de traballo.

c) Á retribución bruta anual, lugar de prestación de servizos do/a contratado/a e a duración do contrato.

Ademais dos dereitos de carácter xeral que se sinalan no artigo 5.1º do Real decreto 63/2006, do 27 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto do persoal investigador en formación, os/as solicitantes contratados/as polas universidades mediante as axudas de apoio á etapa predoutoral teñen dereito a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral, así como dos relativos aos da seguridade social, que deriven do contrato que formalicen coa universidade de adscrición.

Artigo 4. Formalización e presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no DOG.

As solicitudes axustaranse ao modelo oficial que se achega no anexo II desta orde, e que está ao dispor dos interesados na internet no enderezo http://www.edu.xunta.es (na epígrafe da Secretaría Xeral de Universidades), e presentaranse no Rexistro Único da Xunta de Galicia ou ben en calquera dos centros previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999 (BOE n.º 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para a presentación de instancias. Se no uso deste dereito, a solicitude é remitida por correo, presentarase en sobre aberto, para que sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de que proceda á súa certificación. A solicitude irá asinada polo/a candidato/a ao contrato predoutoral e levará o visto e prace da autoridade que representa legalmente a universidade en que o/a candidato/a será contratado/a de concederse a axuda.

As solicitudes desta convocatoria poderán presentarse tamén nos rexistros das universidades do Sistema Universitario de Galicia. Estes rexistros deberán remitir as solicitudes á Secretaría Xeral de Universidades no prazo dos tres días seguintes ao da súa recepción, de acordo co establecido na Resolución do 25 de xuño de 2007 (DOG do 3 de xullo), da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se dispón a publicación do convenio de colaboración entre esta consellería e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo en materia de rexistros administrativos.

As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

a) Declaración das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as administracións públicas ou dos seus organismos ou sociedades, consonte o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

b) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención de subvencións recollidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

c) Consentimento expreso á Administración para incluír e facer públicos, nos rexistros regulados no Decreto 132/2006, de 27 de xullo, os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas. A reserva que puidese facer o/a solicitante no sentido de non autorizar a obtención dos datos ou a publicidade dos datos nos rexistros, que en todo caso terá que se expresar, poderá dar lugar á exclusión do proceso de participación para obter a axuda ou á revogación do acto de outorgamento.

d) Certificación académica detallada (orixinal ou fotocopia compulsada) en que conste expresamente:

d1) As cualificacións obtidas, as datas de obtención destas, o número de créditos e o número exacto de convocatorias investidas en cada materia. Naqueles casos en que no correspondente sistema de educación superior non existan convocatorias, deberase acreditar fidedignamente tal extremo.

d2) A media simple, segundo o protocolo de colaboración subscrito entre Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos vixente no momento de publicación desta convocatoria. No caso de titulados por universidades non pertencentes ao SUG, a media simple será determinada polos servizos da Secretaría Xeral de Universidades seguindo o establecido no devandito protocolo de colaboración do SUG.

d3) A data en que finalizaron os estudos e constancia expresa de que as materias relacionadas constitúen o programa completo da titulación correspondente.

Non serán válidas as certificacións extractadas do expediente académico do/a solicitante.

No caso de estudos validados deberá presentarse, así mesmo, certificación académica para os estudos de orixe, nos mesmos termos que os indicados nas alíneas d1), d2) e d3) deste artigo.

Para os efectos de determinar a media do expediente académico, os que acceden ao  2º ciclo dunha titulación superior a través do curso de adaptación correspondente deberán achegar, ademais da certificación correspondente ao curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á titulación de 1º ciclo ou aos estudos de 1º ciclo realizados, nos mesmos termos que os indicados nas alíneas d1), d2) e d3) deste artigo.

Os/as solicitantes que cursasen os seus estudos no estranxeiro e posúan certificación académica expedida en idioma distinto do castelán ou do galego deberanlle xuntar a correspondente tradución oficial. En tales casos, ademais dos detalles xerais indicados nas alíneas d1), d2) e d3) deste artigo, a certificación indicará cales son as cualificacións máxima e mínima dentro do sistema de avaliación correspondente e cal é a cualificación mínima para aprobar.

e) As persoas que se acollan aos supostos previstos no artigo 2.3 deberán acreditalo documentalmente.

f) Proxecto do traballo de investigación que se vai realizar para a obtención do grao de doutor/a, cunha extensión entre 800 e 1500 palabras, e no cal consten especificamente, polo menos, os seguintes aspectos:

– Obxectivos e contidos básicos do traballo.

– Estratexias específicas de análise e indagación que se vai utilizar.

– Sinatura do/a solicitante e visto e prace do/a seu/súa director/a.

– Certificación, expedida pola Comisión Académica de Programas de Doutoramento, en que conste:

g1) A admisión do proxecto de traballo de investigación por parte do consello de departamento e a súa data.

g2) Os datos relativos ao director/a do proxecto de tese e os relativos ao titor/a, no caso de que este non sexa o/a director/a da tese.

h) Certificación académica detallada, orixinal ou fotocopia compulsada, con indicación das cualificacións correspondentes e a súa data de finalización, en que conste, segundo corresponda:

h1) A obtención dun título oficial de máster universitario que permita o acceso ao período de investigación dun programa de doutoramento, segundo o Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro (DOG do 30 de outubro).

h2) A superación do mínimo de 60 créditos por actividades formativas non incluídas nun máster universitario, nos termos establecidos no artigo 19.2.a) do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro (DOG do 30 de outubro).

h3) A superación do mínimo de 60 créditos dun programa oficial de posgrao necesario para a admisión no doutoramento, segundo o Real decreto 56/2005, do 21 de xaneiro (BOE do 21 de xaneiro).

h4) A superación dos cursos académicos correspondentes ao programa de doutoramento a que estea adscrito o/a solicitante, no caso das ensinanzas reguladas polo Real decreto 778/1998, do 30 de abril (DOG do 1 de maio).

i) Unha declaración en que conste que non foi contratado/a con cargo ás axudas do Programa María Barbeito do Incite ou outras homologadas por un período igual ou superior a 9 meses.

j) Declaración opcional do/a interesado/a do compromiso de utilizar a lingua galega en todas as relacións que, como consecuencia deste procedemento, manteña coa Administración autonómica, de acordo co establecido no artigo 6.3º da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.

De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos/as solicitantes seleccionados/as e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

De conformidade co artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presentación das solicitudes comportará a autorización da universidade ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de economía e facenda da Xunta de Galicia, polo que queda liberado o beneficiario de achegar a correspondente certificación.

Artigo 5. Tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Secretaría Xeral de Universidades.

Os servizos da Secretaría Xeral de Universidades comprobarán que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde e exporán a lista de solicitudes admitidas e excluídas sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, na internet no enderezo http://www.edu.xunta.es/

Esta lista estará exposta do 30 de agosto ao 8 de setembro de 2011, e os/as interesados/as poderán, durante ese mesmo prazo, formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos ante a Secretaría Xeral de Universidades, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, considerarase que o/a interesado/a desiste da súa petición nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Non axustarse aos termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poidan acordarse outro tipo de actuacións.

Artigo 6. Avaliación e selección.

A selección dos solicitantes realizarase a partir das puntuacións obtidas pola aplicación dos baremos que se especifican neste artigo. A valoración farase chegar á comisión de selección, que elaborará a proposta de resolución de acordo coas bases da convocatoria e a dispoñibilidade de recursos.

A comisión de selección estará constituída por sete membros:

– O/a titular da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou persoa en que delegue, que actuará como presidente/a da comisión.

– Serán vogais da comisión:

  • Un/unha subdirector/a xeral da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria.
  • O/a subdirector/a xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria da Secretaría Xeral de Universidades.
  • Tres persoas de recoñecido prestixio nas principais áreas de coñecemento das solicitudes presentadas a esta convocatoria, nomeadas polo presidente/a da comisión de selección.
  • Un/unha xefe/a de Servizo da Secretaría Xeral de Universidades, que actuará como secretario/a da comisión.

A selección farase en función dos méritos acreditados nas letras d) e h) do artigo 4 desta orde, empregando o baremo establecido neste artigo. As solicitudes recibidas agruparanse no correspondente ámbito de coñecemento dos cinco recollidos no Real decreto 1393/2007, isto é, artes e humanidades; ciencias; ciencias socias e xurídicas; enxeñería e arquitectura; e ciencias da saúde. A adscrición dos diferentes títulos universitarios oficiais do SUG a estes ámbitos de coñecemento aparece recollida no anexo I desta orde. En caso doutras titulacións, o solicitante indicará a que ámbito corresponden.

O baremo aplicable será o seguinte:

a) Expediente académico da licenciatura, grao ou equivalente: media simple da titulación segundo o protocolo de colaboración subscrito entre Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos vixente no momento de publicación desta convocatoria. Esta nota media do expediente académico, aproximada a catro decimais, será ponderada pola media da titulación dos cursos 2007/08, 2008/09 e 2009/10, remitida polas universidades. A nota máxima será de 10 puntos.

b) Estudos de terceiro ciclo, programa oficial de posgrao ou de máster: media, segundo o caso, dos créditos correspondentes ao programa de doutoramento, ou media do mínimo de 60 créditos do programa oficial de posgrao que dea acceso ao doutoramento, ou das materias do título oficial de máster universitario que dea acceso ao período de investigación do doutoramento, segundo o baremo recollido no Protocolo de colaboración subscrito entre Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos vixente no momento de publicación desta convocatoria. A nota máxima será de 10 puntos.

c) Polo compromiso do/a interesado/a de emprego do galego na realización das actividades para as que se solicita a axuda, recibirá un punto.

d) A puntuación total de cada solicitante obterase a partir da suma das dúas puntuacións anteriores.

Os/as solicitantes de axudas de apoio á etapa predoutoral ordenaranse por orde decrecente de media final e as axudas adxudicaranse comezando polo/a solicitante de maior puntuación, respectando a porcentaxe por áreas de coñecemento recollida no artigo 3 desta convocatoria. A comisión de selección, elaborará unha lista de espera por orde decrecente de puntuación, en que figurarán os solicitantes que non alcance a puntuación suficiente para ser adxudicatarios/as de axuda, pero que teñan unha puntuación igual ou superior á mínima establecida pola comisión de selección.

A proposta de concesión formulada pola comisión, así como, de ser o caso, a lista de espera para posibles substitucións, publicarase na internet, na epígrafe de axudas do enderezo http://www.edu.xunta.es. A dita publicación terá só efectos informativos.

Artigo 7. Resolución.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelle ao titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria sen prexuízo da súa posible delegación noutros órganos da consellería. A comisión de selección elevará a proposta de resolución que incluirá, para cada universidade beneficiaria, a relación de solicitantes seleccionados e a lista de agarda ao titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Todas as solicitudes serán resoltas no prazo máximo de 6 meses, contados desde a publicación desta orde. A non resolución en prazo faculta os/as interesados/as para entender desestimadas as súas solicitudes, de conformidade co previsto no artigo 2 da Lei  6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia, á Lei  4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución expresa ou presunta que poña fin á vía administrativa poderá ser impugnada polos/as interesados/as mediante recurso potestativo de reposición ante o titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Os/as asinantes das solicitudes denegadas ou desestimadas poderán recuperar a documentación presentada, no prazo dun ano a partir da publicación da concesión das axudas no Diario Oficial de Galicia. Pasado ese prazo, aquela documentación que non fose recollida será destruída, agás a que fose obxecto de recurso.

A aceptación da axuda supón a publicación na lista de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2 d) do Regulamento (CE) n.º 1828/2006 da Comisión Europea.

Artigo 8. Libramento da subvención.

Unha vez asinada a resolución, as universidades beneficiarias procederán á contratación dos/as solicitantes seleccionados/as para os seus organismos mediante a formalización de contratos de traballo en prácticas ou, na súa falta, de contratos laborais de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

As universidades serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos, así como da presentación da xustificación ante a Secretaría Xeral de Universidades para proceder ao libramento das axudas.

Para poder proceder ao libramento dos fondos será preciso que a universidade correspondente remita, na data límite do 30 de novembro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, a xustificación da axuda. O cofinanciamento co Fondo Social Europeo (FSE) implica que os/as beneficiarios das axudas deberán cumprir as seguintes obrigas:

a) Para o primeiro pagamento, achegar certificación do gasto e pagamentos realizados, acompañada de copia do contrato de traballo, das nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social dos contratados/as.

b) Para os seguintes pagamentos, certificación dos gastos e pagamentos realizados, acompañada das nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social dos contratados/as. Para estes pagamentos, a universidade poderá presentar a xustificación con periodicidade semestral, antes do 31 de maio para o primeiro semestre e antes no 30 de novembro para o segundo.

c) Para o último pagamento, do período 2014, ademais do indicado na letra b) deberá achegar a declaración complementaria doutras axudas recibidas polo/a mesmo/a solicitante contratado/a, indicada na letra a) do artigo 4.

d) Manter unha separación contable adecuada dos gastos da subvención que facilite a pista de auditoría, así como conservar a documentación por un período de tres anos a partir do peche do Programa operativo 2007-2013, tal como se define no artigo 89.3 do Regulamento 1083/2006 do Consello.

e) Cumprir as obrigas de información e publicidade establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) n.º 1828/2006 e comunicar aos contratados/as o cofinanciamento polo FSE do custo subvencionado do contrato.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen a ter presentado perante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Xunto coa última xustificación, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.

Nos proxectos plurianuais enténdese que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade corrente ata final de ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderán presentarse como xustificante para o cobramento desta anualidade.

Artigo 9. Réxime de compatibilidade.

As axudas concedidas serán incompatibles con outras axudas ou subvencións que teñan a mesma finalidade e coa realización doutro traballo remunerado.

Non obstante, o solicitante contratado poderá recibir bolsas que se convoquen para cubrir algunha das accións formativas que vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación).

O/a solicitante contratado/a con cargo a estas axudas poderá, por petición propia, dedicar ata un máximo de 60 horas por curso académico á colaboración en actividades docentes con fins formativos, limitadas a ensinanzas prácticas ou suplencias, logo de conformidade entre o director do traballo de investigación e o departamento implicado. Esta colaboración non suporá, en ningún caso, a asunción polo/a contratado/a das responsabilidades que corresponden ao profesorado.

No momento en que algún dos/as contratados/as realice a lectura da súa tese de doutoramento, deberá comunicarllo á Secretaría Xeral de Universidades; se o escrito vén acompañado dun informe do director/a da tese, dando conta de que o/a doutorando/a participa noutras tarefas de investigación do grupo, poderase autorizar, por parte da Secretaría Xeral de Universidades, a continuación do aproveitamento da axuda ata o remate do período para o que se lle concedeu, sempre que as disposicións legais e as dispoñibilidades orzamentarias así o permitan.

Artigo 10. Modificación da resolución de concesión de axudas.

Poderase modificar a resolución de concesión da axuda, tal como se especifica no artigo 17 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando se alteren as condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, pola obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais. Por iso, cando o/a solicitante/a reciba outros fondos cos mesmos obxectivos que os establecidos nesta convocatoria, deberao poñer en coñecemento da Secretaría Xeral de Universidades.

Artigo 11. Incumprimento, reintegros e sancións.

O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución da concesión, dará lugar á obriga da universidade beneficiaria de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 12. Renuncia das axudas e interrupcións.

No caso de que o/a solicitante seleccionado/a perdese a condición de contratado unha vez percibidas as axudas pola súa universidade, procederase consonte o establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, a universidade beneficiaria deberá comunicar a renuncia, mediante escrito motivado do solicitante seleccionado, dirixido ao secretario xeral de Universidades, nun prazo mínimo de 15 días naturais, antes de que se produza.

En canto ás substitucións, no caso de que se produza algunha renuncia, o órgano de resolución da convocatoria poderá adxudicar a axuda aos solicitantes da lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo dos tres meses a partir da data de resolución. O/a substituto/a quedará suxeito/a ás mesmas condicións e polo tempo restante do aproveitamento da axuda. En ningún caso o período correspondente á substitución poderá rematar máis alá da data xeral de finalización indicada para os contratos na correspondente resolución.

Durante a vixencia do contrato, a súa suspensión en virtude das causas previstas nos artigo 45 e 46 do Estatuto dos traballadores non comportará a ampliación da duración da axuda, salvo as situacións de incapacidade temporal, maternidade e adopción ou acollemento durante o período de duración do contrato que interromperán o seu cómputo, de conformidade co establecido na disposición derradeira terceira da Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades. Neste caso, o tempo interrompido poderá recuperarse sempre que este sexa por períodos de, polo menos, 30 días e que as dispoñibilidades orzamentarias o permitan.

Artigo 13. Control.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións. Poderá solicitar un informe ás universidades beneficiarias sobre a execución das axudas e, en particular, sobre os/as solicitantes contratados/as, a lectura da súa tese de doutoramento ou a explicación do motivo de non tela lido, e a situación actual do contratado/a. Este informe poderá ser solicitado no prazo de seis meses contados desde a data límite de xustificación da última anualidade, coa finalidade de comprobar o impacto das axudas concedidas.

Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas, do Consello de Contas e doutros organismos autonómicos, estatais e europeos con funcións de control sobre os fondos de cohesión e, en particular, do Feder.

Artigo 14. Dotación orzamentaria.

As axudas imputaranse á aplicación orzamentaria 09.02.422C.444.4 correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011, na que existe crédito adecuado e suficiente, coa seguinte distribución por anos:

Programa

Crédito (en euros)

2011

2012

2013

2014

Contratos predoutorais

350.000

2.100.000

2.100.000

1.750.000

As axudas concedidas serán financiables polo FSE, no eixo 3, tema prioritario 74, no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013, nunha porcentaxe máxima do 80%. Por iso, as universidades beneficiarias das axudas e os/as solicitantes contratados/as deberán cumprir as normas recollidas no Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión; no Regulamento (CE) n.º 1081/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao FSE e polo o que se derroga o Regulamento (CE) n.º 1748/1999; as normas de información e publicidade dos fondos contidos no Regulamento 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro (L 371/1, DOUE do 27 de decembro de 2006), e no resto de normativa que resulte de aplicación.

Disposición derradeira primeira. Esta orde sométese ao réxime de axudas públicas establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve.

Disposición derradeira segunda. Esta orde poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición perante o titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira terceira. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO
Ámbitos de coñecemento e titulacións

Artes e humanidades

LRU

Grao

Licenciatura en historia

Historia

Xeografía e historia

Licenciatura en historia da arte

Historia da arte

Licenciatura en filosofía

Filosofía

Licenciatura en humanidades

Ciencias da cultura e difusión cultural

Humanidades

Licenciatura en filoloxía alemá

Lingua e literatura modernas

Licenciatura en filoloxía francesa

Licenciatura en filoloxía italiana

Licenciatura en filoloxía portuguesa

Licenciatura en filoloxía románica

Licenciatura en filoloxía clásica

Filoloxía clásica

Licenciatura en filoloxía galega

Lingua e literatura galegas

Estudos de galego e español

Galego e portugués: estudos lingüísticos e literarios

Licenciatura en filoloxía hispánica

Lingua e literatura españolas

Estudos de galego e español

Español:estudos lingüísticos e literarios

Licenciatura en filoloxía inglesa

Lingua e literatura inglesas

Linguas estranxeiras

Inglés: estudos lingüísticos e literarios

Licenciatura en belas artes

Belas artes

Licenciatura en tradución e interpretación

Tradución e interpretación

Licenciatura en documentación

Información e documentación

Diplomatura en biblioteconomía e documentación

Ciencias

LRU

Grao

Licenciatura en matemáticas

Matemáticas

Licenciatura en bioloxía

Bioloxía

Licenciatura en química

Química

Licenciatura en física

Física

Ciencias ambientais

Licenciatura en ciencia e tecnoloxía dos alimentos

Nutrición e dietética humana

Ciencia e tecnoloxía dos alimentos

Licenciatura en ciencias do mar

Ciencias do mar

Ciencias da saúde

LRU

Grao

Diplomatura en enfermaría

Enfermaría

Diplomatura en óptica e optometría

Óptica e optometría

Licenciatura en farmacia

Farmacia

Licenciatura en medicina

Medicina

Licenciatura en odontoloxía

Odontoloxía

Licenciatura en psicoloxía

Psicoloxía

Licenciatura en veterinaria

Veterinaria

Diplomatura en fisioterapia

Fisioterapia

Diplomatura en logopedia

Logopedia

Diplomatura en podoloxía

Podoloxía

Diplomatura en terapia ocupacional

Terapia ocupacional

Enxeñería e arquitectura

LRU

Grao

Enxeñaría técnica en topografía

Enxeñaría xeomática e topografía

Enxeñeiro agrónomo

Enxeñaría das industrias agroalimentarias

Enxeñaría agraria

Enxeñaría técnica agrícola, esp. en industrias agrarias e alimentarias

Enxeñaría técnica agrícola, esp. en mecanización e construcións rurais

Enxeñaría agrícola

Enxeñaría técnica agrícola, esp. explotacións agropecuarias

Enxeñaría técnica agrícola, esp. hortofruticultura e xardinaría

Enxeñeiro de montes

Enxeñaría forestal e do medio natural

Enxeñaría técnica forestal, esp. en explotacións forestais

Enxeñaría química

Enxeñaría química

Enxeñaría técnica industrial, esp. en química industrial

Enxeñaría industrial de procesos

Licenciatura en química (ciencias)

Enxeñaría técnica de obras públicas, esp. en transportes e servizos urbanos

Enxeñaría civil

Enxeñeiro en automática e electrónica industrial

Enxeñaría de enerxía

Enxeñeiro técnico de telecomunicación, esp. en sistemas de telecomunicación

Enxeñaría de tecnoloxías de telecomunicación

Enxeñeiro técnico de telecomunicación, esp. en son e imaxe

Enxeñeiro de telecomunicación

Enxeñeiro de minas

Enxeñaría dos recursos mineiros e obras subterráneas

Enxeñeiro de organización industrial

Enxeñaría en organización industrial

Enxeñeiro técnico industrial, esp. en química industrial

Enxeñaría en química industrial

Enxeñeiro industrial

Enxeñaría en tecnoloxías industriais

Enxeñeiro técnico forestal, esp. en industrias forestais

Enxeñaría forestal

Enxeñeiro técnico industrial, esp. en mecánica

Enxeñaría mecánica

Arquitecto

Arquitectura

Arquitecto técnico en execución de obras

Enxeñaría de edificación

Enxeñaría técnica de obras públicas, esp. en construcións civís

Enxeñaría de obras públicas

Enxeñaría técnica industrial, esp. en electricidade

Enxeñaría eléctrica

Enxeñaría técnica industrial, esp. en electrónica industrial

Enxeñaría electrónica industrial e automática

Enxeñeiro técnico en deseño industrial

Enxeñaría en deseño industrial e desenvolvemento do produto

Enxeñaría técnica naval, esp. en propulsión e servizos do buque

Enxeñaría en propulsión e servizos do buque

Enxeñeiro en informática

Enxeñaría informática

Enxeñeiro técnico en informática de xestión

Enxeñeiro técnico en informática de sistemas

Licenciatura en máquinas navais

Enxeñaría mariña

Diplomatura en máquinas navais

Licenciatura en náutica e transporte marítimo

Enxeñaría náutica e de transporte marítimo

Diplomatura en navegación marítima

Enxeñaría naval e oceánica

Arquitectura naval

Enxeñaría técnica naval, esp. en estruturas mariñas

Enxeñaría de camiños, canais e portos

Tecnoloxía de enxeñaría civil

Ciencias sociais e xurídicas

LRU

Grao

Diplomatura en relacións laborais

Relacións laborais e recursos humanos

Licenciatura en administración e dirección de empresas

Administración e dirección de empresas

Diplomatura en ciencias empresariais

Consultoría e xestión da información

Ciencias empresariais

Comercio

Licenciatura en ciencias políticas

Ciencia política e da administración

Licenciatura en comunicación audiovisual

Comunicación audiovisual

Licenciatura en dereito

Dereito

Licenciatura en economía

Economía

Licenciatura en pedagoxía

Pedagoxía

Licenciatura en xeografía

Xeografía e ordenación do territorio

Licenciatura en xornalismo

Xornalismo

Mestre, especialidade en educación musical

Educación primaria

Mestre, especialidade en educación primaria

Mestre de educación primaria

Mestre de educación física

Mestre de audición e linguaxe

Mestre, especialidade en educación especial

Mestre, especialidade en lingua estranxeira

Mestre, especialidade en educación física

Mestre, especialidade en educación infantil

Educación infantil

Diplomatura en educación social

Educación social

Diplomatura en traballo social

Traballo social

Licenciatura en ciencias da actividade física e do deporte

Ciencias da actividade física e do deporte

Licenciatura en publicidade e relacións públicas

Publicidade e relacións públicas

Diplomatura en turismo

Turismo

Diplomatura en xestión e administración pública

Xestión pública

Licenciatura en socioloxía

Socioloxía

missing image file
missing image file