Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 21 de xullo de 2011 Páx. 20579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2011, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Samertolomeu, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do rexistro de cooperativas, faise público que a Xefatura Territorial de Vigo resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Samertolomeu, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral que tivo lugar o 11 de xuño de 2010, neste rexistro provincial de cooperativas. Consta como novo domicilio social a rúa Antiga Lonxa de Baixura, almacén n.º 5, porto pesqueiro do concello de Vigo.

Vigo, 22 de xuño de 2011.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo