Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 15 de xullo de 2011 Páx. 20023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2011, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo loxístico integral do Servizo Galego de Saúde AB-SER1-11-030.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n, 2.ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 17 de agosto de 2011.

d) Número de expediente: AB-SER1-11-030.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo loxístico integral do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo de execución será de dez anos.

e) CPV(referencia de nomenclatura): 63100000-0 e 60100000-9.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntos

– Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

1. Prezo liña

0-40

2. Prezo liña adicional

0-5

3. Melloras

0-3

4. Estrutura de custos

0-2

– Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-50

1. Proxecto de xestión do servizo

0-15

2. Características construtivas e dotación do almacén da plataforma loxística

0-10

3. Medios humanos

0-5

4. Dotación dos almacéns das unidades de consumo e dos medios de transporte

0-10

5. Plataforma tecnolóxica. SGA

0-5

6. Melloras

0-5

4. Valor estimado del contrato: 116.465.619,48 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 83.161.611,40 euros. Importe total: 98.130.701,42 euros.

Este importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 (%) do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): si.

– Grupo U, subgrupo 3, categoría D.

– Grupo R, subgrupo 1, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver cláusula 5.3.1.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 17 de agosto de 2011.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidira en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións, para a adxudicación provisional.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro, as 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial das Comunidades Europeas: 23 de xuño de 2011.

12. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2011.

P.D. (Decreto 311/2009, Orde 15.6.2009)
Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos