Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 26 de xullo de 2011 Páx. 21164

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2011 pola que se emprazan as partes no recurso contencioso-administrativo número 251/2011, promovido por Ana M.ª Carragal García contra a Resolución do 25 de xaneiro de 2011.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso número 251/2011 promovido por Ana M.ª Carragal García contra a convocatoria de concurso-oposición do proceso extraordinario de consolidación de emprego para a provisión de vacantes do 25.1.2011 na Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades, que solicita a súa anulación por ser contraria ao dereito ou que sexa anulada en virtude do exposto na demanda.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2011.

Carlos Paz Miño
Director da División de Recursos Humanos da Compañía
de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades