Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 26 de xullo de 2011 Páx. 21118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai publica a formalización de varios contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos:

1. Contratación administrativa da xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas en centros de día para persoas con discapacidade intelectual, gravemente afectadas, coa entidade Asociación de persoas con discapacidade e apoio á integración das comarcas de Arzúa e Terra de Melide (Amarai), na área rural 7.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal.

c) Número de expediente: P.N.1/2011.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: reserva e ocupación de prazas en centro de día para persoas con discapacidade intelectual, gravemente afectadas, na área rural 7.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: negociado sen publicidade (exclusividade).

1.4. Orzamento base de licitación. Importe total: 526.188,96 € (IVE exento).

1.5. Formalización:

a) Data: 1.5.2011.

b) Contratista: Asociación de persoas con discapacidade e apoio á integración das comarcas de Arzúa e Terra de Melide.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 432.960 € (IVE exento).

2. Contratación administrativa da xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas en centro ocupacional para persoas con discapacidade física, gravemente afectadas, coa entidade Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) na área urbana 10.

2.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal.

c) Número de expediente: P.N.2/2011.

2.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: reserva e ocupación de prazas en centros de día para persoas con discapacidade física, gravemente afectadas, na área rural 10.

2.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: negociado sen publicidade (exclusividade).

2.4. Orzamento base de licitación. Importe total: 369.000 € (IVE exento).

2.5. Formalización:

a) Data: 20.4.2011.

b) Contratista: Confederación Galega de Persoas con Discapacidade.

c) Nacionalidade: española.

c) Importe de adxudicación: 364.900 € (IVE exento).

3. Contratación administrativa da xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas en centros de día para persoas con discapacidade intelectual, gravemente afectadas, coa entidade Asociación Íntegro para a diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra (Íntegro), na área rural 9.

3.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal.

c) Número de expediente: P.N.3/2011.

3.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: reserva e ocupación de prazas en centros de día para persoas con discapacidade intelectual, gravemente afectadas, na área rural 9.

3.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: negociado sen publicidade (exclusividade).

3.4. Orzamento base de licitación. Importe total: 144.320 € (IVE exento).

3.5. Formalización:

a) Data: 1.5.2011.

b) Contratista: Asociación Íntegro para a diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 144.320 € (IVE exento).

4. Contratación administrativa da xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas en centro ocupacional para persoas con discapacidade intelectual, gravemente afectadas, coa entidade Asociación Íntegro para a diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra (Íntegro) na área rural 9.

4.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal.

c) Número de expediente: P.N.4/2011.

4.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: reserva e ocupación de prazas en centro ocupacional para persoas con discapacidade intelectual, gravemente afectadas, na área rural 9.

4.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: negociado sen publicidade (exclusividade).

4.4. Orzamento base de licitación. Importe total: 76.912 € (IVE exento).

4.5. Formalización:

a) Data: 1.5.2011.

b) Contratista: Asociación Íntegro para a diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 76.912 € (IVE exento).

5. Contratación administrativa da xestión dun servizo público de teleasistencia e sistema de xeolocalización, mediante concerto.

5.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal.

c) Número de expediente: P.A.5/2011.

5.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público de teleasistencia e sistema de xeolocalización.

5.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

5.4. Orzamento base de licitación. Importe total: 3.112.012,80 €, IVE incluído (119.692,80 €).

5.5. Formalización:

a) Data: 7.6.2011.

b) Contratista: Cruz Roja Española.

c) Nacionalidade: española.

c) Importe de adxudicación: 2.572.800 € (IVE exento).

6. Contratación administrativa de servizos consistentes na execución do Programa lecer e benestar nas modalidades Da Auga ao Benestar e Coñece o Balneario.

6.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal.

c) Número de expediente: P.N.6/2011.

6.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos consistentes na execución do Programa lecer e benestar nas modalidades Da Auga ao Benestar e Coñece o Balneario.

6.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: negociado sen publicidade (exclusividade).

6.4. Orzamento base de licitación. Importe total: 436.960,08 € (IVE incluído).

6.5. Formalización:

Lotes

Data formalización

Contratista

Nacionalidade

Importe total (IVA incluído)

Lote 1

1.5.2011

Balneario de Baños de Molgas

Española

109.370,80 €

Lote 2

20.5.2011

Baños Vellos de Carballo, S.A.

Española

99.449,20 €

Lote 3

20.5.2011

Termas de Cuntis, S.L.

Española

108.257,80 €

Lote 4

20.5.2011

Balneario y Termas de Lugo, S.L.

Española

119.882,28 €

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2011.

P.D. (Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar