Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 22 de xullo de 2011 Páx. 20725

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 11 de abril de 2011 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 10 de marzo de 2011, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Advertidos erros na Resolución do 11 de abril de 2011, publicada no DOG n.º 78, do mércores 20 de abril de 2011, é necesario facer as oportunas correccións:

Na páxina 7.039:

– No centro de destino «Dirección Xeral de Sostibilidade», o posto «MA.C08.00.001.15770.012.-Arquitecto/a-enxeñeiro/a de funcións facultativas», na súa columna titulación académica, onde di: «2001», debe dicir: «2001-2004».

– No centro de destino «Xurado de Expropiación de Galicia», o posto «MA.C09.00.000.15770.070.-Vogal permanente Xurado de Expropiación de Galicia», na súa columna forma de provisión, onde di: «C», debe dicir: «LD».

Na páxina 7.043:

– No centro de destino «Xefatura Territorial de Pontevedra», no posto «MA.C99.10.000.36001.030.-Posto base subgrupo A1», na súa columna corpo/escala, onde di: «Xeral», debe dicir: «Especial».