Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 26 de xullo de 2011 Páx. 21085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de xuño de 2011, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a decisión de non someter ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Santiago de Compostela.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a Decisión do 24 de xuño de 2011 de non someter a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) na rúa da Estrada, esquina coa travesía da Estrada, concello de Santiago de Compostela, ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://aae.medioambiente.xunta.es/

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2011.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental