Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 26 de xullo de 2011 Páx. 21117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

ANUNCIO do 5 de xullo de 2011, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador S-C-22.10, en materia de protección do patrimonio cultural.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución do expediente sancionador S-C-22.10 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura e Turismo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados poderán examinar o expediente no Servizo de Patrimonio Cultural, do Departamento Territorial da Consellería de Cultura e Turismo na Coruña.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2011.

Roberto Pena Puentes
Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

N.º de expediente: S-C-22.10.

Interesada: Carmen María Barazal Salgado.

Último enderezo coñecido: r/ Campo de Santo Antonio, 21, Santiago de Compostela.

Feitos imputados: obras de remoción de terra na rúa Campo de Santo Antonio n.º 21 baixo da cidade histórica de Santiago de Compostela, sen control arqueolóxico e sen autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Tipificación: artigo 91.h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.