No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso número 242/2011 promovido por Lois Oreiro Seara contra a valoración de servizos prestados que se realiza nas bases da convocatoria de concurso-oposición do proceso extraordinario de consolidación de emprego para a provisión de vacantes do 25.1.2011 na Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2011.
Carlos Paz Miño
Director da División de Recursos Humanos da Compañía
de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades